Jean-Paul Sartre: Escritor e filósofo francés

Jean-Paul Sartre, nado en París o 21 de xuño de 1905 e finado na mesma cidade o 15 de abril de 1980, foi un escritor e filósofo francés, representante da corrente existencialista, cuxa obra e personalidade marcaron a vida intelectual e política de Francia desde 1945.

ata finais da década de 1970.

Infotaula de personaJean-Paul Sartre
Jean-Paul Sartre: Traxectoria, Filosofía, Sartre e a literatura
Jean-Paul Sartre: Traxectoria, Filosofía, Sartre e a literatura
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Jean-Paul Sartre Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Jean-Paul Charles Aymard Sartre Editar o valor em Wikidata
21 de xuño de 1905 Editar o valor em Wikidata
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte15 de abril de 1980 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
XIV Distrito de París, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Edema Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaLaon (1936–1937)
Le Havre (1931–1936)
La Rochelle
Meudon
París Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónLycée Henri-IV
Liceo Louis-le-Grand
Cours Hattemer (en) Traducir
École Normale Supérieure
Universidade de París Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, epistemoloxía, Ética, política, fenomenoloxía e ontoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndramaturgo , filósofo , escritor , escritor político , activista pola paz , Intelectual , xornalista de opinión , sociólogo , membro da resistencia , crítico literario , epistemólogo , ensaísta , novelista , biógrafo , guionista , letrista Editar o valor em Wikidata
Período de tempoFilosofía contemporánea Editar o valor em Wikidata
EmpregadorLycée Condorcet (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNovela, teatro ensaio (político e filosófico), conto
MovementoExistencialismo, ateísmo, fenomenoloxía, Filosofia francesa (pt) Traducir, Marxismo e Filosofía continental Editar o valor em Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioJacques Guillemin Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra de Alxeria e segunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeSimone de Beauvoir
ParellaSimone de Beauvoir
Wanda Kosakiewicz (pt) Traducir
Michelle Vian
Olga Kosakiewicz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiJean-Baptiste Sartre Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
23 de abril de 1980Funeral (Crématorium-columbarium du Père-Lachaise (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Jean-Paul Sartre: Traxectoria, Filosofía, Sartre e a literatura Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0765683 IBDB: 9439
Bitraga: 268 Dialnet: 21618 iTunes: 193502928 Musicbrainz: dfab8dec-17bc-48dc-9764-f849a3cb4236 WikiTree: Sartre-1 Find a Grave: 1161 Editar o valor em Wikidata

Escritor prolífico, fundador e editor da revista Les temps modernes (Tempos modernos, en galego) (1945), foi coñecido tanto pola súa obra filosófica e literaria como polos seus compromisos políticos, primeiro en relación co Partido Comunista, despois, na década de 1970, coas correntes de esquerda lenista máis concretamente maoístas.

Intransixente e fiel ás súas ideas, rexeitou sempre tanto as honras como calquera forma de censura; rexeitou notablemente o Premio Nobel de Literatura en 1964. Aínda que fixo unha notable excepción cando aceptou o título de doutor honoris causa da Universidade de Xerusalén en 1976. Negouse a dirixir unha serie de programas de televisión que lle ofreceron, porque requirían un modelo previo, e explicou: «Son demasiado vello para facer exames.» Contribuíu á creación do xornal Libération (1973), chegando a vendelo el mesmo nas rúas para dar máis publicidade ao seu lanzamento..

Sartre mantivo unha relación aberta coa destacada feminista e tamén filósofa existencialista Simone de Beauvoir. Xuntos, Sartre e de Beauvoir desafiaron as presuntas expectativas sociais e culturais da súa educación, que consideraban burguesa, tanto no estilo de vida como no pensamento. As súas filosofías, aínda que moi próximas, non se poden confundir. Desde 1949 ata a súa morte, mantivo simultaneamente un romance con Michelle Vian, a primeira esposa de Boris Vian, que mecanografaba os seus textos para publicalos na revista Les temps modernes.,.

