Ferreiriño Abelleiro: Especie de paxaro

O ferreiriño abelleiro ou sachatín (Parus major) é un paxaro da familia dos páridos (Paridae), o membro de maior tamaño da súa familia dos que habitan en Europa.

Ferreiriño abelleiro
Ferreiriño Abelleiro: Descrición, Alimentación, Hábitat
Macho Parus major song.ogg Birdsong
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Paridae
Xénero: Parus
Especie: P. major
Nome binomial
'Parus major'
Linnaeus, 1758
Distribución das subespecies
Distribución das subespecies

Distribución das subespecies

Descrición

O ferreiriño abelleiro mide uns 14 cm é ten unha envergadura de á entre 22,5–25,5 cm. Pesa uns 20 gramos. A cabeza e o colo son negros, as meixelas son brancas. Unha faixa de cor tamén negra, máis ancha no macho, atravésalle o peito, que, coma o ventre, é amarelo. Nas femias a cor amarela da parte inferior é máis mate.

O canto é moi variado e emprega formas que se atopan tamén noutros páridos. É, porén, máis alto e potente.

Alimentación

Aliméntase principalmente de insectos, pero come tamén sementes de plantas, bagas, botóns de flores e froitos secos. Prefire comer desde a pólas máis baixas das árbores, preto do tronco, pero é frecuente que procure a comida polo chan. No inverno concéntranse facilmente en comedeiros artificiais, onde prefiren os cacahuetes crus e as pipas de xirasol. Poden chegar a facerse bastante confiados.

Hábitat

O Ferreiriño abelleiro é unha ave paleártica. En Europa é principalmente sedentario, agás en Islandia e no norte da Escandinavia e na antiga URSS. Na Península Ibérica e abondoso. Na Galiza tamén é común e sedentario en todo o territorio. Distribúese ata os 800 m de altitude.

Vive en zonas de bosque. En xeral prefire os bosques vellos caducifolios ou mixtos, pero é moi adaptable e afaise a vivir en xardíns, parques e plantación de árbores.

Etoloxía

Entre as follas dun loureiro
está o ferreiro a cantar.
¿que lles dirá ás mociñas
que andan a reloucar?

—C. Pedreira
Ferreiriño Abelleiro: Descrición, Alimentación, Hábitat 
Ferreiriño abelleiro no inverno

O ferreiriño abelleiro ten dous ciclos de actividade diarios: un pola mañá cedo e outro máis curto polo serán. Este último prodúcese só fóra da estación de cría. Móvese con pequenos pulos coma outros páridos pero non é tan frecuente velo pendurado das pólas como no caso doutros membros da familia.

Defende o mesmo territorio durante todo o ano e toda a vida contra os seus conxéneres. É monógamo, a parella fórmase ó inicio da estación de reprodución e mantense xunta durante toda a época de cría.

Fan o niño de musgo, liques, garabulliños e raíces en árbores, ocos en paredes, ou caixas artificiais para facer niños a unha altura de entre 3 e 5 metros. A femia pon ovos dúas veces ó ano (pode facer unha nova posta se a primeira é destruída) entre marzo e xuño. Pon de 7 a 12 ovos, en raras ocasións menos. Os ovos son brancos con pencas vermellas. A incubación dura de 12 a 15 días. Os polos permanecen no niño de 16 a 21 días, e son alimentados polos dous proxenitores.

Alcanzan unha idade media de 1,7 anos. Algúns exemplares chegan a vivir 11 ou 12 anos e o máis vello coñecido tiña polo menos 15.

Galería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Ferreiriño Abelleiro DescriciónFerreiriño Abelleiro AlimentaciónFerreiriño Abelleiro HábitatFerreiriño Abelleiro EtoloxíaFerreiriño Abelleiro GaleríaFerreiriño Abelleiro NotasFerreiriño Abelleiro Véxase taménFerreiriño AbelleiroEuropa

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Primeira guerra mundialJake GyllenhaalGiotto di BondoneDistritos de PortugalEdgar de WahlVilamartín de ValdeorrasAndre DrummondAnimalLista de concellos de OurenseAmhrán na bhFiannADN ZCentrocampistaLingua estonianaJulián MuñozAeroporto de Beauvais-TilléEdicto de MilánOxalacetatoSabuguido, Vilariño de ConsoEster ExpósitoAWStatsMarylandLingua checaUniversidade de GranadaArtemisaÁreas lingüísticas do galegoEsteroide sexualForo (contrato)WikipediaLappeenrantaCalzada do XigantePericarditeCarlos GardelDous espíritosCallosobruchus chinensisÁcido nonacosílicoBrendon HartleyMilloForróCuzcoCosworthPortugalCarneiro (molusco)Isambard Kingdom BrunelPlebeÁcido fosfatídicoLingua xeorxianaPonte das PíasJohn F. KennedyEdward R. MurrowPirelliFrancisco, papaCangrexo ermitánRubén RiveraArvicola amphibiusLeicesterLugoArianna d'OttoneFoca comúnSydney SweeneyConcellos de GaliciaIsidoro de KíivRanger 5Don't ask, don't tellGrupo EroskiTartaruga xigante das GalápagosBearizÁcido palmitoleicoAnxo (cristianismo)Marta DarribaElena RybakinaArnold SchwarzeneggerBenz Patent-MotorwagenTranslocase da membrana internaLista de vehículos de Mercedes-BenzBantengCopia por contacto🡆 More