Nómade

Os nómades (do grego: νομάδε, nómade, o que deixa os rabaños nos pastos) son comunidades que se trasladan dun lugar a outro, no canto de establecerse permanentemente nun só lugar.

Estímase que, no planeta, ao redor de 30 a 40 millóns de persoas pertencen a pobos nómades.

Nómade
Familia de pastores nómades da rexión tibetana de Naptso.
Nómade
Unha nai e o seu fillo dun pobo beduíno nómade (National Geographic) Foto do 2005.

Os primeiros seres humanos foron nómades, mais aínda é a forma de vida de moita poboación do mundo.

Durante a Prehistoria, ó non coñecer o home a agricultura nin a gandaría, víase obrigado a seguir os rabaños dos animais dos que se alimentaba para cazalos e sustentarse, ó mesmo tempo que cazaba ou pescaba outros animais e recolectaba produtos vexetais.

O home descubriu a agricultura e a gandaría durante o Neolítico. Grazas a iso, moitas poboacións puideron asentarse nas terras que ocupaban e convertérense en sedentarios. Porén, nalgúns lugares do mundo era necesario desprazar constantemente o gando para que este puidese seguir pacendo unha vez que esgotaba o pasto dun lugar; ou era necesario buscar novas zonas onde cultivar plantas, coma nas selvas tropicais, onde se cultivaban (e séguese cultivando) sobre as cinsas dos terreos queimados, que unha vez cultivados, abandónanse e búscanse novos terreos.

Durante a antigüidade e a Idade Media houbo un gran número de pobos nómades. Moitos deles causaron estragos en grandes países sedentarios, como as invasións bárbaras no Imperio Romano, ó cal fragmentaron; ou as invasións mongois sobre a China e outras moitas rexións asiáticas e europeas, as cales devastaron e conquistaron.

Hoxe a maioría da poboación mundial é sedentaria, ou semisedentaria (coma en Bangladesh, país situado no delta de grandes ríos, a maioría do terreo é tan cambiante que é necesario abandonar as casas para construílas en novos sitios varias veces durante a vida).

Algúns exemplos de conxuntos diferenciables de pobos nómades que hoxe existen son os seguintes:

Notas

Tags:

Lingua grega

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Marina CastañoManchester City F.C.1917BarbadosColin FirthÁreas lingüísticas do galegoFoliadaUAWStatsEstrutura primaria das proteínasREC (filme)MicrosoftEuromillónsPaulino VázquezA fiestra valdeiraImma António SoutoKm 3Pedro Barrié de la MazaGerardo Pardo de VeraTECOR societarioXogo de apostaLingua árabeTahuataJCañita BravaGrecia antigaXela Arias7VulvaMáquina comecartosBerensonLista de voces dos animais25José Juan FigueirasLista de castelos de PortugalTelevisión de GaliciaKurdistánPsicoloxíaYves MontandXornalismoDrag Race España (segunda tempada)Alfonso ZarauzaMadeiraSantiago de CompostelaLuís RubidoLista de ríos de GaliciaContigo PódeseThe ArtistAs Cruces, SobradoSica RomeroLingua polacaCampo da RataFlandresMoncho ReboirasJuan Almeida de Sousa e SaaCalorRibadaviaVogais da lingua galegaUcraínaSalgueiroCristiano RonaldoMelgaçoJosé Miñones CondeEncyclopædia BritannicaTimeEduardo Sanches Maragoto89Manuel MurguíaAmieiroVilamaior do Val, VerínFerreiriño abelleiroRomaTiburónsRauw AlejandroXosé Manuel BeirasArcos de ValdevezSistema de escrita🡆 More