Outros intelectuais xogaron para el un papel importante en diferentes etapas da súa vida: Paul Nizan e Raymond Aron, os seus compañeiros durante a etapa na Escola Normal Superior de París; Maurice Merleau-Ponty e Albert Camus nos anos da posguerra, e Benny Lévy (alias Pierre Victor) ao final da súa vida.

Segundo moitos comentaristas e para o propio Sartre, a súa vida foi dividida en dous pola segunda guerra mundial. Podemos distinguir entón dous grandes períodos na obra de Sartre: primeiro un enfoque filosófico teórico centrado na ontoloxía de L'Être et le Néant). (O Ser e a Nada) (1943) ; despois un período máis práctico, onde o autor busca aplicar o seu método exposto na Critique de la raison dialectique (Crítica da razón dialéctica) (1960). Este segundo período do seu traballo influíu fortemente en sociólogos cualitativistas como Erving Goffman.

Jean-Paul Sartre deixa atrás un traballo considerable, en forma de novelas, ensaios, obras de teatro, escritos filosóficos ou biografías. A súa filosofía marcou a posguerra, e é, con Albert Camus, un símbolo do intelectual comprometido. Do mesmo xeito que a este último, en 1957, tamén se lle concedeu o Premio Nobel de Literatura en 1964.

Do seu suposto compromiso coa resistencia en 1941 (compromiso cuestionado pola súa actitude problemática durante a ocupación), ata a súa morte en 1980, Sartre seguiu facendo titulares. De feito, estivo involucrado en moitos asuntos, abrazando ferventemente as causas que considera correctas. Ás veces foi comparado como o Voltaire do século XX, Sartre seguio sendo un activista ata o final da súa vida.

Traxectoria

Xuventude e compromiso

Jean-Paul Sartre: Traxectoria, Filosofía, Sartre e a literatura 
Jean-Paul Sartre cara a 1910.

Infancia

Jean-Paul Charles Aymard Sartre naceu o 21 de xuño de 1905 , no número 13 da rúa Mignard no distrito 16 de París. Fillo único, procedía dunha familia burguesa : súa nai Anne-Marie Schweitzer, pertencía a unha familia de intelectuais e profesores alsacianos, os Schweitzer (era curmá de Albert Schweitzer), o seu tío materno Georges Schweitzer, irmán da súa nai polo tanto, era politécnico, enxeñeiro en enxeñería marítima,, seu pai, Jean-Baptiste, era fillo dun médico de Thiviers, era tamén enxeñeiro da promoción de 1895, titulado en 1897 como oficial naval,,. A parella uniuse o 3 de maio de 1904 no Distrito 16 de París e o pequeno Sartre, nado uns trece meses despois, nunca coñeceu a seu pai, que morreu de febre amarela o 17 de setembro de 1906 , quince meses despois do seu nacemento.

De 1907 a 1917, o pequeno "Poulou", como lle chamaban, foi vivir coa súa nai a casa dos seus avós maternos. Alí pasou dez anos felices, adorado, mimado, felicitado cada día, o que sen dúbida contribuíu a construír nel un certo narcisismo. Orfo aos quince meses, así que foi o seu avó, Charles Schweitzer, profesor asociado xubilado de alemán, autor de Deutsches Lesebuch, un método experimental recoñecido baixo a III República, que no educa antes de entrar na escola pública aos dez anos. Na gran biblioteca da casa Schweitzer descubriu a literatura moi cedo, e preferiu ler antes que socializar con outros nenos. Dende pequeno padeceu estrabismo, tamén cando tiña tres anos perdeu case por completo a vista do ollo dereito, xa débil polo defecto conxénito, por mor dunha enfermidade infantil. O período da infancia foi narrado polo propio Sartre na súa autobiografía Les Mots.).

