Estado Soberano: Organización política con unha administración central dun determinado territorio

Un estado soberano é un estado cun territorio definido sobre o cal exerce unha soberanía interna e externa, unha poboación permanente, un goberno, independencia doutros estados e poderes, e a capacidade de establecer relacións con outros estados soberanos.

O goberno dun estado soberano ostenta o título legal de todo o seu territorio. Adoita entenderse tamén que non depende nin está suxeito a calquera outro poder ou estado. Aínda que conceptualmente un estado soberano pode existir sen ser recoñecido por outros estados soberanos, para os estados non recoñecidos adoitan ser difícil exercer os poderes para facer tratados e as engrenaxes das relacións diplomáticas con outros estados soberanos.

Historia

Desde finais do século XIX, case toda a terra habitable está parcelada en áreas con límites máis ou menos definidos reclamados por diferentes estados. Anteriormente, existían grandes áreas que non foran reclamadas ou habitadas, ou estaban habitadas por pobos nómades que non estaban organizados coma estados. Porén, incluso nos estados actuais existen enormes áreas salvaxes, como a Amazonia, que ou non están habitadas ou o están por pobos indíxenas. Existen, ademais, estados que non controlan de facto todo o territorio reclamado (estados falidos) ou no que este control está discutido (coma en Somalia).

Na actualidade, a comunidade internacional comprende máis de 200 estados soberanos, a gran parte dos cales está representado na ONU. Estes estados forman o que os teóricos das relacións internacionais chaman sistema, onde cada estado ten en conta o comportamento dos outros estados para tomar as súas decisións. Desde este punto de vista, os estados intégranse nun sistema internacional para abordar a seguridade interior e exterior e os conflitos de lexitimidade. Recentemente, desenvolveuse a noción de comunidade internacional para referirse ao grupo de estados que estableceron regras, procedementos e institucións para dirixir as súas relacións.

Ortografía

Cando nos referimos a un estado concreto (ou implícito) escríbese con maiúscula, por exemplo O Estado cobre os gastos da seguridade social ou cando é parte do nome, por exemplo Estados Unidos do Brasil, pero non é necesario se é unha referencia xenérica, por exemplo O Brasil está constituído por vinte e tres estados. A mesma norma aplica para a ortografía do acordo ortográfico do portugués e para o castelán.

Notas

Tags:

EstadoGobernoPoboaciónSoberanía

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Idade MediaJordi Sierra i FabraRío UllaCunnilingusVerínCarlos NegroNuno García PicoRSSReconquistaEsvásticaGrupo EroskiLonga noite de pedraAfonso X o SabioVilalbaA morte na cultura popular galegaBenito KamelasDelfínMámoaSergio RamosOurenseComarcas de GaliciaGatipedroO Barco de ValdeorrasOcéano ÍndicoSara ErraniO sol do veránAcrofiliaGisela LladóDemocracia OurensanaProvincia da CoruñaRías Baixas (serie de televisión)Momia de ManchesterCharles DarwinLonga distancia RenfeRoberto Vidal BolañoContactCáceresAdolfo SuárezNomes de fumeManuel Lago GonzálezCelso Emilio FerreiroXosé RepresasViquingos en GaliciaSalvador IllaÁ lus do candilPosición do misioneiroPRECSapo comúnFillas de CassandraMecanismo de AnticiteraSabela (Operación Triunfo)Fragas do EumeAnne HecheAna TurpinGrupo RompenteCélula amácrinaNino BravoIgnacio Rivera QuintanaPosición do canEllen DeGeneresBImperio BritánicoSelena GomezSetaCesc FàbregasAranésImperio BizantinoMickey MouseVienaThe BeatlesLingua galegaSonia FerrerNordés (vento)Helsingin Jalkapalloklubi🡆 More