A familia dos hirundínidos (Hirundinidae) comprende os avións e as andoriñas, paxaros de tamaño pequeno ou mediano (de 11 a 22 cm) que se alimentan en voo.
Teñen o corpo fusiforme e ás longas e moitas especies teñen a cola pinzada. O pico é curto, pero poden abrilo moito para capturar insectos en voo. As patas están adaptadas á vida nas árbores e os dedos frontais están parcialmente unidos pola base.
Morfoloxía e hábitat
Son aves cosmopolitas e frecuentan unha gran variedade de medios, desde as rexións semiáridas até os bosques, xeralmente preto da auga. Constrúen niños de terra ou de area e de algas aglomeradas cunha mestura de saliva e ás veces plumas, pegados en paredes ou en cavidades de cantís ou grutas, excepto unha especie, a Riparia riparia, que escava un tobo en paredes areosas ou de terra branda. Moitas especies aniñan en grandes colonias.
De Juana, E., Del Hoyo, J., Fernández-Cruz, M., Ferrer, X., Sáez-Royuela, R. & Sargatal, J. Nombres en castellano de las aves del mundo recomendados por la Sociedad Española de Ornitología (Novena parte: Orden Passeriformes, familias Cotingidae a Motacillidae).Ardeola 51(2), 2004, 491-499, (en castelán)
This article uses material from the Wikipedia Galego article Hirundínidos, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses. ®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.