Nora Ephron

Nora Ephron, nada en Nova York o 19 de maio de 1941 e finada na mesma cidade o 26 de xuño de 2012, foi unha xornalista, guionista e cineasta estadounidense.

É coñecida polas súas comedias románticas e foi candidata ao Oscar en tres ocasións polos guións orixinais de Silkwood (1983), Cando Harry atopou a Sally (1989) e Algo para recordar (1993). En ocasións escribiu coa súa irmá Delia Ephron. O seu último filme foi Julie & Julia (2009). A súa primeira obra teatral, Imaginary Friends (2002), foi considerada como unha das dez mellores obras da temporada teatral 2002–03 de Nova York. Tamén foi a coautora da produción teatral Love, Loss, and What I Wore. En 2013, Ephron recibiu unha candidatura póstuma aos premios Tony á mellor obra por Lucky Guy.

Infotaula de personaNora Ephron
Nora Ephron
(2010) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de maio de 1941 Editar o valor em Wikidata
Upper West Side, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xuño de 2012 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Leucemia mieloide aguda (pt) Traducir e pneumonía Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaNova York (1962–)
Nova York (1941–)
Beverly Hills Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónWellesley College (pt) Traducir (–1962)
High School de Beverly Hills (pt) Traducir (–1958) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnsaio Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónguionista , escritora , dramaturga , blogueira , escritora de contos , humorista , ensaísta , novelista , produtora , reporteira , directora de cinema , xornalista , realizadora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1973 Editar o valor em Wikidata - 2012 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorNewsweek
Esquire
New York Post (pt) Traducir
New York Magazine (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeNicholas Pileggi (1987–2012)
Carl Bernstein (1976–1980)
Dan Greenburg (1967–1976)
FillosJacob Bernstein (pt) Traducir
 (Nora Ephron) Carl Bernstein (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisHenry Ephron Editar o valor em Wikidata  e Phoebe Ephron Editar o valor em Wikidata
IrmánsDelia Ephron (pt) Traducir, Hallie Ephron (pt) Traducir e Amy Ephron (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Nora Ephron Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0001188 Allocine: 16900 Allmovie: p89040 Nora Ephron IBDB: 101166
Musicbrainz: 678c226c-aaf2-47d0-aae7-5d85bb06bc77 Discogs: 662432 WikiTree: Ephron-1 Find a Grave: 92642430 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Ephron naceu en Nova York, nunha familia xudía. Era a máis vella de catro fillas e creceu en Beverly Hills, California. Os seus pais, Henry e Phoebe (de solteira Wolkind) Ephron, naceran na cosa leste e eran destacados dramaturgos e guionistas. Ephron recibiu o seu nome pola protagonista da obra Casa de bonecas, de Henrik Ibsen. As irmás máis novas de Nora, Delia e Amy, tamén son guionistas. A súa irmá Hallie Ephron é xornalista, crítica literaria e novelista de obras de ficción criminal. Os seus pais basearon a personaxe inxenua da obra logo levada ao cinema Take Her, She's Mine na súa filla Nora, de vinte e dous anos, e nas súas cartas da universidade. Ambos os seus pais caeron no alcoholismo no seus últimos anos. Como estudante de instituto, Nora Ephron soñaba con ira a Nova York e converterse nunha Dorothy Parker, poeta, escritora satírica e crítica. Ephron citou o seu profesor de xornalismo do instituto, Charles Simms, como o inspirador na procura dunha carreira no xornalismo. Ephron graduouse do Beverly Hills High School en 1958, e do Wellesley College de Wellesley, Massachusetts, en 1962 cun grao en ciencias políticas.

She casou tres veces. O seu primeiro matrimonio, co escritor Dan Greenburg, acabou en divorcio despois de nove anos. En 1976, casou co xornalista Carl Bernstein. En 1979, Ephron tivo un fillo, Jacob, e estaba embarazada do seu segundo fillo Max cando descubriu a relación entre Bernstein e a súa amiga mutua Margaret Jay, xornalista británica casada. Ephron inspirouse neste feito para escribir a súa novela de 1983 Heartburn, que foi levada ao cinema en 1986 por Mike Nichols con Jack Nicholson e Meryl Streep. No libro, Ephron escribiu sobre un marido chamado Mark, que era "capaz de ter sexo cunha persiana veneciana". Tamén escribiu que a personaxe Thelma (baseada en Margaret Jay) parecía unha xirafa con "grandes pés". Bernstein ameazou con querelarse contra o libro e o filme, mais nunca o fixo.

Ephron estivo casada durante vinte anos co guionista Nicholas Pileggi, ata a súa propia morte. A parella viviu nos outeiros de Hollywood nos Ánxeles e en Nova York.

O amigo de Ephron Richard Cohen dixo dela, "era moi xudía, cultural e emocionalmente. Identificábase completamente cunha muller xudía". Non obstante, Ephron non era relixiosa. "Nunca podes ter demasiada manteiga... isto é a miña crenza. Se teño unha relixión, é esta", dixo nunha entrevista en NPR sobre o seu filme de 2009 Julie & Julia.

O seu fillo, Jacob Bernstein, dirixiu un filme para HBO sobre a vida da súa nai titulado Everything Is Copy.

