Historia Da Filosofía: Estudo das ideas e conceptos filosóficos a través do tempo

A Historia da filosofía describe e interpreta o percorrer da filosofía occidental desde as súas orixes na Grecia do século VI a.C.

ata a actualidade. Considérase que a constitución da historia da filosofía como disciplina autónoma e específica só acontece desde principios do século XIX. Antes deste momento existen diversas publicacións de carácter histórico e filosófico, pero non posúen o rigor e cientificidade propios dos grandes historiadores da filosofía.

Historia e características

Esta disciplina atópase nunha posición ambigua e intermedia entre a Historia e a Filosofía. Algúns autores, por exemplo Wilhelm Dilthey, consideran que non é máis que unha rama particular da Historia xeral. En consecuencia, sería unha ciencia histórica, tendo como función expoñer o máis fielmente posible o pensamento dos filósofos habidos ó longo do tempo, pero non sería Filosofía, isto é, unha actividade creadora e produtora de filosofía. O cultivador desta disciplina sería un historiador, pero non un filósofo. Así considerada, a Historia da Filosofía estaría exposta ós problemas típicos dunha disciplina histórica calquera: determinación das fontes, recolección e ordenación de datos, obxectividade expositiva etc. Outros autores, en cambio, consideran que a Filosofía é esencialmente Historia da Filosofía, isto é, ninguén pode crear filosofía se non entronca os seus pensamentos dentro da propia tradición filosófica dándolles continuidade e ó mesmo tempo transformándoos a través dun selo persoal. Nesta última concepción podería encaixar, por exemplo, Hegel. Para este último só a Historia da Filosofía que é tamén Filosofía merece ser considerada como tal. Desde esta perspectiva a Historia da Filosofía coincide coa Filosofía mesma, non sendo esta outra cousa que a acumulación do pensamento racional da humanidade. En toda época a Filosofía sería a súa historia, é dicir, Historia da Filosofía.

Guiado pola perspectiva de dar continuidade á Historia da Filosofía, o filósofo alemán do século XIX Wilhelm Windelband cría que a única maneira de acadalo consistiría en expoñer a historia dos problemas filosóficos (Problemsgeschicte), e non dos filósofos, posto que aqueles serían o único estable e permanente na historia do pensamento.

De todas as maneiras, a tendencia dominante na maioría dos actuais historiadores da filosofía é a concepción historicista, máis que a filosófica ou a Problemsgeschicte.

Períodos

En canto á división das distintas etapas históricas polas que atravesa a filosofía, aínda que non hai pleno consenso en canto a cuestións de detalle, sóense establecer, a grandes trazos, catro períodos, entre os que non hai auténtica ruptura, senón máis ben cada período destes xorde como consecuencia de vicisitudes sociais que, no plano intelectual, prolongan e reformulan o pensamento de etapas anteriores. É así que se establece a seguinte división: Filosofía antiga (Grecia e Roma clásicas), Filosofía medieval (patrística e Escolástica)), Filosofía moderna (dende Descartes ata a morte de Hegel. Respecto deste período di Russell: está máis dominado pola ciencia que ningún anterior; as crenzas relixiosas tradicionais conservan a súa importancia, pero síntese a necesidade de xustificalas, e modificalas onde queira que a ciencia parece impor esta esixencia) e Filosofía contemporánea (dende as grandes reaccións contra o sistema hegeliano ata os nosos días). Así mesmo, é frecuente sinalar o Renacemento (S. XV e XVI) como período intermedio e transitorio entre o medievo e a modernidade.

En cada unha destas etapas domina, á súa vez, un determinado punto de vista filosófico que, en certa medida, xustifica a división: o problema da natureza (physis) nos antigos, a cuestión teolóxica (Deus) nos medievais, a Teoría do coñecemento nos modernos e, por último, a complexidade do panorama contemporáneo diversificado en temas de Antropoloxía, Filosofía da linguaxe, Filosofía da ciencia e Filosofía política.

Períodos da filosofía occidental

Filosofía grega
Filosofía presocrática: conxunto heteroxéneo de filósofos e escolas filosóficas gregas anteriores a Sócrates.

Filósofos pluralistas:

Filosofía antropolóxica: O home como preocupación básica (s. V a.C)

Filosofía globalizadora e sistemática: preocupación por todos os temas filosóficos, pola realidade no seu conxunto (s. IV a.C).

