Arthur Schopenhauer: Filósofo alemán

Arthur Schopenhauer, nado en Gdańsk o 22 de febreiro de 1788 e finado en Frankfurt o 21 de setembro de 1860, foi un filósofo polaco-alemán.

Infotaula de personaArthur Schopenhauer
Arthur Schopenhauer: Traxectoria, Ideas filosóficas, Influencia da súa obra
(1859) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1788 Editar o valor em Wikidata
Gdańsk (República das Dúas Nacións) Editar o valor em Wikidata
Morte21 de setembro de 1860 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Frankfurt (Confederación Xermánica) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Insuficiencia respiratoria Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemitério de Frankfurt am Main (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaGdańsk
Hamburgo
Frankfurt Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino de Prusia Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Humboldt de Berlín (1811–)
Universidade de Gotinga (1809–)
Ernestinum Gotha (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMetafísica, Ética, estética, psicoloxía e historia da filosofía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónprofesor universitario , musicólogo , escritor , filósofo , tradutor Editar o valor em Wikidata
Período de tempoFilosofia do século XIX (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Berlín
Universidade Humboldt de Berlín Editar o valor em Wikidata
MovementoIrracionalismo Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua alemá e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoFrauta Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor
PaisHeinrich Floris Schopenhauer (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Johanna Schopenhauer (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAdele Schopenhauer (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Arthur Schopenhauer: Traxectoria, Ideas filosóficas, Influencia da súa obra Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1893275 iTunes: 151840987 Musicbrainz: 852f26a1-228b-4908-b787-5e1a4887610b Discogs: 1730606 WikiTree: Schopenhauer-1 Find a Grave: 12793 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Arthur Schopenhauer naceu preto da cidade báltica de Danzig (Polonia), fillo de Heinrich Floris Schopenhauer e Johanna Schopenhauer, unha familia mercantil de clase media de orixe holandesa. Parecía destinado á carreira comercial do seu pai, con quen fixo longas viaxes por Francia e Inglaterra. En 1793, cando a cidade foi anexionada por Prusia, a familia mudouse a Hamburgo. Morto o pai en 1805, abandonou os estudos de comercio e comezou a estudar medicina en Gotinga, que abandonou finalmente pola filosofía aconsellado por Gottlob Schulze, que lle recomendou ler a Platón, Aristóteles e Kant.

En 1811 trasladouse a Berlín, onde amosou certo interese polas disertacións de Schleiermacher e de Fichte. En 1813, tras unha breve estadía na casa familiar de Weimar, na que coñeceu a Goethe -amigo da súa nai, tamén escritora- e o orientalista Friedrich Majer, encerrouse en Rudolstadt, onde acabou de redactar a súa tese de doutoramento, Über die vierfache Wurzel des Satzes vom zureichenden Grunde (1813), que presentou para o título de doutor na universidade de Jena. Trala tese, durante os catro anos que residiu en Dresde, compuxo a súa obra principal Die Welt als Wille und Vorstellung (O mundo como vontade e representación), que non tivo o éxito que lle prevía, pero que coñeceu dúas novas edicións en vida do autor (a segunda en 1844, con 50 novos capítulos, e a terceira en 1859).

En 1820 conseguiu ser profesor da universidade de Berlín, onde leccionou criticamente sobre Hegel, sen éxito, durante seis meses. Viaxou por toda Italia visitando Florencia, Roma, Nápoles e Sicilia ata que, de volta en Berlín, decidiu retirarse a Frankfurt do Meno en 1831, onde levou unha existencia burguesa, célibe e apracible, durante case trinta anos. En 1836 publicou Über den Willen in der Natur (Sobre a vontade da natureza) e en 1851 unha colección de ensaios e aforismos, Parerga e Paralipomena, que por fin lle deron sona en vida. De carácter intransixente e pouco favorable ó contacto humano, gañou unha merecida fama de irredutible misántropo. Morreu por mor dunha pleurite.

