Hangul: Alfabeto nativo coreano

O han-geul (tamén hangul ou han'gŭl, e previamente han-kul; 한글) é o alfabeto nativo coreano (en contraste cos hanja (漢字), ou caracteres chineses).

Cada bloque silábico hangul consta dalgunhas das 24 letras (jamo): 14 consoantes e 10 vogais. Historicamente, tiña 3 consoantes e unha vogal máis.

Hangul: Historia, Estrutura da escritura en Hangul, Nomes oficiais
Han-gul

Estes bloques silábicos poden ser escritos tanto horizontalmente de esquerda a dereita como verticalmente de riba a baixo, as columnas de dereita a esquerda.

Aínda que esta escrita lles poida parecer ideográfica a algúns occidentais, realmente é fonética.

Historia

O rei Sejong o Grande creou un novo alfabeto, denominado Hankul ou Hangul.

Debido á facilidade coa que se aprendía este alfabeto, algúns letrados contemporáneos a Sejong denominárono amkul que significa Letra de mulleres.

Estrutura da escritura en Hangul

As palabras do Hangul están compostas por bloques silábicos, e estes á súa vez en tres partes: un son inicial, un son medio e polo xeral un son final.

Debemos debuxar un cadro imaxinario onde vamos a formar a sílaba e situar a primeira vogal ou consoante na parte superior esquerda deste. Se a vogal que lle segue á primeira letra é horizontal, sitúase baixo desta; se é vertical, á dereita. O son final (ou última letra da sílaba) debe ir baixo, sempre e cando sexa consoante.

Por Exemplo: Amor en coreano dise: Sa-rang = 사랑

O primeiro que debemos facer é identificar as sílabas. Despois, situamos a primeira letra da primeira sílaba (ㅅ) na parte superior esquerda. Logo situamos a vogal (ㅏ). Como esta é vertical, colocámola á dereita da primeira consoante; a nosa sílaba quedaría así: 사 (sa).

O paso a seguir é construír a segunda sílaba. Situamos a primeira letra (ㄹ) na parte superior esquerda do cadro imaxinario. Entón procedemos a colocar a vogal (ㅏ) á dereita da primeira letra. E situamos a última consoante (ㅇ) baixo (recordemos que nunha sílaba a última letra, se é consoante, sitúase baixo). A sílaba quedaría así: 랑.

Unimos as sílabas, e a nosa palabra está lista: 사 (sa)+랑 (rang) = 사랑 (sa-rang).

Outro exemplo:

En Corea, ao oso asignáronlle o seguinte carácter: 곰 (Kom)

Para formar esta sílaba, sitúase a consoante ㄱ (k) na parte superior esquerda, despois sitúase a vogal ㅗ (ou) baixo da consoante, xa que esta última é unha vogal horizontal. E por último colócase a consoante ㅁ (m) na parte inferior.

ㄱ (k) +ㅗ (ou) + ㅁ (m) = 곰 (kom).

Desta maneira pódense escribir todas as palabras coreanas e non coreanas.

Nomes oficiais

O nome moderno Hangeul é un termo acuñado por Xu Sigyeong en 1912, que significa “gran escritura” en coreano arcaico e “escritura coreana” no moderno. Non pode ser escrito en hanja, aínda que a sílaba Han pódese escribir 韓 co significado de “Coreano”. Pronúnciase /hanɡɯl/ (IPA), e pode ser romanizado dos seguintes xeitos:

  • Han-geul na Romanización Revisada da lingua coreana. O goberno surcoreano usa este sistema en todas as súas publicacións oficiais en inglés e fomenta o seu uso. Moitas publicacións recentes adoptaron este sistema.
  • Han’gŭl en McCune-Reischauer.
  • Hankul na Romanización Yale.

O seu nome orixinal foi 훈민정음 (Hunmin Jeong-um) Os norcoreanos prefiren chamalo Chosŏn'gŭl (조선글) debido aos diferentes nomes de Corea.