Filosofía clásica: filosofía correspondente ao chamado Século de Pericles, momento no que esta disciplina chega ao seu máximo apoxeo no mundo grego. Sócrates, Platón (realista e fundador da Academia) e Aristóteles (fundador do Liceo).

Filosofía helenística: Tamén chamada alexandrina ou postaristotélica. Tratase da filosofía que florece durante o período helenístico. Preocupación polos temas morais, pescuda da maneira de ser feliz (finais do (s. IV a.C) ao (II a.C)

Académicos: continuadores da Academia platónica.

Peripatéticos continuadores do Liceo aristotélico: Teofrasto | Estratón de Lampsaco | Aristoxeno | Satiro

Estoicismo: a virtude como ben supremo; a apatía. (Antiga e media Estoa): Zenón de Citio | Cleantes | Crisipo

Epicureísmo: hedonismo, Epicuro (fundador do epicureísmo no Xardín e tamén atomista)

Escépticos: Pirrón de Elis | Sexto Empírico

Cínicos: Dióxenes de Sinope | Crates de Tebas | Hiparquía

Megarenses ou megáricos:

Cirenaicos: Aristipo de Cirene

Helenismo xudeu: Filón de Alexandría (Vida contemplativa)

Neoplatonismo: Amonio Saccas | Plotino | Porfirio | Jámblico | Edesio de Capadocia | Plutarco de Atenas | Proclo | Damascio | Simplicio de Cilicia | Hipatia

Filosofía romana
Entre os romanos estaban moi difundidas as ideas do estoicismo, o epicureísmo e dos académicos. De feito, moitos pensadores deste período eran máis ben eclécticos. Neste sentido, o caso paradigmático é Cicerón.

Estoicos (nova ou tardía Estoa): Séneca | Marco Aurelio | Epicteto | Cicerón

Epicúreos: Lucrecio

Académicos: Cicerón | Boecio

Filosofía medieval
Na medida en que o pensamento medieval estaba dominado por la fe cristiá, a filosofía perde a súa antiga autonomía e devén ancilla Theologiae, vale dicir, pasa a estar subordinada á teoloxía.

Patrística: Xustino Mártir | Clemente de Alexandría | Oríxenes | San Ireneo | Santo Agostiño | Tertuliano | Lactancio | Atanasio de Alexandría | Gregorio de Nisa | Basilio o Grande | Gregorio Nacianceno

Filosofía non cristiá: Alfarabi | Avicena | Avempace | Ibn Tufayl | Averroes | Maimónides | Abenarabi

Escolástica: Escoto Eríxena | Santo Anselmo | Pseudo Dionisio Aeropagita | Duns Scoto | Tomé de Aquino | San Boaventura | Guillerme de Ockham | Francisco Suárez | Nicolás de Cusa

Filosofía renacentista
Petrarca | Lorenzo Valla | Coluccio Salutati | Leonardo Bruni | Leon Battista Alberti | Erasmo de Rotterdam | Michel de Montaigne | Marsilio Ficino | Pico della Mirandola | Tomás Moro | Tomás Campanella | Francis Bacon | Giordano Bruno | Galileo Galilei
Filosofía moderna
As características fundamentais da filosofía da Idade Moderna foron unha renovada confianza do home nas súas facultades racionais, e unha progresiva secularización da cultura, o que significa unha cada vez menor importancia da condición relixiosa en favor da condición laica.

Filosofía política: Nicolás Maquiavelo | Jean Bodin | Thomas Hobbes | Montaigne

Racionalismo: Descartes | Spinoza | Leibniz | Pascal

Empirismo: Locke | Hume

Ilustración: Voltaire | Montesquieu | Rousseau

Idealismo: Berkeley | Kant | Fichte | Schelling | Hegel | Schopenhauer

Filosofía contemporánea

Utilitarismo: Bentham | Mill

Irracionalismo: Kierkegaard | Schopenhauer

Materialismo histórico: Marx | Materialismo dialéctico: Engels

Positivismo: Comte

Vitalismo: Bergson | Nietzsche | José Ortega y Gasset | Dilthey

Pragmatismo: William James | Dewey

Filosofía analítica: Russell | Carnap | Wittgenstein | Moore | Kripke | Nagel | Davidson | Putnam | Ryle | Austin | Strawson | Searle | Círculo de Viena | Escola de Berlín

