Os ciclos económicos poden definirse como as oscilacións da expansión á contracción da Economía.
Dende o século XIX os estudosos dos negocios impresionáronse polas dramáticas caídas que cada 7 a 10 anos rexistraba a actividade económica. En 1863, o francés Clement Juglar demostrou con probas estatísticas, que as crises non eran fenómenos illados, senón parte dunha flutuación cíclica da actividade comercial, bolsista e industrial e que os períodos de prosperidade e crise seguíanse uns aos outros. Karl Marx avanzou sobre o estudo das causas estruturais do ciclo económico e as crises.
Cada ciclo económico ten catro fases:
O período máis alto do ascenso denomínase auxe. Todo ascenso culmina nun descenso. Unha crise prodúcese nalgún momento do descenso, posteriormente chega recesión, que finalmente é revertida pola reactivación. Non hai unha duración fixa para cada fase nin para o ciclo no seu conxunto, pero a investigación a longo prazo permitiu estabelecer duracións medias para os ciclos.
O ciclo económico está baseado en leis xerais que gobernan as economías capitalistas, máis que en factores políticos ou institucionais específicos de países ou períodos particulares; non obstante, como explicou Joseph Schumpeter (1935), "cada flutuación económica constitúe unha unidade histórica que non se pode explicar senón mediante unha análise dos numerosos factores que concorren en cada caso".
Coñécense tres tipos de ciclos económicos xerais e ciclos sectoriais. Os xerais son:
Entre os ciclos sectoriais máis importantes están o da industria da construción de 18 anos por termo medio; e o da agricultura de 10 anos de duración por termo medio. Por outra parte, Ralph Nelson Elliott, ao observar as flutuacións da Bolsa de valores, atopou dentro de cada ciclo (do máis longo ata o máis curto) oito "ondas": tres impulsos de ascenso con dous correccións e logo dous descensos cunha corrección.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Ciclo económico, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.