Nomes coloquiais

  • Jeongeum, abreviación do oficial Hunmin Jeongeum.
  • Urigeul (우리글 "a nosa escritura") é usada en ambas as repúblicas coreanas, mais non por non coreanos.

O Han-geul foi ocasionalmente denigrado por aqueles que preferiron o tradicional Hanja (漢字) ata principios do século XX:

  • Eonmun (언문 諺文 "escritura vernácula").
  • Amgeul (암글 "escritura feminina"): 암 é un prefixo que indica feminidade. A muller foi considerada inferior ao home na Corea tradicional.
  • Ahaegeul (아해글 "escritura de nenos")

Jamo

Jamo (자모; 字母) son as letras que conforman o alfabeto han-geul. O nome “jamo” provén de ja-eum (“vogal”; 자음; 母音; literalmente, son nai) e mo-eum (“consoante”; 모음; 子音 ou son fillo, literalmente).

Son 51 e componse de:

  • 21 vogais.
    • 10 vogais simples (om).
    • 11 ditongos.
  • 30 consoantes.
    • 14 consoantes simples.
    • 5 consoantes dobres.
    • 11 consoantes complexas.
k, g n t, d l, r m p, b s
**(mudo)/ng ch, j ch k t p h
a ya eo yeo ou eu ou yu eu
ae yae e ye leo
Hangul Jamo 한글 자모
Letras simples
Consoantes Vogais
Jamo Nome Romanización Pron. API Jamo Nome Rom. Pron. API
기역 (giyeok) g / k gu / k [k-]/[-k̚] (a) a a [-a-]
니은 (nieun) n n [n-]/[-n] (ya) ya ya [-ja-]
디귿 (digeut) d / t d / t [d-]/[-t̚] (eo) eo o (o aberto) [-ʌ-]
리을 (rieul) r diante de vogal, l diante de consoante ou final de palabra. r/l [ɾ-]/[-ʎ] (yeo) yeo yo (o aberto) [-jʌ-]
미음 (mieum) m m [m-]/[-m] (o) o ô [-o-]
비읍 (bieup) b / p b/p [b-]/[-p̚] (yo) yo [-jo-]
시읏 (siut) s / t s/t [s-]/[-t̚] (u) u ou [-u-]
이응 (ieung) ng ng [-ŋ] (yu) yu you [-ju-]
지읒 (jieut) j / t dj/t [tɕ-]/[-t̚] (eu) eu eu [-ɯ-]
치읓 (chieut) ch / t tch/t [tɕʰ-]/[-t̚] (i) i i [-i-]
키읔 (kieuk) k kh [kʰ-]/[-k̚]
티읕 (tieut) t th [tʰ-]/[-t̚]
피읖 (pieup) p ph [pʰ-]/[-p̚]
히읗 (hieut) h / t h / t [x-]/[-t̚]
Letras compostas
Consoantes dobres Vogais compostas
Jamo Nome Romanización Pron. API Jamo Nome Rom. Pron. API
쌍기역 (ssanggiyeok) kk k appuyé [kʼ-]/[-k̚] (ae) ae è [-ɛ-]
쌍디귿 (ssangdigeut) tt t appuyé [tʼ-]/[-t̚] (yae) yae [-jɛ-]
쌍비읍 (ssangbieup) pp p appuyé [pʼ-]/[-p̚] (e) e é [-e-]
쌍시옷 (ssangsiot) ss s appuyé [sʼ-]/[-t̚] (ye) ye [-je-]
쌍지읒 (ssangjieut) jj tch appuyé [tɕʼ-]/[-t̚] (wa) wa wa [-wa-]
Grupos consonánticos (wae) wae [-wɛ-]
Jamo Nome Romanización Pron. API (oe) oe wi [-wi-]
기역 시옷 (giyeok siot) ks x [-k̚]/[-ks-] (weo) weo wo (o aberto) [-wʌ-]
니은 지읒 (nieun jieut) nj ndj [-n]/[-ntɕ-] (we) we [-we-]
니은 히읗 (nieun hieut) nh nh [-n]/[-nx-] (wi) wi wi [-wi-]
리을 기억 (rieul giyeok) lg lg [-ʎ]/[-ʎg-] (ui) eui euil [-ɰi-]
리을 미음 (rieul mieum) lm lm [-ʎ]/[-ʎm-]
리을 비읍 (rieul bieup) lb lb [-ʎ]/[-ʎb-]
리을 시옷 (rieul siot) ls ls [-ʎ]/[-ʎs-]
리을 티읕 (rieul tieut) lt lt [-ʎ]/[-ʎtʰ-]
리을 피읖 (rieul pieup) lp lph [-ʎ]/[-ʎpʰ-]
리을 히읗 (rieul hieut) lh lh [-ʎ]/[-ʎx-]
비읍 시옷 (bieup siot) bs ps [-p̚]/[-ps-]

