Xoán Escoto Eríxena

Xoán Escoto Eríxena (c.810 - c.875) foi un importante filósofo, teólogo e profesor da etapa pertencente ao renacemento Carolinxio.

É o autor do primeiro gran sistema filosófico da Idade Media e os temas que trataba nas súas obras eran fundamentalmente de carácter relixioso.

Infotaula de personaXoán Escoto Eríxena
Xoán Escoto Eríxena
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementodécada de 800 Editar o valor em Wikidata
Illa de Irlanda Editar o valor em Wikidata
Morte877 Editar o valor em Wikidata (67/77 anos)
Francia Occidental Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIrlanda Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , tradutor , escritor Editar o valor em Wikidata
Período de tempo9th-century generation (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor em Wikidata
Outro
Condenado porHerexía Editar o valor em Wikidata
Xoán Escoto Eríxena
Retrato de Xoán Escoto Eríxena.

Biografía

Non se coñecen case datos sobre a súa procedencia salvo que naceu en Irlanda, feito do cal nos informa o seu propio nome, debido a que este, traducido, significa "Xoán o irlandés de Irlanda".

Despois disto, os datos sobre os primeiros períodos da súa vida son inexistentes. O seguinte que se sabe del é que se trasladou a Francia cara ao ano 850 para dirixir e ensinar na escola de Carlos o Calvo, na cal marcou unha grande influencia en Erico de Auxerre e a súa escola monástica de Auxerre.

Xoán Escoto tiña un gran coñecemento cultural, e dominaba con facilidade tanto a cultura grega como a latina. Posuía de primeira man os escritos dos Pais latinos e gregos e coñecía ben, entre outras, as obras de grandes Pais da Igrexa do Occidente e do Oriente. Era un home moi cultivado que dominaba nese tempo a lingua grega.

Debido á abundancia de coñecementos estaba involucrado en diversos asuntos eclesiásticos. Isto levouno, entre outras cousas, a tomar parte na controversia predestinacionista sostida entre os bispos Robano Mauro e Hincmaro de Reims en contra de Godescalco. Tamén o levou a traducir do grego as obras de Gregorio de Nisa e de Pseudo Dionisio, acción que trouxo consigo o enriquecemento do horizonte teolóxico de Occidente coas achegas destes autores do Oriente.

A súa obra foi producida durante o Renacemento Carolinxio, no cal a súa figura tivo unha certa importancia, pero máis adiante, o seu traballo teolóxico non tivo moita sorte. O final da etapa carolinxia fixo que se olvidasen as súas obras e, por se fose pouco, unha censura por parte da autoridade eclesiástica ensombreceu a súa figura. A igrexa condenou o seu platonismo radical debido a unha mala interpretación. Pensaron que a súa obra tiña unha visión panteísta, a cal non aceptaban. A pesar de todo isto, sábese que a intención persoal de Xoán Escoto foi sempre ortodoxa.

A pesar de todo, a súa doutrina foi restrinxida e no ano 1225, o Papa Honorio III esixiu que todas as copias das súas obras fosen levadas a Roma para facelas desaparecer. Por sorte non foi así e consérvanse gran parte delas.

Con respecto á morte de Xoán Escoto non existe ningún dato que esclareza como foi a situación, soamente se coñece que a súa morte se debeu producir arredor do ano 875.

Obra

As tres obras principais de Xoán Escoto son as seguintes:

  • De divisione naturae (Περί φύσεων). É a súa obra máis importante. Nela o autor explica a súa gran tese do cristianismo mediante a súa división da natureza e afirma que o simple feito de mencionar algo relacionado con Deus fai que se autolimite a súa capacidade, xa que Deus está máis alá do entendemento e da razón humana.
  • De divina praedestinatione liber. Esta obra foi motivada pola controversia predestinacionista na cal se viu involucrado, e nela achega o seu punto de vista con respecto a este tema.
  • Expositiones in Ierarchiam coelestem Iohannis Scoti Eriugenae. Nesta obra achéganos as súas impresións sobre a obra Περὶ τῆς ἐκκλησιαστικῆς ἱεραρχίας ("Xerarquía celestial") de Dionisio, sobre a cal se baseou.

A súa filosofía

A súa filosofía e modo de interpretar as cousas mantense na liña do neoplatonismo en canto ao platonismo e á teoloxía negativa. Porén, Xoán Escoto quixo explicar a realidade divina dunha forma racional e unitaria, o cal contradecía o dualismo da relixión que nos explica que Deus e os elementos do noso mundo son dúas realidades totalmente diferentes.

A filosofía que Xoán Escoto pretendía defender era a de que Deus está máis alá do entendemento e da razón humana porque dende o momento que se lle atribúe algunha cualidade ou se pensa nel no plano do ser, limítase a súa capacidade. Para este filósofo nin sequera Deus podía comprender a súa propia esencia. Non obstante, el sostiña que a razón debía prevalecer antes que a fe divina.

En resumo, Escoto defendía a razón por encima de calquera cousa, pero aceptaba tamén como fonte válida de coñecemento verdadeiro a fe. En caso de que as dúas entrasen en conflito, o que o autor defendía era que a razón debía prevalecer. Debido a esta afirmación e ao alpanteísmo e pandeísmo que sostiña nas súas obras, nas cales era radicalmente oposto ao dogma que impoñía a igrexa, foi condenado pola comunidade eclesiástica por herexía. Por sorte, puido eludir esta sanción grazas á protección da realeza.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Xoán Escoto Eríxena - Sobre a natureza - Introdución e notas de Lorenzo Velázquez - Pamplona, Eunsa, 2007.

Ligazóns externas

Tags:

Xoán Escoto Eríxena BiografíaXoán Escoto Eríxena ObraXoán Escoto Eríxena A súa filosofíaXoán Escoto Eríxena Véxase taménXoán Escoto Eríxena810875CircaFilósofoIdade MediaProfesorRelixiónRenacemento carolinxioTeólogo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

MoinanteAlberto FortesFernando AlonsoDistritos de PortugalManuel Curros EnríquezCatedral de Santiago de CompostelaLuisa CarnésSalgueiro MaiaCristina LosadaDos arquivos do trasnoCubaPalmaRéptilesFlora invasora de GaliciaThibaut CourtoisMarmelo (doce)Xosé Manuel BeirasCaquetáXosé Luís BernalMasculino e feminino en galegoTribadismoAgustín Fernández PazEsperantoAvenida da Liberdade (Lisboa)Jackson PollockSénecaMovimento das Forças ArmadasAs aves na cultura popular galegaAires da miña terraSonia MéndezCataluñaGoretti SanmartínFrancisco Porto MellaDiego Rivas RegoLorenzo VarelaSílvia OrriolsCuarzoVento feridoTransformador Xosé Manuel PiñeiroBritney SpearsVictoria Núñez LópezFlorentino López CuevillasLista de nomes masculinos en galegoAC-456Iker MuniainOtelo Saraiva de CarvalhoVincent van GoghHorteláJuana AcostaBibTeXBispoAdriano Correia de OliveiraXogo da chavec70mgPortugalEspañaSusana FortesQuenllaGaliciaGabriel García MárquezConcellos de GaliciaPardo de CelaMaría Xosé QueizánPosicións sexuaisAsalto do bou EvaSecretaría Xeral de Política LingüísticaMaría JamardoTECOR societarioDavid BeckhamIrene FerrerasAlberto Núñez FeijóoPerífrases verbais galegas🡆 More