Este período remata o 26 de abril de 1917 cando a súa nai volveu casar con Joseph Mancy, enxeñeiro marítimo,, da mesma promoción que o seu irmán Georges e do seu defunto marido. Sartre, entón de 12 anos, nunca deixará de odiar ao seu padrasto. A parella trasladouse entón a La Rochelle, onde Sartre permanecerá ata a idade de 15 anos, tres anos que serán anos de calvario para el: pasa do ambiente familiar feliz á realidade dos estudantes de secundaria que lle parecen violentos e crueis..

No verán de 1920, Jean-Paul Sartre cae enfermo e é trasladado a París. Preocupado pola súa educación, que podería ser "pervertida" polos mozos rebeldes do liceo Eugène-Fromentin de La Rochelle, a súa nai decide que o seu fillo quedará en París.

Anos de estudo

Jean-Paul Sartre: Traxectoria, Filosofía, Sartre e a literatura 
Jean-Paul Sartre, estudante da Escola Normal Superior de París en 1924.

Aos trece anos, estivo brevemente matriculado no liceo Montaigne. Os 16 anos, Sartre volve ao liceo Henri-IV onde fora alumno en quinto e sexto. Alí coñece a Paul Nizan, tamén aprendiz de escritor, co que establecerá unha amizade tan estreita que foron alcumados. « Nitre et Sarzan ». Apoiado por esta amizade, Sartre comeza a construirse unha personalidade propia. Para toda a «clase elitista» -"opción" latín e grego- na que estuda, Sartre convértese no SO, é dicir, o "sátiro oficial": sobresae de feito na faceta das bromas.

Sartre, sempre acompañado de Paul Nizan, prepara a proba de acceso a Escola Normal Superior no liceo Louis-le-Grand. Alí fixo o seu debut literario, escribindo sobre todo dous contos, dúas historias sinistras de mestres de provincias, nos que mostraba a súa ironía e o seu desgusto polo convencional. Ao mesmo tempo, Sartre, xunto con Nizan, retoma o seu papel de animador público facendo bromas e pequenas obras entre clases. En 1924, dous anos despois da súa entrada en Louis-le-Grand, Sartre e Nizan foron ambos admitidos no concurso de ingreso para a Escola Normal Superior de París (ENS) ,

Sartre destacou inmediatamente no que Nizan deu en chamar "escola normal e superior". Sartre foi o formidable instigador de todas as bromas e arremedos, chegando mesmo a provocar un escándalo ao realizar un sketch antimilitarista cos seus amigos na revista da ENS de 1927, tras o cal Gustave Lanson, director da escola, dimitiu. Ese mesmo ano, asinou xunto cos seus compañeiros, e tras Alain, Lucien Descaves, Louis Guilloux, Henry Poulaille, Jules Romains, Séverine... , a protesta (publicada o 15 de agosto na revista Europa) contra a lei de organización xeral da nación para tempos de guerra, que abrogaba toda independencia intelectual e toda liberdade de opinión.

Sartre xa ten gusto pola provocación e pola loita contra a autoridade. Tamén adquiriu gran notoriedade entre os seus profesores e recibía unha grande ovación cada vez que chegaba ao refectorio. Se Sartre é un bromista, tamén é un gran traballador, devora máis de 300 libros ao ano, escribe cancións, poemas, contos e novelas sucesivamente. Sartre trabou amizade con algúns dos que máis tarde se farían famosos, como Pierre-Henri Simon, Raymond Aron,, Maurice Merleau-Ponty e Henri Guillemin.

Con todo, durante os seus catro anos na *École normale supérieure, Sartre non pareceu interesarse pola política. Espontaneamente anarquista, non acudiu a ningunha manifestación, nin se entusiasmou por ningunha causa. Para sorpresa dos seus admiradores, que se preguntaban por un posible erro do xurado, Sartre suspendeu as oposicións de 1928 para a ser agregado de filosofía, mentres que Raymond Aron foi clasificado en primeiro lugar., El mesmo diria que era demasiado orixinal.

