Nomenclatura Binominal

En bioloxía, a nomenclatura binominal (tamén chamada nomenclatura binaria) é un convenio estándar empregado para denominar as diferentes especies de organismos (vivos ou xa extintos).

Ás veces faise referencia á nomenclatura binominal como Sistema de Clasificación binominal.

Como suxire a palabra «binominal», o nome científico asignado a unha especie está formado pola combinación de dúas palabras (nomes en latín ou de raíz grecolatina): o nome do xénero e o epíteto ou nome específico. O conxunto de ambos os dous é o nome científico que permite identificar cada especie coma se tivese "nome e apelido".

A nomenclatura binominal é a norma puntual que se aplica á denominación dos taxóns específicos, mais representa só un dos estándares da nomenclatura biolóxica, que se ocupa tamén da denominación formal (científica) de taxóns doutras categorías.

Concepto

O nome de xénero (sempre que non se refira a un taxón monoespecífico) é compartido con outras especies próximas, como exemplo: Homo sapiens e Homo neanderthalensis son especies do mesmo xénero.

O descritor específico (epíteto específico para a botánica, e nome específico para a zooloxía), que funciona como un "adxectivo cualificativo", pode ser un termo común para especies de diferentes xéneros, Por exemplo: Verbena officinalis e Lavandula officinalis son os nomes científicos para dúas plantas diferentes, a verbena e a lavanda respectivamente; aquí, officinalis é un cualificativo que significa "da farmacia ou botica", "de uso medicinal".

Así, o que designa inequivocamente a especie é a combinación das dúas palabras; deste xeito, o nome da especie humana é Homo sapiens e non soamente sapiens. Isto é porque o descritor específico perde o seu significado nominal inequívoco se se escribe só.

Ás veces, a nomenclatura binaria pode xerar nomes con certo carácter descritivo. Como exemplo: Staphylococcus aureus, tería o significado de "grans en acios" (Staphylococcus) e "dourado" (aureus) facendo referencia a que é unha bacteria en cuxos cultiivos se ve microscopicamente a distribución dos cocos en grupos de acios e que macroscopicamente forma colonias amarelentas. Outras veces, o nome científico ten unha correspondencia case idéntica co nome vulgar, por exemplo: Rosa canina para a rosa canina.

Valor e uso da nomenclatura

No contexto científico, a utilidade da fórmula binaria consiste non só en salvar a ambigüidade que se pode presentar ante os diferentes nomes vulgares para un organismo, senón tamén para dar nome a aqueles espécimes que nin sequera teñen un nome común. Tamén permite superar as dificultades comunicacionais en diferentes linguas a partir do recoñecemento universal e dun sistema de nomenclatura estándar.

O valor do sistema de nomenclatura binominal deriva primariamente:

  1. da súa economía, pois bastan só dúas palabras para identificar inequivocamente unha especie;
  2. o seu uso difundido e xeneralizado, fomentado e regulado pola comunidade científica para uso universal.
  3. e a estabilidade relativa dos nomes usados, pois intentan conservarse malia modificacións taxonómicas e sistemáticas.

Con todo, malia as regras que ditan o carácter único do nome binario para unha especie, na práctica é común que existan "sinónimos" e que haxa varios nomes científicos en circulación para unha mesma especie (en xeral dependentes do punto de vista do sistema taxonómico particular en uso, e en derradeira instancia, do autor).

A estabilidade dos nomes periga no intre da resurrección daqueles nomes esquecidos no tempo, os cales poderían reclamar a súa prioridade por seren os primeiros publicados. Nestes casos, con todo, é posible conservar estes nomes (nomina conservanda ou nom.cons.) de acordo aos códigos de nomenclatura en uso. Para a nomenclatura botánica, acéptanse como válidos só aqueles nomes que a partir de 1753 aparezan nunha publicación oficial; tomándose 1753 como data de partida pola primeira publicación linneana (Species Plantarum). Para a zooloxía, a data de partida é 1758.

Historia

A adopción dun sistema de nomenclatura baseado en dous nomes débese ao naturalista e médico sueco Carl von Linné (1707-1778) quen intentou describir a totalidade do mundo natural coñecido dándolle a "cada especie" un nome composto de dúas partes. Con todo, a nomenclatura binominal existiu antes de Linnaeus en formas variadas. Pero é a partir das publicacións linneanas que se comeza a xeneralizar a fórmula binominal para a nomenclatura específica.

Códigos de Nomenclatura

Desde mediados do s. XIX, fíxose cada vez máis notoria a necesidade dun corpo de normas que regrasen a conformación dos nomes científicos. Co correr do tempo, estes canons coñecidos como Códigos de Nomenclatura, ditaron a denominación de:

A composición dos Códigos de Nomenclatura varía dun a outro.

Convenciones sobre a nomenclatura

Existen algúns aspectos universalmente adoptados para a formulación da nomenclatura binaria.

