Bartolomeo Alberto Cappellari Pagani Gesa, nado en Belluno, Italia, o 18 de setembro de 1765 e finado en Roma o 1 de xuño de 1846, foi Sumo Pontífice, bispo de Roma, soberano dos Estados Pontificios e 254º papa da Igrexa católica dende o 2 de febreiro de 1831 ata a súa morte en 1846.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
(1844, Palacio de Versalles) | |
Nome orixinal | (la) Gregorius PP. XVI |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (it) Bartolomeo Alberto Cappellari 18 de setembro de 1765 Belluno (República de Venecia) |
Morte | 1 de xuño de 1846 (80 anos) Roma |
Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro |
254º Papa | |
2 de febreiro de 1831 – 1 de xuño de 1846 ← Pío VIII, papa – Pío IX → | |
Cardeal | |
21 de marzo de 1825 – 2 de febreiro de 1831 | |
Abade | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Pontificios |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Campo de traballo | Cristianismo |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | bispo católico (1831–), sacerdote católico (1787–) |
Lingua | Lingua latina e lingua italiana |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Consagración | Bartolomeo Pacca (pt) |
Participou en | |
14 de decembro de 1830 | Conclave de 1830–1831 (pt) |
1829 | Conclave de 1829 (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
De rapaz ingresou co nome de Mauro no mosteiro de San Miguel de Murano, da Orde da Camáldula, pertencente á Regra de San Bieito (1783), onde pronto se distinguiu polas súas aptitudes para a teoloxía e a lingüística. Tralos votos solemnes, foi ordenado sacerdote en 1887
Obtivo gran notoriedade en 1799 coa publicación dunha obra en contra dos xansenistas italianos titulada Il trionfo della Santa Sede, adicada a Pío VI, cativo dos franceses, que foi traducida a varias linguas europeas. Despois de rexeitar dúas veces o nomeamento de bispo, en 1805 foi consagrado abade do mosteiro romano de San Gregorio al Celio, e posteriormente nomeado procurador xeral da súa Orde, aínda que a ocupación de Roma polas tropas de Napoleón o obrigou a regresar a San Michele di Murano, preto de Venecia.
De novo en Roma desde 1814, e sen abandonar a súa abadía, desempeñou os cargos de consultor da Congregación para Asuntos Extraordinarios da Santa Sé e, dous anos após, do Santo Oficio. Con posterioridade, foi designado examinador xeral de teoloxía da Congregación dos Bispos, consultor da Congregación de Propaganda Fide, revisor dos Libros Sagrados das Igrexas Orientais, e visitador apostólico das universidades de Perugia, Camerino, Macerata e Fermo. En 1825 foi creado cardenal in pectore co título de San Callisto, participando no conclave de 1829 que elixiría ao papa Pío VIII.
Á morte de Pío VIII en 1831, o candidato que contaba co apoio maioritario do colexio cardenalicio era Giacomo Giustiniani, arcebispo de Imola e antigo nuncio en Madrid, que non obstante era vetado polo rei Fernando VII de España. Tras sesenta e catro días de conclave e trinta e oito votacións, resultou elixido Capellari, que non era bispo e só cardeal in pectore, o que obrigou a que fose inmediatamente consagrado polo decano do Colexio Cardenalicio, Bartolomeo Pacca, sendo o mesmo día coroado Sumo Pontífice polo cardeal Giuseppe Albani, protodiácono de Santa Maria in Via Lata.
En 1831 foi elixido sucesor de Pío VIII. Para rematar as loitas que xurdiron no Vaticano tivo que recorrer á axuda de Austria.
Na súa xestión eclesiástica amosou un talante moi conservador, até o punto de opoñerse a que o ferrocarril atravesase os Estados Pontificios. Na encíclica Mirari vos, pola que denunciaba, entre outras cousas, a liberdade relixiosa e a separación entre Igrexa e Estado. A pesar do seu inmobilismo, Gregorio XVI foi bastante crítico coa escravitude, que seguía se practicando en moitos países, como os Estados Unidos e nas colonias españolas de Ultramar.
Recoñeceu a independencia dos novos estados xurdidos en Suramérica, entre eles Chile (1840).
Aboliu a lista pública dos cidadáns que non cumpriran cos preceptos pascuais, mellorou as condicións de vida dos xudeus no Gueto e rebaixou a maioría de idade dos 25 aos 21 anos. En 1841, mediante a encíclica Afflictas in Hispania Gregorio XVI protestou contra a inxerencia do goberno español nos nomeamentos da xerarquía eclesiástica e a supresión das ordes relixiosas, advertindo das sancións canónicas que comportaban.
No relativo ás artes e obras públicas cómpre citar a restauración da Basílica de San Paulo Extramuros destruída por un incencio, o porto de Civitavecchia e as reparacións na desembocadura do Tíber, así como a creación do Museo Etrusco, Exipcio e Cristián e o apoio aos estudos arqueolóxicos das Catacumbas e o foro de Roma.
Foi o máximo responsable do progreso católico en América e potenciou as misións.
Morreu de erisipela o 1 de xuño de 1846 e foi sucedido por Pío IX.
Son, en total, 64:
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Gregorio XVI, papa |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Gregorio XVI, papa, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.