Jean-Paul Sartre: Traxectoria, Filosofía, Sartre e a literatura 
Simone de Beauvoir e Jean-Paul Sartre diante da estatua de Balzac en París

Preparándose a fondo para as oposicións por segunda vez, coñece no seu grupo de traballo a Simone de Beauvoir, presentada por un amigo común, René Maheu, a quen alcumou "castor", en referencia ao inglés beaver (que significa "castor": por unha banda, este animal simboliza o traballo e a enerxía, ou o espírito construtivo deste animal; por outra banda, o son da palabra castor é próximo ao do nome 'Beauvoir'). Este alcume será adoptado por Sartre e ela converterase na súa compañeira ata o final da súa vida. Ela será o seu "amour nécessaire" (amor necesario) fronte aos "amours contingentes" (amores continxentes) que ambolos dous experimentarán.. En 1929, no segundo intento, Sartre obtivo o primeiro posto no concurso para de funcionario. Simone de Beauvoir obtivo o segundo posto..

Por consello de Raymond Aron, Sartre completa a partir de novembro de 1929 o seu servizo militar obrigatorio dun ano na sección de meteoroloxía do exército do aire, con Aron como sarxento de instrución., O mesmo Raymond Aron aconselloulle en 1930 a lectura da Théorie de l'intuition dans la phenomenologie de Husserl (Teoría a intuición na fenomenoloxía de Husserl), unha obra de Emmanuel Levinas. Sartre consegue o libro. O descubrimento de Husserl foi para el unha sorpresa. Sartre dise a si mesmo: «Ah, pero xa atopou todas as miñas ideas».

Pasa un ano no Instituto francés de Berlín, completa a súa iniciación á fenomenoloxía de Husserl. Ao seu regreso do servizo militar, con 26 anos entón, Sartre cobizou un posto de tradutor no Xapón, país que sempre lle interesou.. O seu soño faise cachizas e en marzo de 1931 denégaselle unha praza e envíaselle ao Lycée de Le Havre, hoxe Lycée François-Ier. Foi o comezo dun calvario para Sartre, que tanto temía a vida ordenada e que tanto criticara nos seus escritos a aburrida vida dun mestre de provincias. De 1936 a 1939, ensina en Le Havre, Laon e París.

Anos en Le Havre: cruzando o deserto

Sartre entra entón de cheo na vida real, o traballo e a vida cotiá. Se cos seus modos choca un pouco cos pais e profesores, como chegar a clase sen gravata, estes seducen aos seus alumnos, para os que é un excelente profesor, cálido e respectuoso, e moitas veces un amigo. De aí nace a súa complicidade coa adolescencia, un contacto que sempre lle gustará ter ao longo da súa vida.[Cómpre referencia]

En 1932 descobre Voyage au bout de la nuit de Louis-Ferdinand Céline , unha obra que lle causaría unha impresión duradeira. No verán de 1933, sucedeu a Raymond Aron no Instituto Francés de Berlín, quen, a cambio de boa vontade, sucedeulle no Liceo de Le Havre desde o outono de 1933 ata o verán de 1934.. Sartre completa entón a súa introdución á fenomenoloxía de Husserl e descobre a obra de Martin Heidegger, Sein und Zeit (Ser e Tempo). Tamén neste caso, é un shock.

En outubro de 1934 retomou o seu posto en Le Havre. En 1936 publicou L'Imagination e La Transcendance de l'Ego. Presentou o manuscrito de La Nausée a Gallimard, que o rexeitou a pesar da valoración positiva de Paulhan. A gloria que pensaba que conseguiría desde neno, estes anos en Le Havre poñenlla en cuestión En outubro de 1936 obtivo o seu traslado á escola normal de mestres en Laon, no departamento de Aisne onde ensina un ano no ensino superior.

