Herba Limoeira: Planta herbácea recendente

A herba limoeira (Cymbopogon citratus), é unha especie de herba pertencente á familia das poáceas, con aroma a limón, de talo moi ramificado e follas lineares agrupadas na base, da que se utilizan as raíces e as follas como condimento e en infusión.

Herba limoeira
Herba Limoeira: Descrición, Distribución e hábitat, Cultivo
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Commelinidae
Orde: Poales
Familia: Poaceae
Subfamilia: Panicoideae
Tribo: Andropogoneae
Xénero: Cymbopogon
Especie: Cymbopogon citratus

Desta planta tírase a esencia ou aceite chamado de citronela.

Herba Limoeira: Descrición, Distribución e hábitat, Cultivo
Detalle das follas.
Herba Limoeira: Descrición, Distribución e hábitat, Cultivo
Vista da mata.
Herba Limoeira: Descrición, Distribución e hábitat, Cultivo
Pronta para a venda.
Herba Limoeira: Descrición, Distribución e hábitat, Cultivo
No seu hábitat.

Descrición

É unha planta herbácea, perenne, aromática e robusta que se propaga por esgallos e pertence á familia das gramíneas. As flores reúnense en espículas de 30–60 cm de lonxitude formando acios. As follas son moi recendentes e alongadas como listóns, ásperas, de cor verde clara que abrollan dende o chan formando matas mestas. As flores están agrupadas en espigas e vense dobradas como as follas.

Distribución e hábitat

É natural da India, Ceilán e Malaisia. Na actualidade cultívase como planta medicinal en zonas tropicais e subtropicais, incluíndo as Illas Canarias.

A herba limoeira medra en climas temperados e cálidos. Require para o seu crecemento a presenza de luz. Resiste as severidades do inverno, xa que atura choivas, mais non en exceso. Non atura as brétemas ou neboeiros.

Cultivo

Cómpre arranxar o solo 40 días antes da plantación, xa que este debe estar en condicións óptimas para o bo crecemento da planta; cómpre polo tanto afondar na terra até 30 centímetros para facilitar o crecemento da raizame. Limpar toda a maleza. Despois de plantar facer regas periódicas e fertilizar con materia orgánica (esterco) e xofre.

Usos

Úsase na cociña asiática, especialmente na tailandesa ou taí.

Científicos da Universidade de Quioto, no Xapón, concluíron que o aceite esencial de Cymbopogon citratus demostrou plenamente a súa efectividade contra a bacteria Helicobacter pylori, sen que dita bacteria presentase resistencia ao tratamento con este aceite esencial.

O aceite esencial úsase moito como repelente de insectos, especialmente mosquitos (atopamos a esencia en candeas, por exemplo). Malia este efecto, é pola contra, atraente das abellas, polo que se utiliza para recuperar enxames.

Ten efecto conservante sobre algúns alimentos.

Propiedades

Da herba limoeira obtense o óleo esencial denominado citronela. A cantidade de aceite esencial da planta varía de mes en mes ao longo do ano, sendo os meses de xuño, xullo e agosto cando máis óleo produce por mor da calor.

  • É carminativo, dixestivo e para o tratamento de flatulencia.
  • En infusión utilízase como tónico aromático e febrífugo.

Os compoñentes activos principais do seu extracto, xeraniol e citronelol, son antisépticos e conférenlle propiedades funxistáticas e incluso bactericidas.

Taxonomía

Cymbopogon citratus foi descrita por (DC.) Stapf e publicado en Bulletin of Miscellaneous Information Kew 1906: 322, 357. 1906.

Cymbopogon: nome xenérico que deriva do grego kumbe = (barco) e pogon = (barba), refiríndose ás moitas arestas e espatas que lembran aos barcos.

citratus: epíteto latino que significa "con recendo de limón".

  • Andropogon cerifer Hack.
  • Andropogon citratus DC.
  • Andropogon citratus DC. ex Nees
  • Andropogon citriodorum hort. ex Desf.
  • Andropogon nardus subsp. ceriferus (Hack.) Hack.
  • Andropogon roxburghii Nees ex Steud.
  • Andropogon schoenanthus L.
  • Cymbopogon nardus (L.) Rendle
  • Cymbopogon nardus subvar. citratus (DC.) Roberty

Nome común

En galego coñécese como herba limoeira. En castelán hierba limón ou limoncillo; en inglés lemongrass; en portugués recibe o nome de erva-príncipe (en Portugal) e capim-limão (no Brasil); en francés chámaselle citronnell, de aí vén o nome galego da esencia ou aceite tirado da planta: a citronela.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Herba Limoeira DescriciónHerba Limoeira Distribución e hábitatHerba Limoeira CultivoHerba Limoeira UsosHerba Limoeira PropiedadesHerba Limoeira TaxonomíaHerba Limoeira Nome comúnHerba Limoeira NotasHerba Limoeira Véxase taménHerba LimoeiraAceite de citronelaEspeciaEspecieHerbaInfusiónLimónPoáceas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

O divino saineteRegulamento xeral de protección de datosXabier DíazLuís García MañáNon sen a miña fillaDonicelaO incerto señor Don HamletXogos Olímpicos de Inverno de 1988Adolf HitlerVicente RiscoMadridNiñodaguia, Niñodaguia, BaltarProxyAntolín FaraldoUniversidade de Santiago de CompostelaTristán UlloaHistoria do cinema de GaliciaALugoJosé Quiroga Pérez de DezaCandorcaOs EoasAdolfo SuárezÁlvaro CunqueiroÁnxel CasalRoberto Carlos (cantante)Tariku NovalesOs pronomes persoais galegosEnrico CarusoMatias VarelaAuschwitzCastelanismoJosé López CamposZakat al-FitrManu ChaoAndy da FonteProvincia da Coruña1107Ana AcuñaFeniciosBala (grupo musical)IndonesiaAC-960Comarca de ValdeorrasTeresa MoureLalínSarcómeroVerbos galegos ser, estar e irXardaJohn LennonCatedral de Santiago de CompostelaCatedral de Notre-Dame de ParísFauna de GaliciaOs violentos de KellyPadrónUnión Deportiva OurenseXogo da chaveTutankhamonPegaGiorgia MeloniORelación sexual humanaCidade Vella da CoruñaLista de episodios de Shin ChanAmorodoCosoirado, Cosoirado, MorañaJulio Alén MontesAmieiroCarlo AncelottiRigoberta BandiniCastro de Punta do BicoBasketball Champions LeagueBenito Kamelas🡆 More