A persoa que describe por primeira vez unha especie (o seu "autor") é a que ten o privilexio de darlle nome. Cando o autor elixe asignar un nome ou epíteto específico derivado dun nome propio, é a título de homenaxe ou recoñecemento, dedicándolla a un colega, amigo ou familiar, en forma latinizada (como por exemplo a Lebre de piornal, chamada Lepus castroviejoi en honor do escritor Xosé María Castroviejo); considérase de mal gusto e signo de egocentrismo que o autor se dedique a especie a si mesmo (por exemplo, Escherichia coli é por Theodor Escherich, e coli significa "intestinal", "do colon"; tamén Rhea darwinii por Charles Darwin). Noutros casos, os nomes elíxense en referencia a caracteres ou propiedades do ser vivo que se nomea, p. ex. en Cistus albidus, o termo albidus (en latín, branco), fai referencia á cor esbrancuxada das follas desa planta; en Lavandula officinalis, o termo officinalis (en latín, usado na officina ou botica) lembra que a planta ten propiedades medicinais.

Xeralmente, á beira do nome binominal consta o apelido do autor (abreviado en botánica) que primeiro publicou oficialmente ese nome. Se a especie en cuestión actualmente pertence a un xénero diferente do orixinal descrito, faise constar o nome do autor orixinal entre parénteses anexado ao nome actual da especie. Ás veces tamén se xunta a data na que se realizou a descrición da especie. Por exemplo o pardal, Passer domesticus (Linnaeus, 1758) orixinalmente descrito como membro do xénero Fringilla.

O nome do xénero (nome xenérico) sempre debe ter a inicial maiúscula, mentres que o epíteto específico non a leva nunca. A norma inclúe a obriga de resaltar o nome, o que en manuscritos e textos mecanografados se fai subliñándoo (Homo sapiens), e en textos de imprenta ou de ordenador faise por medio da cursiva (Homo sapiens), aínda que, con menos frecuencia, tamén podería resaltarse en letra grosa (Homo sapiens).

O nome científico dunha especie xeralmente debe escribirse completo cando se emprega por primeira vez nun texto. Pero nas referencias posteriores a especies do mesmo xénero, o nome do xénero pode abreviarse utilizando a inicial en maiúscula seguida dun punto Por exemplo, para citar o morcego pequeno de ferradura no comezo dun texto, escríbase "Rhinolophus hipposideros"; logo a escritura "R. hipposideros" sobrenténdese que é a mesma especie, mais se logo se escribe "R. euryale" debe entenderse que se trata de "Rhinolophus euryale", outra especie. Debe evitarse a abreviatura se pode inducir a engano entre nomes.

Nuns poucos casos a abreviatura dun nome específico é de uso común, como no caso da bacteria Escherichia coli, que adoita abreviarse como E. coli (e ata só coli na literatura médica e doutros grupos profesionais alleos á bioloxía).

Cando se empregan nomes vulgares e científicos, xeralmente estes últimos acompañan aos vulgares entre paréntese. Por exemplo, "A chicoria (Cichorium intybus) pertence á familia..."

Para facer referencia ás especies pertencentes a un xénero (e ás veces a un taxon xenérico particular), a fórmula binominal cambia a: Nome do Xénero spp., por exemplo: Pinus spp. lese como "as especies do xénero Pinus".

Notas

Véxase tamén

Tags:

Nomenclatura Binominal ConceptoNomenclatura Binominal Valor e uso da nomenclaturaNomenclatura Binominal HistoriaNomenclatura Binominal Códigos de NomenclaturaNomenclatura Binominal Convenciones sobre a nomenclaturaNomenclatura Binominal NotasNomenclatura Binominal Véxase taménNomenclatura BinominalBioloxíaEspecie

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Río MiñoJosé Manuel Pérez PenasEscherichia coliXabier DíazPortadaLista de concellos de OurenseA carta roubadaMoscovaO Alto do Castiñeiro, Narón, NarónHeterosexualidadeRede neural artificialPoutaCharlie Chaplin25Grupo RompenteAntía OteroVíctor MosqueiraFolgoso, Castro CaldelasEvaristo CalvoFranciaMatria (filme)Premios da Cultura GalegaJesús Vázquez AlmuíñaEleccións municipais en CamariñasJosé Benito Pardo RodríguezEleccións municipais en San Cibrao das ViñasAnxo Xoán Rajó PazóCamba, Castro CaldelasCastro de PrismosArroazJohn HerschelPansexualidadeDaniel AsoreyPegaToubes, A PeroxaMaría Xosé QueizánAntón LouroJosé Manuel Baltar BlancoQuenllaContactorLuis ZaheraCopa da CostaHomosexualidadeLuís TorrasFerrolSoutomaiorAnxo AngueiraCHéctor CajaravilleReino de Galicia6Janja Lula da SilvaRibeiraMáquina comecartosLaosLobiosXián (nome)Lingua galegaCarrizo (paxaro)Masculino e feminino en galegoEstatua de Che Guevara en OleirosCogomeloBioluminescenciaAdiós, MaríaTribadismoZLPedra de SconeDaniel DomínguezXan Xove77OrchataMiñato comúnXabier González🡆 More