I Asemblea Agraria De Galicia: Asemblea do agrarismo galego

A I Asemblea Agraria de Galicia celebrouse en Monforte de Lemos o 15 e o 16 de agosto de 1908 en defensa do agrarismo.

I Asemblea Agraria de Galicia
Tipocongreso
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

Iniciada por Solidaridad Gallega, que no seu Manifesto facía referencia á necesidade de celebrar unha Asemblea con ampla representación. Á Asemblea acudiron tres tendencias distintas, dúas centradas exclusivamente no tema agrario, a Unión Campesina e o Directorio Antiforista de Teis, e outra que ademais xogaba no eido da política partidaria, Solidaridad Gallega. A Unión Campesina que xurdiu estreitamente relacionada co anarquismo coruñés, e o Directorio de Teis prepararon un regulamento moi estruturado, mentres que os solidarios facían unha convocatoria aberta.

Na asemblea reuníronse 55 sociedades de todo o país máis 6 que se adheriron, e representacións de Solidaridad Gallega e Prácticas Modernas. A presidencia correspondeulle a Chinto Crespo, do Directorio de Teis; foron vicepresidentes Ramón Osorio Pita, Francisco Pérez, Manuel Rey Suárez e Manuel Lorenzo; entre os secretarios figuraron Ricardo Picouto, Joaquín Martín Martínez, Venancio Gavín Gallo e Marcelino Rúa Fernández. Destacou a presenza do ourensán Bricio Serantes, presidente da Sociedad de Agricultores de Canedo.

Discutiuse se a Asemblea ía ser un foro de debate de ampla representación e ton técnico ou se debía converterse nun acto campesinista e reivindicativo. Nesta asemblea impuxéronse os solidarios, nos que a tendencia dominante eran os galeguistas, e traduciuse no abandono de Manuel Martínez Pérez e das seccións da Unión Campesina que o seguiron e na automarxinación dos representantes do Directorio, que pasaron a ser meros observadores; como consecuencia Chinto Crespo cedeu a presidencia da reunión a José Moreno Bello, membro de Unión Campesina que desafiara o liderado de Martínez Pérez. Na xuntanza encetou a desfeita da Unión Campesiña; parte das súas sociedades converxeron cos solidarios.

As 41 conclusións da Asemblea publicáronse nun folleto que editou a xunta coruñesa de Solidaridad Gallega. Refírense á política local (loita contra o caciquismo e participación nas eleccións a todos os niveis) e rexional (mancomunidade, fusión nunha das catro deputacións provinciais) e a cuestións relacionadas coa agricultura e a gandería galegas (Agricultura, Gandería, Industrias Rurais, Instrución, Dereito civil, Foros, Impostos, Cuestións de interese xeral, Loita contra o caciquismo e unha Declaración xeral).

A asemblea redactou tamén un proxecto de regulamento da Federación de Sociedades Agrícolas de Galicia.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

I Asemblea Agraria De Galicia Historia e característicasI Asemblea Agraria De Galicia Véxase taménI Asemblea Agraria De Galicia15 de agosto16 de agosto1908AgrarismoMonforte de Lemos

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

64MelideAciñeiraXabarilPontevedraManuel Taboada VigoMártires de CarralRoberto Tojeiro DíazJanica KostelićGuarda, PortugalEsgonzo comúnContactorPilar BahamondeBorja VereaRubén Fernández GarcíaVictoria Álvarez Ruiz de OjedaMúsica tradicional galegaLucía VeigaO Barco de ValdeorrasBrais LamelaMonte Porreiro, Mourente, PontevedraPedro NimoMoldaviaGalería de imaxes de arañas de GaliciaTamara AndrésBradley CooperAlfabeto galego8RastroDios ke te crewPobo galegoPartido GalegoEusebio Alonso VieitesTribadismoVíctor CoyoteBCopa do SarÁ lus do candil19SambesugaO CarrabouxoGerardo Pardo de VeraLago NessO Cuco de VelleClaudio Garrido MartínezO Carregal, Valadares, VigoXesús PisónVHomosexualidadeMona SimpsonPartido Galeguista (histórico)LugoAlternativa dos VeciñosGrupo RompenteDinhoPatricia VázquezGalegoParque Nacional das Illas AtlánticasBuxoGuamAitana OcañaMalpica de BergantiñosLuís TorrasRPegaJosé Yáñez GarcíaAmanda LearProxy1EMoscovaPauletaVertoNatalia Puente PradoMasculino e feminino en galegoPorqueira🡆 More