Ideas filosóficas

Arthur Schopenhauer: Traxectoria, Ideas filosóficas, Influencia da súa obra 
Arthur Schopenhauer

Na súa obra máis famosa Die Welt als Wille und Vorstellung, Schopenhauer afirmaba a vontade como chave da razón. A súa idea de que sen vontade non hai nada é xeralmente vista como unha expresión clásica do pesimismo filosófico. É criticado por adoptar e defender unha especie de pesimismo de corte romántico que entende a vida como sufrimento. Non obstante, conforme á filosofía oriental, en particular o budismo, a súa obra predica a salvación, a entrega, e a anulación do sufrimento na contemplación estética, na simpatía polos demais, e na vida ascética. Neste sentido recoñecía a superioridade do budismo e do misticismo hindú sobre a teoloxía cristiá dominante na Europa da súa época. A súa admiración por Kant corría en paralelo co desprezo polos idealistas da época. Para el, a representación é a dimensión aparencial da realidade, mais por baixo aparecerá a vontade se se trata de descubrir o que agocha, froito de intuír a vontade propia, irracional na súa propia natureza. A propia vontade non é máis ca un caso da Vontade que invade o mundo (algo así como a entropía da física) e que se manifesta dende os seres inorgánicos ata no ser humano, onde conflúen vontade e representación. A cuestión é que a vontade que busca a súa propia conservación é egoísta, por iso é necesaria a existencia do Dereito para coutala. O coñecemento da realidade posibilita superar o egoísmo e simpatizar co resto da Natureza, nunha sorte de identificación nirvánica.

Influencia da súa obra

As súas ideas románticas e irracionais influenciaron os eidos da filosofía (e.g. Nietzsche, Bergson e Wittgenstein), da psicoloxía (Freud e Jung, por exemplo), da literatura (Thomas Mann, Hermann Hesse, Marcel Proust, Michel Houellebecq e un longo etcétera) e a música (Wagner).

Obra

  • Über die vierfache Wurzel des Satzes vom zureichenden Grunde (Sobre a raíz cuádrupla do principio da razón suficiente, 1813).
  • Über das Sehn und die Farben (Sobre a vida e as cores, 1816)
  • Die Welt als Wille und Vorstellung (O mundo como vontade e representación, 1819).
  • Die Kunst, recht zu behalten (A arte de ter sempre razón, 1830-1831).
  • Über den Willen in der Natur (Sobre a vontade na natureza, 1836).
  • Über die Freiheit des menschlichen Willens (Ensaio sobre a libre vontade, 1839)
  • Über die Grundlage der Moral (Sobre os alicerces da moral, 1840)
  • Die beiden Grundprobleme der Ethik (Os dous problemas fundamentais da Ética,1841).
  • Parerga e Paralipomena, 1851.
  • Aphorismen zur Lebensweisheit (Aforismos sobre a sabedoría na vida, 1886)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Arthur Schopenhauer TraxectoriaArthur Schopenhauer Ideas filosóficasArthur Schopenhauer Influencia da súa obraArthur Schopenhauer ObraArthur Schopenhauer NotasArthur Schopenhauer Véxase taménArthur Schopenhauer1788186021 de setembro22 de febreiroAlemañaFrankfurtGdańskPolonia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ibn al-AbbarHarvey WeinsteinLuís Pérez BarralMichael JacksonXosé Luís BernalComarcas de GaliciaParlamento de GaliciaMaruxa MalloÁlex FidalgoGonzalo Mella1868Jordi PujolVila de CrucesJohannes VermeerGeorgia O'KeeffeAntónio de Oliveira SalazarNacho CastañoConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesRaffaella CarràVincent van GoghVacaThomas Alva EdisonHeraldo de ViveroSelección de fútbol de GaliciaO Pedrouzo, Arca, O PinoXunta Suprema do Reino de GaliciaEduardo IndaManuel Curros EnríquezGuerraAntónio de SpínolaLista de filmes coas maiores recadaciónsPablo MartinezBigues i Riells del FaiEsther EstévezAsunta Basterra PortoRexina VegaOurioloLuisa Carnés2015Mercedes QueixasFingeringTeresa García-SabellManuel Gago MariñoTransformador Retorno a Tagen AtaEstadio de TammelaDavid BeckhamCarlos NegroPatricia VázquezFalange EspañolaSete SabiosCatedral de Santiago de CompostelaAna María Fernández MartínezCarles PuigdemontPrestigeOs ÁnxelesSri LankaRamón Otero PedrayoPosición do misioneiro invertidaHLA-DMOldhamDonald TrumpCambadosJosé Luis Rodríguez ZapateroFederico García LorcaÁlbum de la CaridadRoko (actriz)Charles WhiteAntón Villar PonteElvira Fernández BalboaMexacánVerónica ForquéÁlvaro MorataPaís VascoAsalto do bou EvaNarón🡆 More