Ao ano seguinte, Sartre é trasladado ao Lycée Pasteur de Neuilly-sur-Seine, onde coñece a Robert Merle. Iniciou entón unha breve fase de notoriedade coa publicación, en xullo de 1937, na revista Nouvelle Revue française, dun conto, Le Mur, que se reeditou en 1939 na colección Le Mur. Gide consideraba esta colección como unha "obra mestra". Despois retomou o seu manuscrito de Melancholia e en abril de 1938 aceptou o título final La Nausée que lle propuxera Gaston Gallimard. O libro, que non obtivo por pouco o premio Goncourt, é unha novela filosófica ("fenomenolóxica") e un tanto autobiográfica, marcada pola influencia de Céline, que narra os tormentos existenciais de Antoine Roquentin, solteiro de 35 anos e historiador de profesión.

Esta florecente fama viuse abruptamente eclipsada polo estalido da segunda guerra mundial: Sartre foi mobilizado o 2 de setembro de 1939 ,.

Guerra e ocupación

Antes da guerra, Sartre non tiña conciencia política. Era pacifista, pero sen militar pola paz, o antimilitarista Sartre enfróntase, con todo, á guerra sen vacilar. A experiencia da guerra e a vida en comunidade transformaranno por completo.

Durante a "guerra de broma" ("drôle de guerre"), foi destinado, á 70ª división, ao campo de aviación militar de Essey-lès-Nancy, como soldado encargado dos recoñecementos meteorolóxicos. Unha semana máis tarde, debido á súa miopía, foi trasladado a Marmoutier (Baixo Rin), e despois a Ittenheim, Brumath, Morsbronn e Bouxwiller.,.

O seu traballo deixáballe moito tempo libre, tempo que aproveitaba para escribir moito (de media doce horas diarias durante nove meses, é dicir, 2.000 páxinas, das que unha pequena parte será publicada baixo o título de Carnés da drôle de guerre). A súa primeira razón para escribir era evitar o contacto cos seus compañeiros, xa que as relacións serias e xerárquicas do exército resultábanlle bastante difíciles de soportar..

A guerra de broma remata en maio de 1940, e o falso conflito faise moi real. O 21 de xuño Sartre foi feito prisioneiro en Padoux (Vosgos), e foi trasladado ao campo de prisioneiros Stalag XII D de 25.000 prisioneiros en Alemaña, preto de Tréveris. A súa experiencia como prisioneiro marcouno profundamente: ensinoulle a solidariedade cos homes. Lonxe de sentirse limitado, participou na vida da comunidade, contando historias e chistes aos seus compañeiros de barracón, participando en combates de boxeo e escribindo e dirixindo unha obra de teatro para a Noiteboa de 1940, Bariona, ou le Fils du tonnerre. Ambientada en Xudea na época da ocupación romana, mostra a un oficial romano facendo duros comentarios sobre os xudeus. O cabo Jean Pierre, compañeiro de prisión de Sartre, considerou que a obra era antisemita. Annie Cohen-Solal, biógrafa de Sartre, preguntábase se estes comentarios debían atribuírse á irreflexión ou á torpeza de Sartre.e.

Jean-Paul Sartre: Traxectoria, Filosofía, Sartre e a literatura 
Número 24 da rue Cels de París, onde Sartre viviu en varias ocasións durante a guerra..

Esta vida no campo de prisioneiros é importante, porque é o punto de inflexión da súa vida: a partir de agora xa non é o individualista dos anos 30, senón que se pon un deber na comunidade.

En marzo de 1941 Sartre queda en liberdade grazas a un certificado médico falso que alega "cegueira parcial do ollo dereito". Segundo os autores Gilles e Jean-Robert Ragache, debe a súa liberación á intervención de Drieu la Rochelle:

No outono do 40, Drieu anotara no seu caderno unha lista de escritores encarcerados -entre os que figuraba Sartre- seguida das palabras: "Esixir a liberación dos autores -contrapartida da miña acción...". N.R.F..

