A filosofía da linguaxe é a área da filosofía que estuda a linguaxe, trata desde o punto de vista filosófico da natureza do significado lingüístico, do seu uso, aprendizaxe, creatividade, da comprensión, da interpretación, da tradución e de aspectos lingüísticos do pensamento e da experiencia.
Os temas máis tratados pola filosofía da linguaxe son o estudo da orixe da linguaxe, a simbolización da linguaxe e sobre todo a actividade lingüística en xeral, e a semántica en particular. Outro ámbito relevante, próximo á sociolingüística, é a análise da relación entre a linguaxe e o mundo que implica a relación entre a palabra e o seu referente e como as linguas configuran os grupos culturais e a súa relación coa semiótica.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Filosofía da linguaxe, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.