Filme De 1988 Galego: Filme de 1988 dirixido por Manuel Octavio Gómez

Galego (en castelán: Gallego) é un filme de produción galego-cubana de 1988, dirixido por Manuel Octavio Gómez.

Galego
Ficha técnica
Título orixinalGallego
DirectorManuel Octavio Gómez
ProdutorSancho Gracia, Pepe Valdés, Camilo Vives
GuiónMiguel Barnet, Mario Camus, Manuel Octavio Gómez, Eduardo Calvo
Baseado enGallego de Miguel Barnet
IntérpretesSancho Gracia, Jorge Sanz, Manuel Galiana, Linda Mirabal, Alberto Pedro, Francisco Rabal, Antonio Ferrandis, Fiorella Faltoyano, Leticia Herrera, Rosalía Dans, César Diéguez, Álvaro de Luna
MúsicaPablo Milanés
FotografíaPorfirio Enríquez
Estrea25 de febreiro de 1988
Duración116 minutos
OrixeGalicia Galicia
Filme De 1988 Galego: Argumento, Elenco, Produción Cuba
Xénerodrama
Orzamento130 000 000 de pesetas
Na rede
IMDB: tt0093069 Filmaffinity: 344941 Editar o valor em Wikidata

Está baseada na novela Gallego, do escritor cubano Miguel Barnet, e narra a vida dun emigrante galego, Manuel (Sancho Gracia), na Habana, dende a década de 1910 ata a Revolución Cubana.

Argumento

Manuel, un mozo dunha aldea galega, decide emigrar a Cuba buscando un mellor porvir. Na viaxe en barco coñece a José Gundín, outro emigrante galego co que trabará unha amizade para toda a vida. Na Habana traballarán en diversos oficios sen demasiada fortuna e vivirán os acontecementos sociais e políticos da illa.

Elenco

  • Sancho Gracia como Manuel Ruiz.
  • Jorge Sanz como Manuel Ruiz (mozo).
  • Manuel Galiana como José Gundín.
  • Linda Mirabal
  • Alberto Pedro como Conrado.
  • Francisco Rabal como Fabián.
  • Antonio Ferrandis como o avó.
  • Fiorella Faltoyano como Josefa.
  • Leticia Herrera
  • Rosalía Dans
  • César Diéguez
  • Lorenzo Castillo
  • Cristina Juan
  • Hilda Oates
  • Ramón Zamorano
  • Margarita Calahorra
  • Manuel Zarzo
  • Álvaro de Luna como Aniceto.

Produción

Baseouse na novela Gallego, do escritor cubano Miguel Barnet. Foi rodada en diversas localizacións da provincia de Pontevedra como Mondariz e Ponteareas, así como en Madrid e A Habana, cidade na que transcorre a maior parte do filme. O filme, financiado na súa maior parte polo ICAIC cubano, custou uns 130 millóns de pesetas, 50 dos cales foron achegados pola Televisión de Galicia.

O seu director, o cubano de orixe galega, Manuel Octavio Gómez, faleceu un mes antes da estrea do filme. A estrea mundial realizouse en Santiago de Compostela o 25 de febreiro de 1988, coas presenzas do presidente da Xunta, Fernando González Laxe e do ministro de Cultura de Cuba Armando Hart.

Notas

Tags:

Filme De 1988 Galego ArgumentoFilme De 1988 Galego ElencoFilme De 1988 Galego ProduciónFilme De 1988 Galego NotasFilme De 1988 Galego

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Rebel MoonTrofoblastoClint EastwoodPili PampínParlamento de GaliciaAC-101ArceIrmandiñosEduardo IndaDepartamento de ApurímacAgustín Fernández PazRomariz, Riós, RiósMomia de ManchesterÁlex FidalgoAna RomaníHolocaustoDistritos de PortugalPortugalGalaicosHCunnilingusVichelocregoHarry StylesÁlbum de la CaridadPalauLista de paísesAs aves na cultura popular galegaXabier DeivePosición do misioneiroHard GZCarballedo, Cerdedo-CotobadeRastroAs dúas MaríasPaspallásLista de deuses celtasMadridLino LópezHistoria de GaliciaXosé Manuel PiñeiroO porco de péPablo Martinez1868Camilo Nogueira RománJavier CasqueiroFauna de GaliciaBreogánVox populiCarlos NegroPastora Dominga González ViéitezMalena AlterioCouselo (planta)Avenida da Liberdade (Lisboa)Wayback MachineGabriel Rufián22 de xulloMondoñedoTCessna T-37 TweetXeración do 36De NinghuresPortadaEsencia de trementinaJosé María Barreiro GómezGalego-portuguésOtelo Saraiva de CarvalhoFermin MuguruzaRaquel AtanesBolboretaXinzo de LimiaBélxica🡆 More