De volta en París, fundou con algúns dos seus amigos, entre eles Simone de Beauvoir, o movemento de Resistencia, "Socialisme et liberté". Annie Cohen-Solal menciona varios encontros, en particular con Maurice Merleau-Ponty, Raymond Marrot, Simone de Beauvoir, François Cuzin, Simone Debout-Oleszkiewicz, Yvonne Picard, Jean Pouillon e Jacques-Laurent Bost. Menciona a redacción e distribución de folletos e cita os testemuños de Beauvoir, Georges Chazelas, Dominique e Jean-Toussaint Desanti. Herbert R. Lottman tamén informa da breve existencia deste grupo . Hai que sinalar, con todo, que ningunha investigación puido descubrir probas da existencia deste movemento (o Catalogue des périodiques clandestins diffusés en France de 1939 à 1945, publicado pola Bibliothèque nationale en 1954, non o menciona) nin da actividade de resistencia de Sartre durante este período, como confirmou o xornalista da resistencia Henri Noguères ao historiador Gilbert Joseph :

Manteño que nos preto de vinte anos que levo investigando e traballando na historia da Resistencia en Francia, nunca coñecín a Sartre nin a Beauvoir.,.
Jean-Paul Sartre: Traxectoria, Filosofía, Sartre e a literatura 
Placa conmemorativa na rua de Cels

Tamén foi moi criticado por Jankélévitch, que o reprochaba de estar máis preocupado por facer progresar a súa carreira que por denunciar ou opoñerse ao poder ocupante.. Dise que no verán de 1941 percorreu as provincias en bicicleta, nun intento infrutuoso de estender o movemento fóra da capital e de reunir a outros intelectuais como Gide ou Malraux. Tras a detención de dous camaradas, o grupo "Socialisme et liberté" disólvese a finais de 1941.. Sartre sempre recoñeceu o fracaso deste intento, dicindo despois da guerra: "Non eramos resistentes que escribían, senón escritores que resistían.»[Cómpre referencia].

En outubro de 1941 Jean-Paul Sartre foi destinado ao Liceo Condorcet como profesor de khâgne (clase preparatoria literaria) en substitución de Ferdinand Alquié. Este posto foi ocupado inicialmente (ata 1940) polo profesor Henri Dreyfus-Le Foyer, que foi destituído polo seu xudaísmo. Sartre certificara previamente pola súa honra que non era masón nin xudeu, como esixían as autoridades francesas.. Este feito, revelado en outubro de 1997 polo xornalista Jean Daniel nun editorial do Nouvel Observateur, deulle unha vantaxe indubidable, que se lle botaría en cara, pero non así a Ferdinand Alquié que tamén usara o mesmo argumento no seu momento. Ingrid Galster expón a cuestión da calidade do compromiso de Sartre e sinala "quixera ou non: obxectivamente, beneficiouse das leis raciais de Vichy". Durante este período, publicou varios artigos na revista colaboracionista Comœdia., que foi dirixida desde o 21 de xuño de 1941 até o 5 de agosto de 1944 por René Delange e controlada pola Propagandastaffel alemána ("escuadrón de propaganda").,.

En 1943, Sartre fixo representar no teatro unha obra que escribira, As moscas, baseada no mito de Electra e presentada como unha chamada simbólica a resistir ao opresor. Esta interpretación foi impugnada, en particular por Gilbert Joseph, que consideraba que a intención de resistir estaba ausente ou era invisible.. Foi na estrea onde coñeceu a Albert Camus. Durante a ocupación alemá de Francia na segunda guerra mundial, a obra non tivo a repercusión esperada: os teatros quedaron baleiros e as representacións interrompéronse antes do previsto. Para Jean Amadou, esta representación foi máis ambigua:

En 1943, no ano máis escuro da ocupación alemá de Francia durante a segunda guerra mundial, puxo en escena As moscas en París. É dicir, fixo exactamente o mesmo que Sacha Guitry, representar as súas obras ante un público de oficiais alemáns, coa diferenza de que na liberación de Francia, Guitry foi detido mentres que Sartre era membro do comité de depuración, que decidía que escritores podían seguir publicando e cales debían ser prohibidos. André Malraux, que arriscara a súa vida na Resistencia, non se cría con dereito a formar parte deste autoproclamado tribunal..