Fenomenoloxía (en sentido moi amplo): Husserl | Merleau-Ponty | Scheler | Heidegger | José Ortega y Gasset | Xavier Zubiri

Existencialismo e filosofía da existencia :

Escola de Frankfurt: Horkheimer | Adorno | Walter Benjamin | Marcuse | Habermas

Hermenéutica: Gadamer | Ricoeur

Filosofía da ciencia: Popper | Kuhn | Feyerabend | Lakatos

Filosofía neoaristotélica: Neotomismo | obxectivismo| Antonio Rosmini | Jacques Maritain

Tradición Marxista: Lenin | Gramsci | Althusser | Karl Korsch | Lukács | Bloch

Filosofía posmoderna: | Deleuze | Derrida| (deconstruccionista) | Foucault | Cioran | Lyotard | Rorty | Vattimo

Véxase tamén

Bibliografía

Menciónanse aquí só algunhas das historias xerais da filosofía de maior difusión ou prestixio:

  • Abbagnano, N.: Storia della Filosofía, 1946-1955, 3 vol.
  • Aróstegui, A.: Esquemas para una Historia de la Filosofía occidental, 1953
  • Bréhier, E.: Histoire de la Philosophie, 1926-1932, 2 vol.
  • Copleston, F.: A history of Philosophy, 1963-1968, 8 vol.
  • Fraile, G/ Urdánoz, T.: Historia de la filosofía, 1966-1991, 6 Vol.
  • Geymonat, L.: Storia del pensiero filosofico e scientifico, 1970, 7 vol.
  • González Álvarez, A.: Manual de historia de la filosofía, 1964 (3ª edic.)
  • Hegel, G. W. F.: Vorlesungen der über die Geschichte der Philosophie (Leccións sobre a historia da filosofía), 1833, ed. de Karl Ludwing Michelet .
  • Hirschberger , J.: Geschichte der Philosophie (Historia da filosofía), 1949, 2 vol.
  • Felipe Martínez Marzoa.: Historia de la filosofía, 1973, 2 vols.
  • Russell, B.: History of the Western Philosophy (Historia da filosofía occidental), 1945
  • Ueberweg, F.: Grundiss der Geschichte der Philosophie (Compendio de historia da filosofía), 1863-1866 (reelaborado posteriormente por varios autores ata incluír a primeira metade do século XX), 7 vol.
  • Windelband-Heimsoeth, Lehrbuch der Geschichte der Philosophie (Libro de historia da filosofía), 1892,1935, 1957.
  • Worländer, K., Geschichte der Philosophie, 1903, 2 vol.

Tags:

Historia Da Filosofía Historia e característicasHistoria Da Filosofía Véxase taménHistoria Da FilosofíaFilosofíaGrecia antigaOccidente

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

CorzoNoiaConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesHorteláArceAs Pontes de García RodríguezIrmandiñosJava (linguaxe de programación)Lista de ósos do esqueleto humanoNormativa oficial do galegoXosé Neira VilasVerónica ForquéBidueiroLista de palabras galegas de orixe celtaOs adverbios galegosRoberto VerinoHelsingin JalkapalloklubiEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Lingua inglesaLista de filmes coas maiores recadaciónsAbrilLuís CíliaCuruxa comúnMario CaneiroLuís SeoaneDonicelaAntón Villar PonteEuropaIgnacio Rivera QuintanaMíster EspañaPanteón de Galegos IlustresHeraldo de ViveroCarbohidratoGalería de imaxes de arañas de GaliciaMiguel de Cervantesoyz9zMasculino e feminino en galegoDomingoDiego Rivas RegoPortadaXosé Luís BernalJohannes VermeerCAntiga CartagoValenciaFalange EspañolaShinovaDodecágonoBilbaoCarmen LovelleAdolfo SuárezParafusoMedoBeatriz Luengo25 de abrilXunta Suprema do Reino de GaliciaCastro de Punta do BicoVicente RiscoReino de GaliciaO PorriñoDoenza de Paget de mamaMecanismo de AnticiteraNacho CastañoOtelo Saraiva de CarvalhoElena CandiaCristina LosadaCangas🡆 More