Homofobia: Actitudes negativas e discriminación contra as persoas homosexuais

A homofobia é o feito cultural consistente no odio, o medo ou o rexeitamento da homosexualidade dentro dun grupo social.

Con frecuencia fálase tamén de lesbofobia cando se trata da homofobia exercida contra mulleres lesbianas. É análoga á transfobia para as persoas transexuais e á bifobia para as persoas bisexuais. A homofobia é exercida e padecida tanto por persoas homosexuais como por persoas heterosexuais. Considérase que a homofobia é a principal ferramenta de coacción que un grupo social ten para impoñer unha estrutura heterocéntrica.

Homofobia: Visión científica, Homofobia e sociedade, Uso político da homofobia
Membro da Igrexa Bautista de Westboro portando un letreiro homofóbico. No cartel pode lerse: «Deus odia ós maricas».

Visión científica

Homofobia: Visión científica, Homofobia e sociedade, Uso político da homofobia 
Cartel homófobo en Polonia.

O termo homofobia foi creado nos Estados Unidos polo investigador K.T. Smith e aparece por vez primeira nun artigo na revista Psychological Reports en 1971. Anteriormente o activista W. Churchill creara o termo homoerotofobia nun libro sobre o comportamento sexual entre machos de diferentes especies. Porén, o termo homofobia foi popularizado por Weinberg, quen no seu libro Society and the healthy homosexual (1973) o define como o medo de estar cun homosexual nun espazo pechado e, en relación cos propios homosexuais, o odio de si mesmos. A orixe do termo é obxecto de polémicas discusións que son o resultado de posturas non só teóricas, senón tamén ideolóxicas. Canto ao prefixo homo-, discútese se se debe entender como apócope de homosexual -nunha visión semellante á de Weinberg- ou se designa a quen é semellante -nunha perspectiva máis psicanalítica-. Canto ao radical fobia, debátese entre facer del un uso restritivo -medo entendido como patoloxía individual- ou ampliado -comportamentos e ideas negativas do grupo social-.

O certo é que os únicos estudos científicos sobre o tema sinalan que a percepción dunha falta moral na lexitimación da homosexualidade é indicadora dunha posible desorde mental. Profesores da Universidade de California defenden a inclusión da homofobia no DSM (Diagnostic and Statistical Manual of Mental Disorders), catálogo no que ata 1973 figuraba a homosexualidade mesma. Dende o Harvard Medical School advírtese de que as persoas con pensamentos homófobos precisan de tratamento psiquiátrico. Por último, o California Department of Corrections elaborou un programa de terapia antipsicótica destinado ás persoas que exhiben homofobia.

Homofobia e sociedade

Vídeo de 1961 dirixido a adolescentes, alertando dos perigos da pedofilia.

A homofobia non é un feito natural, nin instintivo nin universal, nin ten o mesmo significado en todas partes. É un feito cultural propio de certas sociedades en certas fases da súa historia. Dentro desta diversidade, en diferentes lugares, hoxe en día, a homofobia cobra formas moi diversas: aplícase só aos homes, ou só aos que son penetrados, ou só aos que se visten de muller. A base da homofobia atópase na confusión de xénero, é dicir, no abandono do rol propio dun xénero para adoptar o do xénero contrario. Así, o home que é penetrado ou a muller que penetra están transgredindo a norma propia do seu xénero, que asigna a cada individuo un papel dentro do binomio activo/pasivo ou o seu equivalente, penetrante/penetrado.

Os foros de discurso heterocéntrico, entre eles a prensa e a televisión, pero tamén a familia e os círculos sociais, reproducen os síntomas da homosexualidade, principalmente a través da parodia e a burla. Deste esquema está excluída a homosexualidade feminina, por inexistente. Tales síntomas son os seguintes:

  • Homoxeneidade. O homosexual ten sempre as mesmas características.
  • Hipersexualización. A principal característica do homosexual e a súa homosexualidade. O homosexual está sempre á procura de encontros sexuais.
  • Infelicidade. A homosexualidade é necesariamente insatisfactoria. O homosexual é un ser solitario e patético.
  • Promiscuidade. O homosexual orienta a súa atención a homes heterosexuais que sempre o rexeitan. O homosexual non é selectivo.
  • Afeminamento. O homosexual é invariablemente efeminado.
  • Sexo anal. As relacións sexuais homosexuais resólvense sempre a través da penetración anal.
Homofobia: Visión científica, Homofobia e sociedade, Uso político da homofobia 
Percepción da homosexualidade segundo o sentido do voto.

A homofobia maniféstase mediante mecanismos mentais inconsciente que o individuo interioriza como tantas outras ideas que forman parte da súa educación. Nas persoas homosexuais os impulsos homófobos teñen unha función primordial de normalización da heterosexualidade: lexitiman a orientación sexual propia; fanlles sentir que a súa moral e a súa sexualidade son válidos, naturais e superiores; permítelles sentirse orgullosos da súa masculinidade ou feminidade. Este mecanismo converte ao homosexual en bode expiatorio de emocións e pensamentos que non son aceptables polo grupo social en que se proxectan sobre el para afastar o sentimento de culpa, e o resultado desta proxección é a creación dun estereotipo: o home homosexual é efeminado, promiscuo e pedófilo; a muller homosexual é masculina e groseira.

