Krai De Krasnoiarsk

O krai de Krasnoiarsk, ás veces escrito krai de Krasnoyarsk, en ruso Красноярский край, é un dos nove krais de Rusia.

Modelo:Xeografía políticaKrai de Krasnoiarsk
Красноярский край (ru) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Krai De Krasnoiarsk Editar o valor em Wikidata
 59°53′N 91°40′L / 59.88, 91.6791°40′L / 59.88, 91.67
EstadoRusia Editar o valor em Wikidata
CapitalKrasnoiarsk Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.855.899 (2021) Editar o valor em Wikidata (1,22 hab./km²)
Lingua oficiallingua rusa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie2.339.700 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación7 de decembro de 1934 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Governor of the Krasnoyarsk Krai (en) Traducir Editar o valor em WikidataMikhail Kotjukov (en) Traducir (2023–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2RU-KYA Editar o valor em Wikidata
Identificador OKTMO04000000 Editar o valor em Wikidata
Identificador OKATO04 Editar o valor em Wikidata

Páxina webkrskstate.ru Editar o valor em Wikidata

A súa capital é a cidade homónima de Krasnoiarsk.

Xeografía

Situación, límites, extensión e poboación

Está situado no Distrito Federal de Siberia, alcanzando 3 000 km de norte a sur, cerca da fronteira con China, desde as montañas de Saian no sur, ao longo do río Ienisei, até a península de Taimir no norte. Inclúe o arquipélago ártico da Terra do Norte ou Sévernaia Zemliá (en ruso, Се́верная Земля́), con cerca de 37 000 km², e pertence á Rexión económica da Siberia oriental.

Limita ao norte cos mares de Kara e Laptev (océano Ártico), ao leste coa república de Sakha, ao sueste co óblast de Irkutsk, ao sur coa república de Tuva, ao suroeste coa de Khakassia e o óblast de Kémerovo, e ao oeste co óblast de Tomsk, o okrug autónomo de Khanti-Mansi e co distrito autónomo de Iamalia-Nenetsia.

Cunha superficie de 2 339 700 km², é a segunda entidade máis extensa do país —tras a república de Sakha— e con 1,3 hab/km², a sétima menos densamente poboada, por detrás do antigo óblast de Kamchatka, Iamalia-Nenetsia, o óblast de Magadán, Saka, Nenetsia e Chukotka, que é a menos densamente poboada. Constitúe aproximadamente o 13 % da superficie total da Federación Rusa, e contaba en 2010 cunha poboación de 2 828 187 habitantes, un pouco menos do 2 % da súa poboación.

Hidrografía

Krai De Krasnoiarsk 
Conca do Ienisei.
Krai De Krasnoiarsk 
O río Ienisei ao seu paso por Krasnoiarsk.

Un gran número de ríos flúen a través do krai e algúns desembocan nel.

Os principais ríos son o Ienisei e os seus afluentes (de sur a norte): o Angara, o Tunguska Pedregoso e o Tunguska Inferior; os tres pola súa marxe dereita.

O Ienisei discorre polo centro do krai en dirección sur-norte. A maior parte do río é navegábel, salvo entre novembro e maio que permanece xeado.

O seu curso superior é turbulento, o que se aproveitou para a construción de centrais hidroeléctricas, destacando os encoros de Saián e Krasnoiarsk.
As cidades máis importantes polas que pasa o río son Kizil, Shagonar, Saianogorsk, Abakán, Divnogorsk, Krasnoiarsk, Ieniseisk, Lesosibirsk, Igarka e Dudinka.

No krai tamén ha varios miles de lagos. Os maiores son o Beloie, o Belio, o Glubokoie, o Itat, o Khantaiskoie, o Labas, o Lama, o Piasina, o Taimir e o Iessei.

Tanto os ríos como os lagos son ricos en peixes.

Clima

O clima é fundamentalmente continental, con grandes variacións de temperatura durante o ano. Nas rexións do centro e do sur do krai, onde vive a maior parte da poboación, son característicos os invernos longos e os veráns curtos e calorosos. O territorio do krai experimenta as condicións de tres cintos climáticos: ártico, subártico e moderado. No norte danse menos de 40 días ao ano cunha temperatura superior aos 10 °C, mentres que no sur estes son de 110 a 120 días.

A temperatura media en xaneiro é de −36 °C no norte e de −18 °C no sur. A temperatura media en xullo é de +10 °C no norte e de +20 °C no sur. As precipitacióna anuaia son de 316 mm (até 1 200 mm nos outeiros das montañas de Saian). A neve cobre as rexións centrais do krai desde principios de novembro até finais de marzo. Os cumes das montañas de Sayan, que superan os 2 400–2 600 m, e os da meseta de Putorana, superiores aos 1 000-1 300 m, están cubertos de neve permanente. O permafrost está moi estendido, especialmente no norte.

