Manuel Octavio Gómez, nado na Habana o 14 de novembro de 1934 e finado na mesma cidade o 2 de xaneiro de 1988, foi un director de cine e escritor cubano, de orixe galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de novembro de 1934 Cuba |
Morte | 2 de xaneiro de 1988 (53 anos) A Habana, Cuba |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Cuba |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema , xornalista , pintor , guionista |
Lingua | Lingua castelá |
Naceu na Habana, sendo fillo de galegos emigrados. Combateu na guerrilla de Fidel Castro en Sierra Maestra e foi membro da sección de cine do Exército Rebelde. Tras o triunfo da Revolución Cubana fundou o Instituto Cubano da Arte e a Industria Cinematográficas (ICAIC).
O seu filme de 1971 Los días del agua foi seleccionado para o 7º Festival Internacional de Cinema de Moscova, onde gañou o premio FIPRESCI.
Faleceu na Habana o 2 de xaneiro de 1988, un mes antes da estrea en Santiago de Compostela do seu último filme, Galego.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Manuel Octavio Gómez, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.