Pdf: Formato de ficheiro aberto para a presentación de documentos

PDF (Portable Document Format, Formato de Documento Portábel) é un formato de ficheiro aberto creado por Adobe para crear documentos impresos como se se tratase dunha imaxe electrónica que o usuario pode observala no PC, imprimila etc empregando un programa lector apropiado.

O fundamental deste formato é que o aspecto dos documentos é independente do dispositivo electrónico no que se visualice. O lector máis coñecido é o Adobe Reader. Emprégase cando se quere conservar un documento cunha aparencia determinada e non se pretende que se vaia editar.

Pdf: Formato de ficheiro aberto para a presentación de documentos
Icona PDF

Cada ficheiro PDF inclúe unha descrición completa dun documento en 2D (e, co novo Acrobat 3D, tamén documentos 3D, que inclúe o texto, fontes, imaxes e gráficos vectoriais en 2D que compoñen o documento.

Este formato creouse en 1993. Porén, a aceptación non foi inmediata, xa que a única aplicación informática que os podía crear, Adobe Acrobat, era cara e as primeiras versións non podían empregar ligazóns externas, o que reducía a súa utilidade na web. Existían tamén outros formatos, como PostScript, tamén da Adobe. Esta comezou a distribuír gratuitamente o lector Acrobat Reader (actualmente Adobe Reader) e continuou a apoiar este formato ata que se converteu no standard de facto dos documentos preparados para imprimir.

Tecnoloxía

Adobe conserva moitas patentes relacionadas co PDF, pero permite o seu uso sen cargo para a creación de software que siga a súa especificación. Un exemplo notorio é o paquete de ofimática OpenOffice.org.

PDF é fundamentalmente a combinación de tres tecnoloxías:

  • Un subconxunto da linguaxe de programación de páxina PostScript para xerar a disposición dos elementos e os gráficos.
  • Un sistema de inclusión e substitución de tipografías que permite que as tipografías acompañen os documentos.
  • Un sistema de almacenamento estruturado para xuntar estes elementos e calquera contido asociado nun ficheiro único que tamén se pode comprimir.

Existen varios subconxuntos de PDF, algúns dos cales constitúen un standard ISO:

  • PDF/X para a impresión e as artes gráficas (ISO 15930 e ISO TC130)
  • PDF/A para o arquivo de empresas, gobernos, bibliotecas etc. (ISO 19005 e ISO TC171)
  • PDF/E para o intercambio de gráficos de enxeñaría (ISO TC171)
  • PDF/UA para ficheiros PDF accesíbeis universalmente

Tags:

Adobe Inc.PC

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Sistema operativoEsperantoSonDeSeuPedro SánchezLista de nomes masculinos en galegoBaby ReindeerA CoruñaBatalla das Termópilas (-480)Bipartito galegoThomas Alva EdisonJesús Vázquez AlmuíñaVictoria Núñez LópezJosé López CamposAlexandre BóvedaGres, Vila de CrucesAlfonso Basterra CamporroVacaO Pedrouzo, Arca, O PinoDía das Letras GalegasRaquel Castro MartínezAlcaldes da CoruñaGuerra civil españolaXosé Ramón GayosoAlberto Núñez FeijóoLista de paísesLandraReal Club Celta de VigoGoogleO CarballiñoMercedes QueixasSri LankaCarles PuigdemontTransformador Gerardo Pardo de VeraLista de programas de Televisión EspañolaHard GZLeitzaAna Belén FortesGame Boy Advance SPSalvador DalíLongueirón (molusco)Cristiano RonaldoJordi PujolVento feridoPaís VascoClint EastwoodFran AlonsoRacing Club de FerrolÁreas lingüísticas do galegoPosición do misioneiroLingua portuguesaVicente RiscoAltriBob DylanDistritos de PortugalIgantziRocco SiffrediEduardo IndaCastro de Punta do BicoPablo EscobarDepartamento de ApurímacHFesta da Palabra SilenciadaTwitterFerrer BassaDelfínidosPalauFigueresNova YorkEl Pueblo GallegoLuís Pérez Barral🡆 More