Gorxa profunda

Durante moitos anos, Ephron foi unha das poucas persoas que coñecía a identidade de Deep Throat ("Gorxa profunda"), o informador anónimo dos artigos escritos polo seu ex marido Carl Bernstein e Bob Woodward descubrindo o escándalo Watergate. Ephron leu as notas de Bernstein, nas que se refería a Deep Throat como "MF"; Bernstein afirmou que se refería a "My Friend" ("O meu amigo"), mais Ephron supuxo correctamente que era unha referencia a Mark Felt, antigo director asociado do FBI.

Despois da fin do matrimonio de Ephron e Bernstein, Ephron revelou a identidade de Deep Throat ao seu fillo Jacob e a calquera que llo preguntase. Unha vez dixo, "Eu daría discursos diante de 500 persoas e alguén preguntaría, 'Sabe quen é Deep Throat?' e eu respondería, 'É Mark Felt'." Compañeiros de Jacob Bernstein no Dalton School e Vassar College falan de que Jacob revelou a numerosas persoas que Felt era Deep Throat. Esta revelación atraeu pouca atracción dos medios durante o tempo en que a identidade de Deep Throat era un misterio. Ephron dixo que "ninguén, á parte do meu fillo, me cre". Ephron foi invitada por Arianna Huffington a escribir sobre a súa experiencia no Huffington Post, en que era blogueira regular e editora a tempo parcial.

Obra

Filmografía

Como actriz, Nora Ephron aparece en dous filmes dirixidos polo seu amigo Woody Allen. Está acreditada como invitada á voda en Delictos e faltas (1989) e como invitada á festa en Maridos e mulleres (1992).

Ano Título Acreditada como
Directora Guionista Produtora
1983 Silkwood Nora Ephron  Si
1986 Heartburn Nora Ephron  Si
1989 Cando Harry atopou a Sally Nora Ephron  Si Nora Ephron  Si
Cookie Nora Ephron  Si Nora Ephron  Si
1990 My Blue Heaven Nora Ephron  Si Nora Ephron  Si
1991 The Super (sen acreditar) Nora Ephron  Si
1992 This Is My Life Nora Ephron  Si Nora Ephron  Si
1993 Algo para recordar Nora Ephron  Si Nora Ephron  Si
1994 Mixed Nuts Nora Ephron  Si Nora Ephron  Si
1996 Michael Nora Ephron  Si Nora Ephron  Si Nora Ephron  Si
1998 All I Wanna Do Nora Ephron  Si
Tes un correo Nora Ephron  Si Nora Ephron  Si Nora Ephron  Si
2000 Hanging Up Nora Ephron  Si Nora Ephron  Si
Lucky Numbers Nora Ephron  Si Nora Ephron  Si
2005 Enfeitizada Nora Ephron  Si Nora Ephron  Si Nora Ephron  Si
2009 Julie & Julia Nora Ephron  Si Nora Ephron  Si Nora Ephron  Si

Obras de teatro

Ano Título Notas Teatro
2002 Imaginary Friends Writer Ethel Barrymore Theatre
2008 Love, Loss, and What I Wore Coautora Westside Theatre
2013 Lucky Guy Autora Broadhurst Theatre

Coleccións de artigos e outras obras

  • Wallflower at the Orgy (1970)
  • Crazy Salad: Some Things About Women (1975)
  • The Boston Photographs (1975)
  • Scribble, Scribble: Notes on the Media (1978)
  • Heartburn (1983, novela)
  • I Feel Bad About My Neck: And Other Thoughts on Being a Woman (2006)
  • I Remember Nothing: And Other Reflections (2010)
  • The Most of Nora Ephron (2013)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Nora Ephron TraxectoriaNora Ephron Gorxa profundaNora Ephron ObraNora Ephron NotasNora Ephron Véxase taménNora Ephron19 de maio1941201226 de xuñoAlgo para recordarCando Harry atopou a SallyEstados Unidos de AméricaJulie & JuliaNova YorkOscar ó mellor guión orixinalPremios OscarPremios Tony

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Manuel RicoOrdesJennifer LopezAgustín Fernández PazJuan Jacobo Durán LorigaPanxermanismoCarballedo, Cerdedo-CotobadeMucha e NuchaSegunda guerra mundialMadridFollas novasPosición do misioneiroPastora Dominga González ViéitezAltriPerífrases verbais galegasPablo MartinezTotó GarcíaYolanda CastañoDeserto do SáharaRaquel Castro MartínezMaruxa MalloStellantisAmieiroRoberto Vidal BolañoOs adverbios galegos2024José Manuel Rodríguez PuenteTorre de HérculesPere Pau Ripollès AlegreDodecágonoFermin MuguruzaNormativa oficial do galegoZeca AfonsoHistoria de GaliciaMúsica tradicional galegaGerardo Pardo de VeraMíster EspañaÁlvaro CunqueiroMéxicoFernando AlonsoUniversidade de Santiago de CompostelaVertoGoizuetaAlfonso Basterra CamporroDaniel de la TorreOs ÁnxelesSonia MéndezPemento de PadrónXabier DíazNightmare Alley (filme de 2021)Carlos NegroCarlos de Matos GomesNava CastroRibeiraÁcido dipicolínicoLista de filmes coas maiores recadaciónsJéssica BouzasMaría do Socorro Ortega RomeroVicepresidencia do Goberno de EspañaCuruxa comúnBob DylanFerrer BassaMarcelo Rebelo de SousaAntón LamazaresEstado NovoGeorgia O'KeeffeEleccións municipais en SadaJesús Vázquez AlmuíñaXoán Manuel PintosLista de episodios de DoraemonAlfonso RuedaBélxicaDistritos de PortugalLiteratura galega🡆 More