Cada consoante en han-geul corresponde a un só fonema na lingua coreana. Porén, estas poden variar de pronunciación a ouvidos estranxeiros. A primeira consoante indica a pronunciación que se escoita ao comezo da palabra, e a segunda, cando non sexa así.

Por exemplo, no caso da palabra 비비다, que significa esfregar, escóitase como pibida. Recorde que os coreanos recoñecen un só fonema ㅂ(bieup) nas dúas sílabas, e non lles son distintas, como adoitamos pensar. De forma análoga, en galego pode pórse un exemplo con palabras como "dedo". O primeiro D corresponde a unha consoante dental oclusiva sonora, e o segundo D a unha dental fricativa sonora. Para un galegofalante, a letra D ten sempre a mesma pronuncia aínda que a fagamos de diferente forma sen sequera darnos conta diso.

  • A letra ㅇ(ieung) é un caso particular. Esta letra representa unha consoante muda ao comezo dunha palabra, mais tamén o fonema 'ng' cando se usa como batchim. A razón é simple: A letra que orixinalmente representaba o fonema 'ng', chamado yet-ieung, chegou a se fundir nun só co ieung co pasar do tempo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Hangul HistoriaHangul Estrutura da escritura en Hangul Nomes oficiaisHangul Nomes coloquiaisHangul JamoHangul NotasHangul Véxase taménHangulAlfabetoConsoanteCoreaVogal

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

SénecaPedro RieloProvincias de España22 de xulloMedoAndoriñaTransformador O PorriñoGalileo GalileiGalego-portuguésDeserto do SáharaAdolfo SuárezSerés, Serés, CastroverdeBipartito galegoAC-141Bárbara ReyContactVáknerEcce HomoRevolución dos CaraveisRamón María del Valle-InclánChorimaIbn al-AbbarAna María Fernández MartínezSéculos EscurosManuel RivasOtelo Saraiva de CarvalhoMarta Fernández-TapiasHenrique VIII de InglaterraTotó GarcíaAltriVincent van GoghBidueiroCatedral de Santiago de CompostelaXosé Luís BernalEl Pueblo GallegoTwitterFollas novasFC Ilves (feminino)Estanislao FiguerasRetorno a Tagen AtaLista de xentilicios de concellos galegosMaruxa MalloFerrer BassaLareiraItxu DíazTransformador (modelo de aprendizaxe automática)Historia de GaliciaQueiroaPablo EscobarMaría Jesús MonteroDelfínEmilio Aragón BermúdezAdriano Correia de OliveiraGalaicosEstados Unidos de AméricaTrofoblastoViacrucisEmilio González AfonsoBritney Spears28 de decembroMedalla CastelaoXoán Manuel PintosRosalía de CastroPeer-to-peerEva CárdenasCaraveleiraA gaita gallega (libro)Batalla das Termópilas (-480)Instagram🡆 More