Hindu Kush

O Hindu Kush ou Hindukush, ou tamén Hindu Qūh (هندوکش en persa) é un macizo montañoso de Asia, situado no centro e nordés de Afganistán e ao noroeste de Paquistán.

Cunha extensión de aproximadamente 1.000 km, gran parte deste sistema orográfico supera os 5000 m de altitude sobre o nivel do mar, por exemplo no Tirich Mīr con 7690 m (uns 40 km ao norte de Chitral) ou no Kūh-e Fūlādī de 5135 metros (uns 80 km ao sueste de Bāmīān). Únese cos montes de Karakórum e só o moi elevado e estreito val do Wakhan o separa do nó do Pamir. O río Cabul recolle a auga da súa vertente meridional.

Hindu Kush
O cumio de Tirich Mīr, con 7690 metros de altura

Na antigüidade foi coñecido polos gregos durante a expedición de Alexandre Magno, e chamado por estes Parapamisos; logo os autores latinos denominárono Paropamisus ou Caucasus Indicus.

Tags:

AfganistánAsiaCorredor de WakhanLingua persaPaquistánRío Cabul

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Mario CaneiroWikipediaCamilo Nogueira RománParroquias de GaliciaVincent van GoghDiego Rivas RegoTito VilanovaLola FloresXXX edición dos Premios GoyaIgnacio Rivera QuintanaHolocaustoStellantisRataPosición do misioneiro invertidaPemento de PadrónPaulino PereiroTrofoblastoFelaciónOurenseGonzalo MellaIndonesiaNormativa oficial do galegoVicente RiscoAlfonso Rueda2015TeixugoSusana FortesMarta Fernández-TapiasLareiraXunta de GaliciaBronceFigueresCristina MaróEl Pueblo GallegoXosé Neira VilasLeitzaldeaDía das Letras GalegasAciñeiraXurxo AyánEva CárdenasContactPortugalMúsica tradicional galegaTito ValdésPanxermanismoLuís SeoaneMaría do Socorro Ortega RomeroInglaterraDelfínidosRepública ChecaEstadio de TammelaBeatriz LuengoMedalla CastelaoBaby ReindeerFala de EstremaduraEduardo Mendozapxhj6Festa dos maiosFrancisco AsoreyAC-101Os adverbios galegosO porco de péLiteratura infantilXunta Suprema do Reino de GaliciaPedro RieloUniversidade de ManchesterCorzoCamiño de SantiagoIndiaNacho CastañoIgantziAlexandre BóvedaEmilio Pérez Touriño🡆 More