Pescada: Especie de peixe de alto interese comercial

Pescada ou pixota son dous dos nomes comúns que recibe máis frecuentemente a especie Merluccius merluccius, peixe da familia dos merlúcidos, da orde dos gadiformes.

    "Carioca" remite directamente a este artigo. Para o seu uso como xentilicio, véxase Río de Xaneiro.

Presenta un corpo fusiforme, moi alongado e comprimido lateralmente, de 40 a 70 cm de lonxitude, podendo chegar até os 120. Posúe dúas aletas dorsais, a primeira moito máis curta cá segunda. De cor cinsenta no lombo, clareando nos costados e máis prateada pola zona do ventre. Posúe uns ollos de gran tamaño así como unha boca grande, con dentes afiados.

Cando é aínda de pequeno tamaño denomínase carioca, estando prohibida a súa captura e comercialización se non alcanza os 27 cm.

Ecoloxía

Reprodúcense na primavera, cando alcanzan os 40 cm de lonxitude (momento no que chegan á madurez sexual). Vive nas proximidades dos fondos mariños, entre os 30 e 500 metros de profundidade.

Aproveitamento pesqueiro

Pescada: Ecoloxía, Aproveitamento pesqueiro, Festas gastronómicas 
Pescadas á venda nun mercado.

Péscase con artes de arrastre, sendo preferida a capturada no palangre con anzol (pescada do pincho). O principal caladoiro para a súa pesca é o Gran Sol.

Festas gastronómicas

Pescada: Ecoloxía, Aproveitamento pesqueiro, Festas gastronómicas 
Pescada á galega.
  • Festa da Pescada, en Cedeira (Ortegal), en xuño.
  • Festa da Pescada, en Celeiro (Viveiro), en xullo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Pescada EcoloxíaPescada Aproveitamento pesqueiroPescada Festas gastronómicasPescada NotasPescada Véxase taménPescadaGadiforme

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Accidente de ChernóbilSindicatoOs demostrativos galegosFauna de GaliciaDe factoNacho CastañoUnión EuropeaWehrmachtRuxe RuxeEscáncerLalínReal Club Celta de VigoO incerto señor Don HamletRexional ExprésAlcaldes da CoruñaBetanzosCadea de bloquesPilar de LaraMaría LadoLista de palabras galegas de orixe celtaAdolfo SuárezMatias VarelaRochi NóvoaJude BellinghamBloque Nacionalista GalegoO comparativo galegoDeportivo da CoruñaGrândola, Vila MorenaO Pedrouzo, Arca, O PinoRianxoBreogánRSSCianuro de hidróxenoLista de episodios de Shin ChanSegunda República EspañolaHans ZimmerManuel Vázquez OuteiriñoOza Juvenil Sociedad DeportivaCemiterio de BoisacaMáis alá!Ramón María del Valle-InclánIsabel ZendalVilalbaSéculos EscurosXosé Luís BernalDiego Rivas RegoAlberto CarpoMela CasalFernando Álvarez LamelasPilar AbellaSarcómeroMetro-Goldwyn-MayerSistema solarTorre de HérculesAgustín Fernández PazLista das aves de GaliciaAdolf HitlerRafael NadalSantiago de CompostelaAntónio de Oliveira SalazarFiat luxVacalouraAdwareEscherichia coliFelip PedrellManuel AntonioZakat al-FitrJohn LennonXogo da chaveMarie CurieGerardo Pardo de VeraMiguel de CervantesOrbital atómico🡆 More