Joseph Schumpeter: Economista austríaco

Joseph Alois Schumpeter, nado en Trest (Moravia) o 8 de febreiro de 1883 e finado en Taconic (Estados Unidos de América) o 8 de xaneiro de 1950, foi un economista austro-estadounidense, ministro de Finanzas en Austria entre 1919 e 1920.

Infotaula de personaJoseph Schumpeter
Joseph Schumpeter: Traxectoria, Pensamento, Obras
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Joseph Alois Schumpeter Editar o valor em Wikidata
8 de febreiro de 1883 Editar o valor em Wikidata
Třešť (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xaneiro de 1950 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Salisbury (Connecticut), Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Parada cardiorrespiratoria Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaSalisbury Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Finance minister of Austria (en) Traducir
15 de marzo de 1919 – 17 de outubro de 1919
← Otto Steinwender (pt) TraducirRichard Reisch (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América (1939–)
Imperio Austrohúngaro
Austria Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Viena
Theresianum (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseEugen von Böhm-Bawerk (pt) Traducir e Friedrich von Wieser (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEconomía Editar o valor em Wikidata
Ocupacióneconomista , antropólogo , xurista , coleccionador de livros (pt) Traducir , catedrático , politicólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorRheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn
Universidade de Graz
Universidade Harvard
Chernivtsi University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresEugen von Böhm-Bawerk (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosNicholas Georgescu-Roegen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoFerdinand Hermens (pt) Traducir, Paul Samuelson, James Tobin, Paul Sweezy (pt) Traducir, Anne Carter (pt) Traducir, Arthur Smithies (en) Traducir, Wolfgang Stolper, Paul McCracken (pt) Traducir, Shou-Shan Pu (en) Traducir e Daniel C. Vandermeulen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeElizabeth Boody (1937–1950)
Premios

iTunes: 483165247 Find a Grave: 146753986 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Naceu en Triesch (Moravia, na actualidade pertencente á República Checa) e estudou na Universidade de Viena. Foi pupilo de Friedrich von Wieser. Ensinou Economía durante varios anos nas universidades de Viena, Czernowitz (actual Chernovtsi, Ucraína), Graz e Bonn a partir de 1909. Foi profesor da Universidade Harvard dende 1932.

Pensamento

Destacou polas súas investigacións sobre o ciclo económico e polas súas teorías sobre a importancia vital do empresario, o seu papel na innovación que determinan o aumento e a diminución da prosperidade. Popularizou o concepto de destrución creativa como forma de describir o proceso de transformación que acompaña ás innovacións. Predeciu a desintegración sociopolítica do capitalismo, que, segundo el, se destruiría debido ao seu propio éxito. As súas principais obras son: Teoría do desenvolvemento económico (1912), Os ciclos económicos (1939), Capitalismo, socialismo e democracia (1942) e A historia da análise económica (póstuma, 1954).

A principal achega de Schumpeter é a concepción cíclica e irregular do crecemento económico, desenvolvida en 1911 no seu Theory of Economic Development ('Teoría do crecemento económico') mentres daba clases en Czernowitz (actual Chernivtsi, en Ucraína). Nela recolle a súa teoría do “espírito emprendedor” (Unternehmergeist), derivada dos empresarios, que crean innovacións técnicas e financeiras nun medio competitivo no que deben asumir continuos riscos e beneficios que non sempre se manteñen. Todos estes elementos interveñen no crecemento económico irregular.

Despois de ser Ministro de Economía de Austria logo da primeira guerra mundial, cesado, e de dirixir o Banco Biederman, pasou a ocupar varias cátedras universitarias, entre as que está Harvard. Neste último período de docencia completou tres libros máis: Business Cycles (1939), Capitalism, Socialism and Democracy (1942) –onde predixo a caída do capitalismo a mans dos intelectuais– e a súa History of Economic Analysis (1954). Nos dous primeiros centrouse na súa teoría do “espírito emprendedor”, desenvolvéndoa nun ámbito máis global e integrándoa nunha teoría cíclica dos negocios, e outra sobre a evolución socioeconómica.

Así, afirma que no sistema capitalista, o ordenamento económico está establecido da seguinte forma:

  1. Propiedade e iniciativa privada.
  2. Produción para o mercado e subdivisión do traballo.
  3. O papel importante da creación de créditos por parte das entidades bancarias.

