Herón de Alexandría (en grego: Ἥρων ὁ Ἀλεξανδρεύς, Heron ho Alexandreus), nado en Alexandría (Exipto) arredor do ano 10 e finado na mesma cidade arredor de 75, foi un enxeñeiro e matemático helenístico.
Nome orixinal | (grc) Ἥρων ὁ Ἀλεξανδρεύς |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (grc) Ἥρων c. 10 Alexandría |
Morte | c. 75 (64/65 anos) Alexandría |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Exipto (provincia romana) |
Actividade | |
Campo de traballo | Xeometría, mecánica, enxeñaría, óptica, matemáticas e xeodesia |
Ocupación | matemático , enxeñeiro , inventor , mechanical automaton engineer (en) , físico , científico |
Período de tempo | Grecia antiga |
Período de actividade | (Con vida en: século I ) |
Lingua | Grego antigo |
Obra | |
Obras destacables
|
Foi considerado un dos científicos e inventores máis grandes da antigüidade e o seu traballo é representativo da tradición científica helenista.
En matemáticas é lembrado principalmente pola fórmula de Herón, un método de calcular a área dun triángulo usando só as lonxitudes dos seus lados.
Perdéronse gran parte dos escritos e deseños orixinais de Herón, mais algunhas das súas obras conserváronse, principalmente en manuscritos do Imperio Romano de Oriente, e unha parte máis pequena en traducións latinas ou árabes.
Tralo período helenístico, a ciencia grega destacou na cidade de Alexandría, perdurando varios séculos ata a caída do Imperio Romano. Alí xurdiron periodicamente abrochos de xenialidade.
A orixe de Herón puido ser grega ou exipcia helenizada. É case seguro que Herón deu clases no Museion que incluía a Biblioteca de Alexandría, porque a maioría dos seus escritos aparecen como apuntamentos de aulas para cursos de matemáticas, mecánica, física e pneumática. Baseouse frecuentemente en Ctesibio, inventor grego do século III a.C., de quen se teñen noticias polo propio Herón e por Vitruvio. Describiu gran número de máquinas sinxelas e xeneralizou o principio da panca de Arquímedes.
Aínda que o campo non se formalizou ata o século XX, crese que o traballo de Herón, en particular os seus dispositivos automatizados, representan unha das primeiras investigacións formais en cibernética. Tamén demostrou unha actitude premoderna para a mecánica, descubrindo, aínda que de forma arcaica, a lei de acción e reacción. Na súa obra Mecánica describiu os pantógrafos.
Un dos seus maiores logros foi a descrición da primeira máquina de vapor, coñecida como «eolípila», «aelópilo» ou «aelópila», e a fonte de Herón, cunha aplicación práctica que nos templos lle valeu o pseudónimo de «o Mago». A eolípila era unha máquina que consistía nunha esfera oca conectada a unha caldeira á que se lle adaptaban dous tubos curvos. O interior da esfera estaba repleto de auga que se facía ferver provocando que polos tubos arrincase o vapor, facendo virar a bóla moi rápido. Porén, unha das curiosidades do eolípilo é que nunca tivo un fin práctico en si. Algunhas fontes comentan que o invento non era máis que un xoguete coa finalidade de entreter os nenos.
Herón describiu, aínda que de forma arcaica mediante o eolípilo, a lei de acción e reacción de Isaac Newton, experimentando con vapor de auga. Xeneralizou o principio da panca de Arquímedes.
Foi autor de numerosos tratados de mecánica, como Pneumática (πνευματικά), en que estuda a hidráulica, e Autómatas (Αυτοματοποιητική), primeiro libro de robótica da historia. En Sobre a dioptra (Περί διόπτρας) describe o funcionamento deste aparello, semellante ao actual teodolito, empregado en observacións terrestres e astronómicas durante séculos. Tamén nese libro describe o hodómetro, utilizado para medir distancias percorridas por un viandante ou un vehículo.
Ademais, realizou unha descrición detallada do hýdraulis de Ctesibio, un órgano que funcionaba con auga.
Unha das súas construcións foi a primeira máquina expendedora. Cando se introducía unha moeda pola parte superior da máquina, esta dispensaba unha cantidade de auga. Apareceu no seu libro Mécánica e óptica. Tamén deseñou un órgano que funcionaba co vento, primeira máquina da historia activada mediante enerxía eólica.
En óptica, propuxo na súa Catóptrica (Κατοπτρικά) que a luz viaxa seguindo o camiño xeometricamente máis curto.
Con todo, é coñecido sobre todo como matemático, tanto no campo da xeometría como no da xeodesia, rama das matemáticas que se encarga da determinación do tamaño e configuración da Terra.
Como matemático, escribiu Métrica (Μετρικά), obra en que estuda as áreas das superficies e os volumes dos corpos. Desenvolveu tamén técnicas de cálculo, tomadas dos babilonios e exipcios, como o cálculo de raíces cadradas mediante iteracións e un método para calcular raíces cúbicas.
O seu logro máis destacado no campo da xeometría é a denominada fórmula de Herón, en que se establece a relación entre a área dun triángulo e a lonxitude dos seus lados:
As obras coñecidas escritas por Herón inclúen:
As seguintes obras foron atribuídas a Herón, pero agora crese que probablemente fosen escritas por outros autores:
obras que das que só se conservan fragmentos:
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Herón de Alexandría |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Herón de Alexandría, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.