Harry Potter e a pedra filosofal (en inglés: Harry Potter and the Philosopher's Stone) é un filme de fantasía dirixido por Chris Columbus e baseado na novela homónima escrita por J.
K. Rowling">J. K. Rowling. O filme foi o primeiro da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Steve Kloves e producido por David Heyman. A historia presenta a Harry Potter, un neno que descobre que é meigo o día do seu undécimo aniversario e acode á Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería para comezar a súa educación máxica. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do elenco inclúe a Richard Harris, Maggie Smith, Robbie Coltrane, Alan Rickman e Ian Hart.
Harry Potter e a pedra filosofal | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Harry Potter and the Philosopher's Stone |
Director | Chris Columbus |
Produtor | David Heyman |
Guión | Steve Kloves |
Baseado en | Harry Potter e a pedra filosofal de J. K. Rowling |
Intérpretes | Daniel Radcliffe Rupert Grint Emma Watson Richard Harris Robbie Coltrane Maggie Smith Alan Rickman Ian Hart |
Música | John Williams |
Fotografía | John Seale |
Montaxe | Richard Francis-Bruce |
Estudio | Heyday Films 1492 Pictures Duncan Henderson Productions |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 4 de novembro de 2001 5 de xaneiro de 2005 (TVG) |
Duración | 144 minutos |
Orixe | Reino Unido Estados Unidos |
Xénero | Fantasía |
Orzamento | $125 000 000 |
Recadación | $974 755 371 |
Filme seguinte | Harry Potter e a Cámara dos Segredos |
Na rede | |
http://www.warnerbros.com/harry-potter-and-sorcerers-stone | |
Warner Bros. mercou os dereitos do libro para facer a versión fílmica no ano 1999. A produción comezou en 2000, coa elección de Columbus como director despois de seleccionalo dunha pequena lista de directores entre os que estaban Steven Spielberg e Rob Reiner. J. K. Rowling insistiu en que todo o elenco fose británico ou irlandés, gardando a integridade cultural do libro e do filme. J. K. Rowling aprobou o guión, escrito por Kloves. O filme gravouse principalmente nos Leavesden Film Studios, así como en edificios históricos de Gran Bretaña.
O filme tivo a súa estrea no Reino Unido e os Estados Unidos en novembro de 2001. Recibiu boas críticas e tres candidaturas aos Premios Oscar. A recadación nas salas internacionais ascende a máis de 974 millóns de dólares estadounidense.
Estreouse en galego na TVG o 6 de xaneiro de 2005, e foi visto por 290.000 persoas, o que o converteu no filme máis visto na historia da cadea autonómica.
Harry Potter é un neno orfo que medrou cos seus tíos. Á idade de once anos, o semixigante Rubeus Hagrid infórmao de que é meigo. Harry descobre que os seus pais foran asasinados polo Señor Escuro, Lord Voldemort, e que Voldemort tamén intentara matalo esa mesma noite, cando tiña un ano. No entanto, a maldición asasina rebotara misteriosamente e debilitara enormemente ao meigo escuro. Harry descobre que por este motivo é un meigo amplamente famoso no mundo máxico; comeza a estudar na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería onde coñece os seus mellores amigos: Ron Weasley e Hermione Granger. Durante o ano, os tres enguedéllanse no misterio sobre a pedra filosofal, que está agochada na escola.
Rowling insistiu persoalmente en ter un elenco británico. Susie Figgis designouse como directora de casting e traballou con Columbus e Rowling nas audicións para os papeis principais de Harry, Ron e Hermione. O 11 de xullo de 2000 Figgis deixou a produción, laiándose de que Columbus non considerara ningún dos miles que superaran as audicións e que ela determinara como posibles candidatos. O 8 de agosto de 2000 fíxose a selección de Daniel Radcliffe, Emma Watson e Rupert Grint para realizar os personaxes de Harry Potter, Hermione Granger e Ron Weasley, respectivamente.
Rik Mayall filmou algunhas escenas como o mencho Peeves, pero finalmente foron cortadas do filme.
Harry Potter e a pedra filosofal | ||||
---|---|---|---|---|
Banda sonora de John Williams | ||||
30 de outubro de 2001 | ||||
Estudio de gravación | Air Lyndhurst Studios Abbey Road Studios | |||
Duración | 73:35 | |||
Xénero | Banda sonora | |||
Selo discográfico | Atlantic | |||
Cronoloxía | ||||
|
A banda sonora de Harry Potter e a pedra filosofal lanzouse ao mercado o 30 de outubro de 2001. As pezas musicais foron compostas e dirixidas por John Williams. A banda sonora recibiu unha candidatura aos Premios Oscar na categoría de Oscar á mellor banda sonora, premio que finalmente levou Howard Shore por The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring. O filme introduce moitos temas específicos para cada personaxe empregados tamén máis adiante nalgunha das secuelas, aínda que a maioría deles se usaron de novo n’a Cámara dos Segredos. O tema principal, chamado "Hedwig's Theme", utilízase en case todas as películas e converteuse en identificativo da serie.
A pista número 18, "Leaving Hogwarts", emprégase tamén durante o Wiki Galegoepílogo de Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) como tributo a Williams e o final da saga.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Harry Potter e a pedra filosofal (filme), which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.