Túrdidos

Uns 20, ver texto

Os túrdidos (Turdidae) son unha familia de aves paseriformes que viven en todo o mundo, xeralmente chamados tordos e merlos.

Características

Os túrdidos son aves de mediano a pequeno tamaño e suave plumaxe que habitan en áreas boscosas, que se alimentan a miúdo no chan. Os túrdidos máis pequenos pesan uns 21 g e miden 14,5 cm. Porén, os Brachypteryx, que teñen alianzas ambiguas tanto cos tordos coma cos muscicápidos, poden ser aínda máis pequenos, algúns de 12 cm. O maior dos tordos é o Myophonus caeruleus de 178 g e 33 cm. O Turdus fuscater é de lonxitude similar, pero menos pesado. A maioría das especies son de cor gris ou marrón, frecuentemente con pintas na parte ventral.

Son insectívoros, pero a maioría das especies tamén comen vermes, caracois terrestres e froita. Moitas especies son residentes permanentes en climas cálidos, mentres que outros migran a latitudes máis altas durante o verán, a miúdo cubrindo distancias considerables.

Os túrdidos constrúen niños con forma de copa, ás veces estrados con lama. Poñen de 2 a 5 ovos con pintas, e ás veces fan dúas ou máis postas ao ano. Ambos os pais axudan na crianza dos pitiños.

O canto dalgunhas especies, como as dos xéneros Catharus, Myadestes, Sialia e Turdus, considéranse uns dos máis bonitos de todas as aves.

Ecoloxía

Se ben moitos son insectívoros, algunhas especies de túrdidos facilitan á dispersión das sementes de moitas especies de plantas e contribúen á recuperación dos ecosistemas. As plantas teñen unha capacidade de dispersión das sementes lonxe da planta parental e consecuentemente dependen moito de diversos vectores de dispersión que transporten os seus propágulos, incluíndo tanto vectores abióticos coma bióticos. Moitos morcegos e aves teñen dietas baseadas nas froitas, incluíndo aves das familias Cotingidae, Columbidae, Trogonidae, Turdidae e Ramphastidae. Comen os froitos tragando as súas sementes e despois regurxítanas ou elimínanas coas feces. Esta ornitocoria foi o mecanismo principal de dispersión a través das barreiras oceánicas. Outras sementes ou esporas poden adherirse aos pés ou plumas das aves. Os túrdidos teñen unha grande importancia ecolóxica porque algunhas poboacións migran a longas distancias e dispersan as sementes.

Taxonomía

A familia Turdidae foi proposta (como Turdinia) polo erudito francés Constantine Samuel Rafinesque en 1815. O tratamento taxonómico desta gran familia variou significativamente nos últimos anos. Tradicionalmente, os Turdidae incluían pequenas especies do Vello Mundo, como os reiseñores e paporroibos na subfamilia Saxicolinae, pero agora a maioría das autoridades clasifican estes na familia dos muscicápidos.

A familia antes incluía numerosas especies. No momento en que se publicou en 2003 a Howard and Moore Complete Checklist of the Birds of the World, os xéneros Myophonus, Alethe, Brachypteryx e Monticola estaban incluídos en Turdidae. Posteriormente, os estudos de filoxenética molecular indicaron que as especies destes catro xéneros estaban máis relacionadas con especies da familia Muscicapidae. En consecuencia, estes catro xéenros agora están clasificados como Muscicapidae. Ao contrario, o xénero Cochoa, que previamente fora situado en Muscicapidae, agora foi pasado a Turdidae.

Xéneros

FAMILIA: TURDIDAE

  • Xénero Neocossyphus, relacionado con Myadestes
  • Xénero Geokichla: (21 especies)
  • Xénero Zoothera (unhas 15 especies, unha extinguida recentemente)
  • Xénero Ixoreus, relacionado con outros xéneros do Novo Mundo
  • Xénero Ridgwayia, relacionado con Hylocichla
  • Xénero Cataponera
  • Xénero Grandala
  • Xénero Sialia (3 especies)
  • Xénero Myadestes (10 ou 11 especies vivas, 2 ou 3 extinguidas recentemente, inclúe o antigo xénero Phaeornis)
  • Xénero Cichlopsis, relacionado con Catharus
  • Xénero Catharus (12 especies)
  • Xénero Hylocichla
  • Xénero Entomodestes (2 especies), relacionado con Catharus
  • Xénero Turdus (unhas 65 especies, unha extinguida recentemente)
  • Xénero Cochoa (4 especies)
  • Xénero Chlamydochaera
  • Xénero Platycichla (2 especies), parte dun grupo suramericano dentro de Turdus
  • Xénero Nesocichla, parte dun grupo suramericano dentro de Turdus
  • Xénero Cichlherminia, xénero parafilético con Turdus
  • Xénero Psophocichla

Xéneros normalmente considerados membros dunha familia diferente e distantemente relacionados con Picathartes:

  • Xénero Chaetops (2 especies)

Para outras especies que antes estaban en Turdidae, ver Muscicapidae e Saxicolinae.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Túrdidos CaracterísticasTúrdidos EcoloxíaTúrdidos TaxonomíaTúrdidos XénerosTúrdidos NotasTúrdidos Véxase taménTúrdidos

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Unión EuropeaGame Boy ColorNuno García PicoXurxo de CapadociaFranciaStanley KubrickRefraneiro galego sobre o panCorea do NorteFerroXestaVilagarcía de ArousaAntonio Crespo IglesiasDibencil cetonaJoselu MatoJorge Sanz MirandaCódigo QRExeria (escritora)Teresa RiberaO sol do veránIrene MonteroLingua betawiÑCanle (enxeñaría)Ana PeleteiroO incerto señor Don HamletXosé Luís Méndez FerrínIker MuniainLista de programas de Televisión EspañolaSobreiraElvira RiveiroLuis Mateo DíezChumboDesviación típicaApolonio de AtenasEva MejutoArtur Bordalo2015CuntisXornalismoRosario Porto OrtegaA vogal temática e a conxugaciónMarcos PereiroOs vellos non deben de namorarsePortugalHard GZRochoLista de episodios de DoraemonListenbourgPexegoBrad PittHeredeiros da CrusFlora invasora de GaliciaEuropaRSSElvira Fernández BalboaPrimeira República GalegaFesta dos maiosVoyager 1Jorge Cuña CasasbellasMaruxa MalloFermin MuguruzaJulio IglesiasRegulamento xeral de protección de datosDavid BowieRicardo Carballo CaleroCantabriaXunta de GaliciaTonhito de PoiVisigodosVilalbaBidueiroSancho GraciaSan SadurniñoAmieiroCaldas de ReisShinovaPaís Vasco🡆 More