Lantánidos

Os lantánidos, ou tamén lantanoides, son un grupo de elementos que forman parte do período 6 da táboa periódica dos elementos.

Estes elementos son chamados terras raras debido a que se atopan en forma de óxidos, e tamén, xunto cos actínidos, elementos de transición interna.

Características

O nome procede do elemento químico lantano, que acostuma incluírse dentro deste grupo, dando un total de 15 elementos, dende o de número atómico 57 (lantano) ao 71. Aínda que se acostuma incluír neste grupo, o lantano non ten electróns ocupando ningún orbital f, mentres que os catorce seguintes elementos teñen este orbital 4f parcial ou totalmente cheo.

Estes elementos son quimicamente bastante parecidos entre si xa que os electróns situados en orbitais f son pouco importantes nos enlaces que se forman, en comparación cos p e d. Tamén son bastante parecidos aos lantánidos os elementos itrio e escandio, debido a que teñen un raio semellante e, ao igual que os lantánidos, o seu estado de oxidación máis importante é o +3. Este é o estado de oxidación máis importante dos lantánidos, pero tamén presentan o estado de oxidación +2 e +4.

A abundancia destes elementos na codia terrestre é relativamente alta, en minerais como por exemplo a monacita, na cal se atopan distintos lantánidos e itrio.

Na táboa periódica, estes elementos acostuman situarse debaixo do resto, xunto cos actínidos, dando unha táboa máis compacta que se se colocasen entre os elementos do bloque s e os do bloque d, aínda que nalgunhas táboas periódicas si que poden verse situados entre estes bloques, dando unha táboa moito máis ancha.

O raio dos lantánidos vai diminuíndo conforme aumenta o número atómico; non son variacións grandes, pero vanse acumulando. Isto provoca que os elementos do bloque d da segunda e terceira serie de transición presenten raios semellantes dentro dun grupo: deberían aumentar ao baixar nun grupo, pero ao estar intercalados os lantánidos, este aumento no raio por baixar dentro dun grupo vese contrarrestado pola diminución do raio pola presenza dos lantánidos. Isto coñécese como contracción dos lantánidos.

57
La
58
Ce
59
Pr
60
Nd
(61)
Pm
62
Sm
63
Eu
64
Gd
65
Tb
66
Dy
67
Ho
68
Er
69
Tm
70
Yb
71
Lu

Notas

Tags:

ActínidosTáboa periódica dos elementos

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xogo da chavePampallínRamón María NarváezTráfico de influenciasAC-413Dani PedrosaJeff BezosChe GuevaraLista de palabras galegas de orixe celtaCastañolaAciñeiraJosé Galera MorenoEsther F. CarrodeguasYolanda DíazPastora Dominga González ViéitezMónica García PérezTransexualidadeJosé Manuel LageO comparativo galegoAmorodoXosé FortesAcademia Chinesa de CienciasRelación sexual humanaEstadio Municipal de AnoetaRaoul VázquezFariña (serie de televisión)RomárioJosé Pablo del Bado RivasSete Sabios da Fraga de BambúBandeira de GaliciaXestaGrândola, Vila MorenaRamiro CarregalForo (contrato)Provincia da CoruñaIria MorgadeEleccións municipais de 2015 en GaliciaCatedral de la Seu d'UrgellSíndrome do aceite tóxicoGonzalo MellaVladimir PutinAna BotellaCentauroMaría do Socorro Ortega RomeroMikaIasir ArafatLeninismoTeoRenda básica universalSayenSantiago de CompostelaDe NinghuresRaquel Castro MartínezCousasGrupo RompenteZarracós, A MercaMads MikkelsenRibadeoHistoria dos eslavos do surJosito PortoEstripeiroDover (banda)Xinzo de LimiaUAnxo QuintanaSara Vila AlonsoMariano RajoyJordi HurtadoCayetana Guillén CuervoAresoEduardo Valencia FernándezAC-422Agrupación Cultural AbrenteMemorias dun neno labregoContactorPaco Jémez🡆 More