Herba Aromática

Para ver a lista de especies de herbas aromáticas e especias véxase o artigo Lista de especies de herbas aromáticas.

Herba Aromática
O fiúncho é unha das herbas aromáticas empregadas en Galiza, especialmente para cocer coas castañas e axeitar a súa dixestión.

As herbas aromáticas, herbas de cheiro ou finas herbas, son plantas que nacen bravas nos campos ou son cultivadas nas hortas ou explotacións agrarias polas súas cualidades aromáticas, recendentes, condimentarias ou, incluso, medicinais. Úsanse moito na cociña ademais de teren outros usos domésticos e industriais. A palabra condimento, do latín condimentum, significa: adubar, aderezar. de todos os xeitos non se deben confundir coas especias, empregadas como condimento seco ou en po.

Xeralmente se utilizan as follas das mesmas, xa sexan frescas, secas, ou deshidratadas, tanto para adubar os guisados coma para realzar os diversos recendos dos pratos culinarios, xa sexan en cru ou cociñados.

Durante moito tempo, e polo xeral, as herbas foron ignoradas, agás a menta, o pirixel e mais o allo. Algunhas só eran localmente coñecidas. De feito a cociña galega caracterízase pola case ausencia de uso de herbas recendentes (agás allo, pirixel, fiúncho, loureiro e algunha especie coma pemento).

Pertencen, en termos xerais, a tres familias botánicas:

As herbas aromáticas secas teñen un recendo moi forte e deben ser utilizadas con mesura.

Herba Aromática
Herba luísa.
Herba Aromática
Herba cidreira ou melisa.
Herba Aromática
Herba da espinela ou pimpinela menor (Sanguisorba minor).

As flores aromáticas utilízanse para facer medicamentos e perfumes.

As mentas, especialmente a menta común emprégase para aromatizar o e o seu extracto é usado na fabricación de caramelos, cremas dentais, entre outros produtos.

As aromáticas son utilizadas desde tempos inmemoriais e, segundo algúns investigadores, acompañaron as migracións e a evolución dos pobos que as utilizaban, inclusivamente protexendo a súa saúde, por mor ás súas propiedades antimicrobianas que, non só evitan algunhas infección, como a propia deterioración dos alimentos frescos. Alén diso, moitas destas plantas teñen propiedades medicinais, principalmente na facilitación dos procesos dixestivos.

No entanto, para manteren as súas propiedades, as herbas só deben ser engadidos aos alimentos no fin da súa preparación, xa que a calor prexudícaas.

A maioría das herbas verdes que aínda hoxe se utilizan son orixinarias da rexión do Mediterráneo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Lista de especies de herbas aromáticas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Cristina PichelLuís Pérez BarralClaudia SheinbaumCangasCarlos Blanco VilaCianuro de hidróxenoPorto do Souto, A Canda, PiñorCandorcaNoiaMetro-Goldwyn-MayerFrancisco FrancoAmorodoIria MisaAntas de UllaLois PereiroArteixoFingeringA PeroxaSusana FortesEli RíosArnaud Courlet de VregilleBandeira de GaliciaArcadi EspadaBidueiroEva Iglesias MiguénsBugalloCélula pancreática acinarEmblema de AfganistánTapparaOs PinosLista de palabras galegas de orixe celtaRío MiñoManuel MurguíaGalería de imaxes de arañas de GaliciaHistoria do cinema de GaliciaSímbolos matemáticosGaliciaRegulamento xeral de protección de datosRafael LouzánBubelaCaixa de Aforros Provincial de PontevedraXornalistaMiranda de EbroLista de programas de Televisión EspañolaXogos Olímpicos de Inverno de 1988Vento feridoPili PampínCouto MixtoTristán UlloaDardanelosIndiaBloque Nacionalista GalegoAustraliaRamiro CarregalCemiterio de BoisacaLondresCSSEmilia Pardo BazánEdmundo RiveroDe catro a catroAJimmy PageAndy da FonteRamón Otero PedrayoClint EastwoodTorquemada, PalenciaSunderland A.F.C.Luz FandiñoCohesiónManuel MaríaCrime de honraGoogleNelson MandelaJorge Peteiro🡆 More