Golfo De Arta

O Golfo de Arta, tamén coñecido como Golfo de Ambracia ou Golfo de Accio (en grego, Αμβρακικός κόλπος, Amvrakikós kólpos; en latín Sinus Ambracium) é un golfo no mar Xónico, no noroeste de Grecia, que forma unha profunda incisión na costa.

Golfo De Arta
Golfo de Arta visto desde o espazo en novembro de 1994.

O golfo, duns 40 km de longo e 15 km de largo está case totalmente pechado e non ten máis que unha pequena abertura ao mar, un paso estreito de 700 m de largo, entre Arta (Accio) ao sur, e Préveza, ao norte, cidades que están hoxe conectadas por un túnel.

Está delimitado polos promontorios de Préveza e Accio, e nas súas costas sitúanse as cidades de Préveza, Arta, Anfiloquía (a antiga Karvassaras) e Vonitsa. É pouco profundo e as súas costas están reberetadas por numerosas marismas, gran parte delas nos estuarios dos ríos Louros e Aractos (ou Arta). Por iso, e por estar tan pechado, é máis cálido e menos salgado que o mar Xónico, sendo rico en linguados e anguías

O golfo toma o seu nome da antiga cidade de Arta situada preto das súas costas. O seu nome alternativo provén da cidade antiga de Ambracia.

Desde a independencia grega (Tratado de Constantinopla, 1832) até a segunda guerra balcánica (Tratado de Bucarest, 1913), o golfo formou parte da fronteira entre o Reino de Grecia e o Imperio Otomán. Restos de numerosas cidades antigas encóntranse nas súas Beiras: Actium na entrada, Nicópolis, fronte a ela, Argos Ippatum, Limnaea e Olpae.

Na entrada do golfo librouse a famosa batalla de Accio o ano 31 a.C.

Notas

  • James Wolfe, "Observations on the Gulf of Arta, Made in 1830" Journal of the Royal Geographical Society of London 3:77-94 (1833) at JSTOR (en inglés)

Tags:

GreciaLingua gregaLingua latinaMar Xónico

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Vladimir PutinPoloniaPosición do canTito AsoreyEduardo Paredes RodríguezÁngel CarracedoBergantiños Fútbol ClubMaría Victoria MorenoCrime de honraUrueñaNapoleón I de FranciaJosé Antonio Primo de RiveraMónica García PérezCaixa Rural GalegaQuercusLicenciado MolinaAlfabeto galegoMúsica dos países islámicosRevolución galega de 1846Historia dos eslavos do surIker MuniainAntolín FaraldoLugares de ArteixoA memoria da choivaPenélope CruzFélix BolañosVivir sin permisoSanta CompañaAcademia Chinesa de CienciasDonicelaMiguel Ángel Zabalza BerazaRusiaXurxo SoutoJoe BidenPeníscolaNiloElena CandiaEsther F. CarrodeguasPilar AlegríaRedondelaCMSHLA-DMHindemburg Melão Jr.Alfonso Basterra CamporroToni KroosDani PedrosaAlfredo Pérez RubalcabaLeonardo da VinciJosé Luis ValladaresTaylor SwiftSoledad PenaltaNoiaDaniel BasteiroSalgueiroIosif StalinInternetLingua casteláSátrapaXestión de dereitos dixitaisHoliHTMLFerrolPegsatLiga Feminina de BaloncestoÁlex GonzálezJosé Luis Rodríguez ZapateroSonsoles EspinosaEva CárdenasSuso Díaz EstévezAciñeiraOs pronomes persoais galegosEspañaEmilia Pardo BazánAlfonso MolinaCayetana Guillén CuervoOs PinosYolanda DíazO porco de pé🡆 More