Grupos étnicos

Segundo o censo de Rusia de 2002, a composición étnica do krai é de:

Cómpre indicr que un 0,56 % dos residentes non indicaron a súa nacionalidade na enquisa do censo.

Historia

Krai De Krasnoiarsk 
Edificio da Administración Rexional en Krasnoiarsk; enfronte, unha estatua de Lenin.

Segundo os arqueólogos, as primeiras poboacións humanas chegaron a Siberia ao redor do ano 40 000 a.C. Os túmulos e monumentos descubertos da cultura escita no krai de Krasnoiarsk pertencen o século VII a.C. e son dos máis antigos de Eurasia. A tumba dun príncipe, Kurgan Arshan, descuberta en 2001, tamén se encontra no krai.

O asentamento ruso na zona (na súa maioría efectuado por cosacos) comezou no século XVII. Despois da construción do Ferrocarril Transiberiano, a colonización rusa da zona aumentou considerabemente.

Tanto durante o período tsarista como no bolxevique o territorio do actual krai de Krasnoiarsk foi utilizado como lugar de exilio de inimigos políticos. Os primeiros líderes do estado soviético, Vladimir Lenin e Iosif Stalin foron exiliados ao que hoxe é o krai en 18971900 e 1903, respectivamente. Na era de Stalin, numerosos campamentos gulag establecéronse na rexión.

En 1822 creouse o gobernorato de Ieniseisk, que cubría un territorio moi similar ao do krai actual, con Krasnoiarsk como centro administrativo.

O 30 de xuño de 1908, na conca do río Podkamennaya Tunguska, produciuse unha grande explosión, que probabelmente foi causada pola explosión no aire dun meteorito grande ou dun cometa fragmentado a unha altitude de 5 a 10 km sobre a superficie da Terra. A forza da explosión estímase en ao redor de 10 a 15 megatóns. Achantou máis de 2 000 km² de piñeirais e matou a milleiros de renos.

O krai de Krasnoiarsk creouse en 1934 despois da desagregación do krai de Siberia occidental e o krai de Siberia oriental. En 1991, Khakassia separouse do krai converténdose nunha república dentro da Federación Rusa.

O 1 de xaneiro de 2007, tras un referendo celebrado o 17 de abril de 2005, os territorios dos okrug autónomos de Evenk e de Taimir fusionáronse no krai.

Economía

Máis do 95 % das cidades, a maioría das industrias e toda a actividade agrícola concéntrase na parte sur do krai. É unha das partes máis ricas de Rusia en recursos naturais. O 80 % do níquel, o 75 % do cobalto, o 70 % do cobre, o 16 % do carbón e o 10 % do ouro extráense nesta rexión. Tamén se produce o 20 % da leña. As maiores industrias da rexión son: metalurxia de metais non-ferrosos, enerxética, da madeira, química e refinado de petróleo.

Notas

Véxase tamén


Tags:

Krai De Krasnoiarsk XeografíaKrai De Krasnoiarsk HistoriaKrai De Krasnoiarsk EconomíaKrai De Krasnoiarsk NotasKrai De Krasnoiarsk Véxase taménKrai De KrasnoiarskKrais de RusiaLingua rusaRusia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Parroquias de GaliciaCanle (comunicación)Literatura infantilRamón CabanillasCangasCarrizo (paxaro)Galego-portuguésXogos floraisÁlvaro MorataBenito MussoliniEleccións municipais en SadaIrene JunqueraGarbiñe MuguruzaTaylor SwiftFala de EstremaduraManuel FragaChatGPTHLA-DMEspañaNava CastroXurxo AyánEmilio Aragón ÁlvarezTraxe galegoAs aves na cultura popular galegaoyz9zSegunda República EspañolaLista de ríos de GaliciaMiguel de CervantesLorenzo VarelaAna TurpinEduardo MendozaÁreas lingüísticas do galegoVicepresidencia do Goberno de EspañaFernando AlonsoSystem of a DownHenrique VIII de InglaterraGaliciaJohn Forbes NashPardo de Cela28 de decembroMimosaEcce HomoIndiaXiros idiomáticos galegosCPosicións sexuaisEstadio Municipal de RiazorRetorno a Tagen AtaJosé López CamposTribadismoOs ÁnxelesPedro SánchezAbrilCabo Norte, NoruegaMarcelo Rebelo de SousaEva CárdenasRebel MoonReino UnidoLingua casteláAlfonso Basterra CamporroAmancio OrtegaDodecágonoXXX edición dos Premios GoyaAccidente de ChernóbilVichelocregoTransformador (modelo de aprendizaxe automática)Moulin Rouge🡆 More