Segundo estas teses o sistema capitalista sería estable por si mesmo, perdurando indefinidamente, como unha mentalidade determinada da sociedade e do seu modo de vida. Así mesmo determinou que este proceso psicolóxico veríase alterado como consecuencia da actitude moderna ante a vida familiar, herdanzas, impostos,... Así, para Schumpeter o capitalismo é unha “racionalización” das mentes, a partir da Idade Media e as súas institucións: a Igrexa, o castelo do señor feudal, a comunidade da aldea e os procesos comunitarios de produción, que repetían as secuencias de produción ano a ano. A sociedade vivía nun ambiente “estable” de produción, pertencendo o seu traballo á Igrexa ou ao señor feudal.

Lonxe da independencia e necesidade de competitividade que posteriormente se asentaron, ao que se lle unen os “booms” e depresións. Estes recordan o feito do ciclo económico, que destrúe todo estado de equilibrio que puidera ter establecido por si mesmo. Este ciclo económico non podería ser atribuído a medios exóxenos, como períodos de fame, guerras,... pero que, polo contrario, son necesarios para a evolución do propio ciclo. Así e todo, do mesmo xeito que cada “boom” destrúe o equilibrio, cada depresión tende a establecer un novo. No obstante, para Schumpeter a estabilidade económica non implica nin as garantías do sistema político nin a estabilidade social, polo que unha situación economicamente estable pode darse nun marco politicamente inestable.

Schumpeter atribúe a orixe do capitalismo a unha evolución gradual da sociedade medieval —onde os excedentes produtivos das case autosuficientes comunidades campesiñas pertencían á igrexa e ao señor feudal— cara a unha concepción máis racional do mundo circundante e das institucións políticas. Diferenciou entre progreso económico, estabilidade política e progreso social. Augurou a decadencia do capitalismo —por razóns moi diferentes ás de Marx— vítima do seu esclerosamento interno e do crecente rexeitamento dos intelectuais (cuxa influencia probablemente sobreestimou), e da crecente inxerencia do Estado na planificación económica. Non era partidario da intervención estatal nos mercados, senón da libre concorrencia. Consideraba ao capitalismo o mellor sistema para o progreso económico, pero non atopou nin propuxo a maneira de evitar o seu colapso, inevitable na opinión de Schumpeter.

Recentemente, Robert Jessop, profesor da Universidade de Lancaster Reino Unido, no seu libro, "O futuro do Estado capitalista", define os futuros Estados como 'Estados competitivos schumpeterianos'.

