Furaño Común

O furaño común (Crocidura russula) é unha especie de mamífero soricomorfo da familia Soricidae.

Furaño común
Furaño Común
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Soricomorpha
Familia: Soricidae
Subfamilia: Crocidurinae
Xénero: Crocidura
Especie: C. russula
Nome binomial
Crocidura russula
Hermann, 1780
Distribución de Crocidura russula.
Distribución de Crocidura russula.

Distribución de Crocidura russula.
Subespecies
  • Crocidura russula subsp russula, Herman, (1780).
  • Crocidura russula subsp cintrae, Miller, (1907).
  • Crocidura russula subsp osorio, Molina e Huntterer, (1989).
  • Crocidura russula subsp peta, Montagu e Pickford, (1923).
  • Crocidura russula subsp pulchra, Cabrera, (1907).
  • Crocidura russula subsp yebalensis, Cabrera, (1913).

Descrición

É un crocidorino de tamaño mediano e cola relativamente curta, de 30 a 40 mm, corpo de 34 a 47 mm e de 7 a 14 gramos. Os ollos son pequenos cos pavillóns auditivos ben desenvolvidos, moi visibles. O pelame varía pola idade, a época do ano e a localización xeográfica, en xeral, é gris uniforme nos xuvenís, pardo ou pardogrisaceo no verán e gris escura no inverno.

Distribución

Norte de África e suroeste de Europa, dende Portugal até o río Elba, en Alemaña, norte de Suíza, Austria e sueste de Francia, a vertente norte dos Alpes é o seu límite suroriental. Atópase tamén en Gran Canaria, algunhas illas atlánticas de Francia e Gran Bretaña.

Recentes estudos morfológicos e xenéticos revelaron a separación en dúas especies, os exemplares que habitan dende o leste de Alxeria, Tunes, determinadas illas mediterráneas, leste de Europa e Israel, pertencen a Crocidura ichnusae (Huntterer, 2005).

Variación xeográfica

A especie amosa unha notable variación xeográfica, tanto na súa morfometría como na súa coloración, manifestando unha diminución de tamaño cara ao sur da Península Ibérica.

Hábitat

É unha especie de requirimentos basicamente mediterráneos, prefire hábitat abertos e marxes dos bosques con boa cobertura vexetal á altura do chan, aparece tamén en campos de cultivo e no maquis mediterráneo ou nas zonas boscosas con sobosque claro. A súa distribución altitudinal varía segundo a localización xeográfica, dende os 1.200 metros en Pireneos até os 2.000 nas zonas máis mediterráneas.

Depredación

É unha especie depredada por numerosas aves de rapina, tanto nocturnas como diúrnas, ademais de por certos carnívoros como a xeneta (Genetta genetta), o golpe (Vulpes vulpes) e maila donicela (Mustela nivalis).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Crocidura russula, en Don E. Wilson & DeeAnn M. Reeder (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed), Johns Hopkins University Press (en inglés)
  • Crocidura russula no Atlas da biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente (MMA). Ficheiro en pdf. Visto o 3 de agosto de 2009. (en castelán)

Tags:

Furaño Común DescriciónFuraño Común DistribuciónFuraño Común HábitatFuraño Común DepredaciónFuraño Común NotasFuraño Común Véxase taménFuraño ComúnEspecieFamilia (bioloxía)MamíferoSoricidae

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Mercedes QueixasJorge PeteiroRamón María del Valle-Inclán1928Diego González RivasThe HivesMimosaParroquias de GaliciaCarmen LovelleNúmero piA chave das nocesFranciaReino de GaliciaLandraRaquel Castro MartínezColocación do pronome átono en galegoDavid MellaDiego AnidoDodroGarbiñe MuguruzaLola FloresInglaterraEsther EstévezCandela PeñaVila de CrucesHistoria de GaliciaPosición aconchegadaFermin MuguruzaXoán Manuel PintosToniña comúnJacinto BenaventeBojan KrkićOs demostrativos galegosSelección de fútbol de GaliciaBeteluRastroMiguel de CervantesSecretaría Xeral de Política LingüísticaJesús Hidalgo BermejoReal Club Celta de VigoLavandaCabo Norte, NoruegaTwitterXXX edición dos Premios GoyaCunnilingusXosé Ramón GayosoHarry StylesDaniel BasteiroLista de xentilicios de concellos galegosSantiago de CompostelaIrmandiñosJordi PujolLesakaTrofoblastoOs pronomes persoais galegosBrasilValenciaArmando BlancoLabor Gallega (A Habana)Diego Rivas RegoRataDía das Letras GalegasAmaia Martínez GrisaleñaCaquetáThomas Alva EdisonAdolf HitlerRembrandtAna María Fernández MartínezFrancisco Porto MellaGeorgia O'KeeffeFalange EspañolaLudwig van BeethovenLPello OtxandianoXeración do 36Manuel Gago MariñoPosición do misioneiro🡆 More