Gran Sol: Caladoiro no Atlántico norte

O Gran Sol (escrito ás veces como Grand Sol ou Gran Sole) é un caladoiro situado no Atlántico norte, entre os paralelos 48º e 60º, ao oeste das illas Británicas.

Destaca pola súa riqueza pesqueira sendo as principais especies obxectivo das frotas comunitarias: pescada, rapante, peixe sapo, bacallau, foguerio, bacalada, solla de altura, linguado... A frota galega, por limitación e cotas, céntrase na pescada (destacando os portos de Celeiro, Burela e A Coruña), o rapante (Vigo), o peixe sapo e o lagostino (este último na Coruña, principalmente). Tamén se collen naquelas augas outras capturas en menor volume coma: polbo, raia, pota, solla, xurelo, xarda, maruca, abadexo, escacho, ollomol, lura ou lirio.

Este caladoiro destaca tamén pola ferocidade dos seus temporais.

Desde antigo o caladoiro do Gran Sol foi explotado polos pescadores españois (especialmente os galegos) e portugueses, que navegan desde a costa cantábrica e atlántica para faenaren nas súas augas.

O nome de Gran Sol provén do francés Grande Sole ("gran linguado"). Non se debe confundir co Box irlandés (Irish Box, en inglés), caladoiro este que está fóra do Gran Sol e que designa unha zona de pesca reservada acoutada entre paralelos e meridianos (box) ao redor da illa de Irlanda.

Convencionalmente os británicos diferencian o Gran Sol grande (Great Sole Bank) e o Gran Sol pequeno(Little Sole Bank). Estas zonas defínense para fins de protección da pesca, estando limitadas pola costa ou as liñas de latitude e lonxitude seguintes:

Gran Sol: Caladoiro no Atlántico norte
Zona do Gran Sole segundo a consideran a efectos pesqueiros os armadores galegos. Exluiríanse as 12 millas de mar territorial e, normalmente, as augas do Cantábrico (Caladoiro Nacional).
  • Gran Sol pequeno (ICES Statistical Division VIIh)
    • 48°N 5°W
    • 49°30'N 5°W
    • 49°30'N 7°W
    • 50°N 7°W
    • 50°N 9°W
    • 48°N 9°W
    • 48°N 5°W
  • Gran Sol grande (ICES Statistical Division VIIj)
    • 48°N 9°W
    • 9°W ao sur da costa de Irlanda
    • 52°30'N ao oeste da costa de Irlanda
    • 52°30'N 12°W
    • 48°N 12°W
    • 48°N 9°W

No entanto, a pesar do convencionalismo británico, entre os mariñeiros e armadores galegos o termo Gran Sol é único e refírese as augas do Atlántico Oriental entre os paralelos 48º e 60º, o que se corresponde coas zonas ICES números VI, VII e VIII, excluíndose as zonas próximas a costa e incluíndo moitas das áreas vetadas para a frota do país.

Notas

Tags:

AtlánticoIllas BritánicasParalelo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

SoutomaiorArabia SauditaEl Progreso (xornal)ZMaría ReimóndezCopa da CostaMelónJosé Manuel Rodríguez PuenteHarry BelafonteÁreas lingüísticas do galegoReino de GaliciaBetanzosCasa de AndradeProduto interior brutoLeirón rabudoViveiroBuxoPegaAlfonso MolinaFernando AlonsoPepa a LobaAzoresTamara AndrésXosé Manuel PiñeiroIslamAníbal MalvarBracara AugustaLondresMaría Victoria de la Fuente AlonsoPSantuario de Nosa Señora da PenedaAvefríaPartido Comunista dos Traballadores de EspañaHidrografía de GaliciaQuenllaOs mortos van á présaTribadismoÁlex FidalgoOhioO incerto señor Don HamletManuel Curros EnríquezIlves NaisetLobiosManuel DopazoSolace (filme de 2015)2Indalecio Tizón Reboreda28Provincia de OurenseXabier GonzálezLuísa MerelasVManuel CorzoAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoMatrimonio entre persoas do mesmo sexoDos arquivos do trasno64Francisco Arriví LópezPrefectura de ShizuokaSexo oralProvincia da CoruñaXinzo de LimiaTorrent, ValenciaEvencio FerreroPepo SuevosLimoFonteita, O CorgoTuiZoe SaldanaMonte Porreiro, Mourente, PontevedraManuel Taboada VigoEspazo Común19Queen e SlimCafés CandelasCira, Silleda🡆 More