Obras

  • "Über die matematische Methode der theoretischen Ökonomie", 1906, ZfVSV. Blanca
  • "Das Rentenprinzip in der Verteilungslehre", 1907, Schmollers Jahrbuch
  • Wesen und Hauptinhalt der theoretischen Nationalökonomie (transl. The Nature and Essence of Theoretical Economics), 1908.
  • "On the Concept of Social Value", 1909, QJE
  • Wie studiert man Sozialwissenschaft, 1910 (transl. by J.Z. Muller, "How to Study Social Science", Society, 2003)
  • "Marie Esprit Leon Walras", 1910, ZfVSV.
  • "Über das Wesen der Wirtschaftskrisen", 1910, ZfVSV
  • Theorie der wirtschaftlichen Entwicklung (transl. The Theory of Economic Development: An inquiry into profits, capital, credit, interest and the business cycle), 1911.
  • Economic Doctrine and Method: An historical sketch, 1914.
  • "Das wissenschaftliche Lebenswerk Eugen von Böhm-Bawerks", 1914, ZfVSV.
  • Vergangenkeit und Zukunft der Sozialwissenschaft, 1915.
  • The Crisis of the Tax State, 1918.
  • "The Sociology of Imperialism", 1919, Archiv für Sozialwissenschaft und Sozialpolitik
  • "Max Weber's Work", 1920, Der österreichische Volkswirt
  • "Carl Menger", 1921, ZfVS.
  • "The Explanation of the Business Cycle", 1927, Económica
  • "Social Classes in an Ethnically Homogeneous Environment", 1927, Archiv für Sozialwissenschaft und Sozialpolitik.
  • "The Instability of Capitalism", 1928, EJ
  • Das deutsche Finanzproblem, 1928.
  • "Mitchell's Business Cycles", 1930, QJE
  • "The Present World Depression: A tentative diagnosis", 1931, AER.
  • "The Common Sense of Econometrics", 1933, Econometrica
  • "Depressions: Can we learn from past experience?", 1934, in Economics of the Recovery Program
  • "The Nature and Necessity of a Price System", 1934, Economic Reconstruction.
  • "Review of Robinson's Economics of Imperfect Competition", 1934, JPE
  • "The Analysis of Economic Change", 1935, REStat.
  • "Professor Taussig on Wages and Capital", 1936, Explorations in Economics.
  • "Review of Keynes's General Theory", 1936, JASA
  • Business Cycles: A theoretical, historical and statistical analysis of the Capitalist process, 1939.
  • "The Influence of Protective Tariffs on the Industrial Development of the United States", 1940, Proceedings of AAPS
  • "Alfred Marshall's Principles: A semi-centennial appraisal", 1941, AER.
  • "Frank William Taussig", 1941, QJE.
  • Capitalism, Socialism and Democracy, 1942.
  • "Capitalism in the Postwar World", 1943, Postwar Economic Problems.
  • "John Maynard Keynes", 1946, AER.
  • "The Future of Private Enterprise in the Face of Modern Socialistic Tendencies", 1946, Comment sauvegarder l'entreprise privée
  • Rudimentary Mathematics for Economists and Statisticians, with W.L.Crum, 1946.
  • "Capitalism", 1946, Encyclopaedia Britannica.
  • "The Decade of the Twenties", 1946, AER
  • "The Creative Response in Economic History", 1947, JEH
  • "Theoretical Problems of Economic Growth", 1947, JEH
  • "Irving Fisher's Econometrics", 1948, Econometrica.
  • "There is Still Time to Stop Inflation", 1948, Nation's Business.
  • "Science and Ideology", 1949, AER.
  • "Vilfredo Pareto", 1949, QJE.
  • "Economic Theory and Entrepreneurial History", 1949, Change and the Entrepreneur
  • "The Communist Manifesto in Sociology and Economics", 1949, JPE
  • "English Economists and the State-Managed Economy", 1949, JPE
  • "The Historical Approach to the Analysis of Business Cycles", 1949, NBER Conference on Business Cycle Research.
  • "Wesley Clair Mitchell", 1950, QJE.
  • "March into Socialism", 1950, AER.
  • Ten Great Economists: From Marx to Keynes, 1951.
  • Imperialism and Social Classes, 1951 (reprints of 1919, 1927)
  • Essays on Economic Topics, 1951.
  • "Review of the Troops", 1951, QJE.
  • History of Economic Analysis, (published posthumously, ed. Elisabeth Boody Schumpeter), 1954.
  • "American Institutions and Economic Progress", 1983, Zeitschrift fur die gesamte Staatswissenschaft
  • "The Meaning of Rationality in the Social Sciences", 1984, Zeitschrift fur die gesamte Staatswissenschaft
  • "Money and Currency", 1991, Social Research.
  • Economics and Sociology of Capitalism, 1991.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Joseph Schumpeter TraxectoriaJoseph Schumpeter PensamentoJoseph Schumpeter ObrasJoseph Schumpeter NotasJoseph Schumpeter Véxase taménJoseph Schumpeter18831919192019508 de febreiro8 de xaneiroAustriaEconomistaEstados Unidos de AméricaMoravia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Nacho CastañoLingua casteláO incerto señor Don HamletPanteón de Galegos IlustresSantiago de CompostelaBojan KrkićVerbos galegos ser, estar e irCaraveleiraPosición aconchegadaLino LópezContactorAccidente de ChernóbilToniña comúnCO CarballiñoHolocaustoComarca de SarriaDeserto do Sáharapxhj6PotaMiguel SolísXosé Neira VilasEduardo Blanco AmorVox populiDaniel de la TorreLista de nomes masculinos en galegoUnión AfricanaEscudo de GaliciaCamiño de SantiagoAna RomaníDomingoPapuxa das amorasIrene FerrerasCristina MaróQuenllaPatricia VázquezProvincias de EspañaReal Club Celta de VigoMaría do Socorro Ortega RomeroFrida KahloEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024A EstradaAC-101VietnamXabier FortesBélxicaÁcido dipicolínicoCarrizo (paxaro)Antón Villar PonteAna Belén FortesEditorial GalaxiaAmieiroThe ArtistCristina LosadaGonzalo MellaVichelocregoStellantisAWStatsAs leis de CelavellaHindemburg Melão Jr.XestaMasculino e feminino en galegoOurenseDonald TrumpFrancisco Castro VelosoAdolfo SuárezManuel RicoMucha e NuchaAmérica do Norte22 de xulloJosé López CamposGuillermo Alonso BarciaIsabel Díaz AyusoO comparativo galego🡆 More