Homofobia: Visión científica, Homofobia e sociedade, Uso político da homofobia 
Predicador cristián contrario aos homosexuais.

A psicóloga Dorothy Ride desenvolveu unha escala de medición de niveis de actitude homofóbica:

  • Repulsión. Os actos homosexuais son vistos como contrarios á orde natural. Calquera medio para modificar esta orientación está xustificado.
  • Conmiseración. Percíbese a heterosexualidade como algo ao que é preferible retornar. Os homosexuais son dignos de compaixón.
  • Tolerancia. As persoas homosexuais non completaron a súa maduración psicoemocional. Hai que tutelalas e coidalas.
  • Aceptación. Implica a existencia de algo que cómpre aceptar.

Dentro desta dinámica é corrente a patoloxización da homosexualidade, é dicir, a súa consideración como doenza. Existen clínicas especializadas na aplicación de tratamentos presuntamente terapéuticos encamiñados á curación da homosexualidade. A Asociación Americana de Psicoloxía (APA) mostrouse contraria a estes tratamentos por considerar que teñen pouca base científica e poden resultar moi lesivos. Tamén a British Medical Association (BMA), a máis importante das organizacións profesionais médicas do Reino Unido, advertiu aos psiquiatras e psicólogos dese país que abandonen as "terapias reparadoras" debido á súa inutilidade e a súa potencial nocividade. A imitación da dereita estadounidense, sectores conservadores de España intentan popularizar procedementos de manipulación psicolóxica aos que chaman "terapias reparadoras", a través de publicacións, prensa e medios de comunicación de corte católico. Grazas a esta propaganda permanece aínda moi estendida a crenza de que a homosexualidade é unha doenza, crenza que hoxe en día sostén un 15% dos españois.

Os estudos realizados sobre homofobia confirmaron que esta se basea nun rol de xénero masculino, moi forte e moi estereotipado. Isto quere dicir que as actitudes homófobas son máis comúns entre homes que se identifican cun rol tradicional e entre os que viven a relixión dun xeito fundamentalista. Outros autores ven na homofobia a expresión sintomática da inseguridade do individuo homófobo con respecto da súa propia heterosexualidade. É significativo que a porcentaxe de homes con signos de homofobia duplica o de mulleres (do 48 ao 24% no Uruguai), do mesmo xeito que diminúe a medida que aumenta o nivel cultural (63, 29 e 27% dos que cursaron educación primaria, secundaria e universitaria, respectivamente) e diminúe a idade do individuo (44% das persoas entre 30 e 59 anos, 18% entre 18 e 30).

Uso político da homofobia

Homofobia: Visión científica, Homofobia e sociedade, Uso político da homofobia 
Tarxeta usada por Anita Bryant para promocionar Save Our Children.

A homofobia foi empregada historicamente con fins políticos, para manter ou estender determinados réximes. O anterior arcebispo de Cidade do Cabo e Premio Nobel da Paz, o surafricano Desmond Tutu, declarou que a homofobia é un "crime contra a humanidade" e "tan inxusta" como o apartheid. As organizacións máis conservadoras ven na homofobia unha palabra fetiche que impide toda reflexión sobre a anormalidade da homosexualidade e busca estigmatizar a aqueles que pensan que, socialmente, esta constitúe un problema.

Nos anos 90 do século XX creouse en México a Comisión Cidadá contra os Crimes de Odio por Homofobia, que tomou parte activa na redacción da lei nacional contra a discriminación, aprobada no 2003.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Homofobia Visión científicaHomofobia e sociedadeHomofobia Uso político da homofobiaHomofobia NotasHomofobia Véxase taménHomofobiaBifobiaBisexualidadeHeterosexualidadeHomosexualidadeLesbianaTransexualidadeTransfobia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Raquel Castro MartínezNacho VegasDomingo García-SabellDía das Letras GalegasJosé Ernesto Díaz NoriegaLeitzaldeaGatoDavid MellaCidade da Cultura de GaliciaEstripeiroCarlos CasaresQueiroaEduardo Valencia FernándezFrancisco Vázquez VázquezEleccións municipais de 2015 en GaliciaLingua galegaGarcía II de GaliciaShinovaGuillermo VicenteNico HülkenbergXulloPriscilianoEscáncerGallaeciaFidel CastroReal Federación Española de FútbolThe RapantsVacaVladimir PutinIndiaBerrogüettoMonforte de LemosPío BarojaDies iraeSantiago de CompostelaVicente RiscoMaría Jesús MonteroValladolidJosé López CamposBrieva, ÁvilaCarmen MéndezRamón Alonso MartínezShishuo xinyuPadre CasaresUxío NovoneyraMáquina comecartosAlfonso Basterra CamporroManuel González LópezMarcos PereiroGerardo Conde RoaLogroñoCódigo QRRocco SiffrediBenedicto García VillarXosé Antonio TouriñánCristina Pérez HerraizEl laberinto del faunoRamón María NarváezEmilia Pardo BazánHTMLDistritos de PortugalTom Holland (actor)La RegiónPaula CarballeiraBubelaEsther EstévezSupermartesFiorella FaltoyanoLista de nomes femininos en galegoA ira dos mansosTransexualidadeBaldomero EsparteroMediaWikiAlfredo Pérez RubalcabaBreogán🡆 More