Chega a profesor, populariza o existencialismo francés, que el contribúe a definir (O existencialismo é un humanismo 1946). Adquire notoriedade e acada un vasto público grazas ás súas novelas (A náusea 1938, O muro 1939) e obras de teatro (As moscas 1943) que permiten difundir as súas ideas.

En 1945, crea a revista Temps Modernes. Despois de ter seguido a liña do partido comunista, cúlpao no 1956 da represión da sublevación húngara e da intervención soviética en Checoslovaquia no 1968. Durante a guerra de Alxeria, toma partido pola F.L.N..

Simbolizando o intelectual comprometido, multiplica as tomas de postura políticas. Concédenlle en 1964 o Premio Nobel de Literatura, mais el rexéitao.

Morre o 15 de abril de 1980 no hospital Brousses (París) aos 74 anos de idade tras unha longa enfermidade que xa o apartara da dirección do xornal Libération uns anos antes. Foi soterrado, no cemiterio de Montparnasse en París xunto con Simone de Beauvoir, o 20 de abril e aos seus funerais asistiron unhas 50.000 persoas.

Filosofía

  • Continxencia do ser : o mundo está "absorto", sen razón. Existe simplemente, sen "fundamento". As cousas e os homes existen de feito, e non de dereito. (Véxase A Náusea).
  • O home é definido pola consciencia (o per-se que se opón ao en-si). O home está polo tanto fundamentalmente aberto ao mundo, "incompleto", "volto cara a", existente (proxectado fóra de si)

A consciencia é o que non coincide xamais con si-mesmo, o que é potencia de neantización grazas á imaxinación (ela pode pensar o que non é). A consciencia fai polo tanto o proxecto posible.

  • O home é absolutamente libre: non é nada mais que o que el fai da súa vida, é un proxecto. A existencia precede á esencia (contra Hegel: non ten esencia predeterminada, a esencia é libremente elixida polo existente).
  • O home está condenado a ser libre : non se comprometer, é tamén unha forma de compromiso: é responsable diso.

Ademais, Deus non existe, polo tanto o home é a única fonte de valor e de moralidade; el está condenado a inventar a súa propia moral.

  • O concepto freudiano de inconsciente, substituído pola noción de "maldade foi": o inconsciente non sabería absorber o absoluta liberdade do home.

Sartre e a literatura

Durante as décadas de 1940 e 1950 as ideas de Sartre acadaron gran popularidade e o existencialismo foi unha visión filosófica moi estendida nesa xeración en Europa e Estados Unidos. En 1948 a Igrexa católica incluíu tódalas obras de Sartre no Índice de libros prohibidos.

No ano 1964 obtivo o Premio Nobel de literatura pola súa obra, premio que o autor rexeitou a causa da súa significancia burguesa.

Sartre e o cinema

Interesado no cinema coma un medio para expresar as súas ideas realizou no ano 1947 a súa primeira colaboración nun guión, no filme Jeux sont faits, dirixido por Jean Delannoy. Participou en varias adaptacións das súas obras e en 1957 foi nomeado aos Premio Oscar de Hollywood pola súa historia orixinal para a película Les Orgueilleux, dirixida por Yves Allégret en 1953.

Obras

  • 1936 : L'imagination (A imaxinación), ensaio filosófico.
  • 1937 : La trancendance de l'égo (A transcendencia do ego), Ensaio filosófico.
  • 1938 : La Nausée (A náusea), novela.
  • 1939 : Le Mur (O paredón), contos. Publicado en galego en 1989 por Xerais na colección Grandes do noso tempo, traducido por Xosé María Proupín Fernández.
  • 1940 : L'imaginaire (O imaxinario), ensaio filosófico.
  • 1943 : As moscas (Les Mouches), teatro. Publicado en galego en 2008 por Edicións Laiovento, traducido por Xosé Manuel Beiras.
  • 1943 : L'être et le néant (O ser e o nada), tratado filosófico.
  • 1943 : Réflexions sur la question juive (Reflexións sobre a cuestión xudaica), Ensaio político.
  • 1945 : Huis-clos (Entre catro paredes), teatro.
  • Les Chemins de la liberté (Os camiños da liberdade) triloxía, comprendendo:
    • 1945 : L'âge de raison (A idade da razón), novela.
    • 1947 : Le sursis (Sursis), novela.
    • 1949 : La mort dans l'Âme (Coa morte na alma), novela.
  • 1946 : Morts sans sépulture (Mortos sen sepultura), teatro.
  • 1946 : O existencialismo é un humanismo (L'Existentialisme est une humanisme), ensaio filosófico.
  • 1946 : A puta respectuosa (La putain respectueuse), teatro.
  • 1947 : Qu'est ce que la littérature? (Que é a literatura?), ensaio.
  • 1947 : Baudelaire.
  • 1947 : Situations, colleita de ensaios (19471965).
  • 1948 : Les Mains sales (As mans sucias), teatro.
  • 1951 : Le diable et le bon dieu (O diabo e o bo Deus), teatro.
  • 1952 : Les jeux sont faits (Os dados están lanzados), novela.
  • 1952 : Saint Genet, Actor and Martyr, biografía de Jean Genet.
  • 1959 : Les séquestrés d'Altona (Os condanados de Altona).
  • 1960 : Critique de la raison dialectique (Crítica da razón dialéctica, Vol. I), tratado filosófico.
  • 1964 : Les mots (As palabras), autobiografía.
  • 1972 : L'idiot de la famille (O idiota de familia), biografía de Gustave Flaubert (1971-1972).

Galería de imaxes

Notas

    Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas


Predecesor:
Giorgos Seferis
 Premio Nobel de literatura
Rexeitado polo autor
 
1964
Sucesor:
Mikhaíl Sholojov

Tags:

Jean-Paul Sartre TraxectoriaJean-Paul Sartre FilosofíaJean-Paul Sartre Sartre e a literaturaJean-Paul Sartre Sartre e o cinemaJean-Paul Sartre ObrasJean-Paul Sartre Galería de imaxesJean-Paul Sartre NotasJean-Paul Sartre Véxase taménJean-Paul Sartre

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ana PeleteiroCarballoCadela de fradeLinguas indoeuropeasCruz de BorgoñaMuiñeiraFelaciónChus PatoRobin WilliamsXXX edición dos Premios GoyaOs pronomes persoais galegosNacionalismo galegoRenaud SéchanIago AspasJosé Antonio DonoLista de voces dos animaisOU-637Benito CorbalEmiratos Árabes UnidosBatalla de CacheirasSeseoXoán Vicente ViqueiraO comparativo galegoFidel CastroXoán BabarroLaureano Amboage QuiñoyEverestLingua inglesaLeninismoL'Hospitalet de l'InfantPonteareasFingeringPartido GalegoVómito (grupo musical)FozPO-960Manuel MurguíaJoselu MatoFútbol Club BarcelonaBipartito galegoVíctor DupláNova YorkLareiraPaíses BaixosLuis ZaheraOs PinosTomiñoA Picoña, Salceda de CaselasSociedade Arqueolóxica de PontevedraOs adverbios galegosTailandiaPúrpuraGoogleMartin Luther KingMateo KovačićOs biosbardosMáis alá!Lista de xentilicios de concellos galegosThibaut CourtoisPaís VascoPobo galegoMiguel Ángel RevillaAndorraDev Patel17 de abrilPilar RubioPontevedraJavier CasqueiroArgimiro Marnotes FernándezPeneNoiaEstatua de Che Guevara en OleirosXabarín ClubHeredeiros da CrusXabi Alonso🡆 More