Estado Islámico: Grupo militar extremista wahhabí/xihadista salafí e autoproclamado califato

O Estado Islámico de Iraq e Levante (árabe: الدولة الإسلامية في العراق والشام), tamén coñecido como Estado Islámico de Iraq e Siria (ISIS en inglés), Estado Islámico de Iraq e ash-Sham, Estado Islámico (EI) ou Daesh (داعش), é un grupo militar extremista wahhabí/xihadista salafí e autoproclamado califato, e antigo protoestado non recoñecido que seguía unha doutrina fundamentalista, salafí do sunnismo.

Estado Islámico conseguiu a atención global a comezos de 2014 cando desprazou ás forzas do goberno iraquí fóra de cidades estratéxicas na ofensiva iraquí occidental, seguida da captura de Mosul e o masacre de Sinjar.

Estado Islámico: Historia, Notas, Véxase tamén
Bandeira do Estado Islámico.
Estado Islámico: Historia, Notas, Véxase tamén
Territorio controlado por EI (21 de outubro de 2015).

O grupo foi descrito como unha organización terrorista polas Nacións Unidas e por moitos países de xeito individual. EI é coñecido polos seus vídeos propagandísticos de decapitacións e outro tipo de execucións a militares e civís, incluíndo xornalistas e axuda humanitaria, así como pola destrución de lugares considerados patrimonio cultural. As Nacións Unidas consideran a Estado Islámico responsable de violar os dereitos humanos e de crimes de guerra. EI tamén realizou limpeza étnica a grande escala no norte de Iraq.

Historia

Estado Islámico naceu como Jama'at al-Tawhid wal-Jihad en 1999, prometendo lealdade a al-Qaeda e participaron na insurxencia iraquí despois da invasión do país de 2003 por forzas occidentais e principalmente polos Estados Unidos. O grupo proclamouse a si mesmo califato mundial e comezou a referirse a si mesmo como Estados Islámico (en árabe: الدولة الإسلامية ad-Dawlah al-Islāmiyah) ou IS en xuño de 2014. Como califato, reclamou autoridade relixiosa, política e militar sobre tódolos musulmáns do mundo. A adopción do nome de Estado Islámico e a idea dun califato foron amplamente criticados, polo cal as Nacións Unidas, varios gobernos e representantes mundiais musulmáns rexeitaron a súa calidade de estado.

En Siria, o grupo levou a cabo ataques contra as forzas do goberno e ás forzas da oposición, e en decembro de 2015 controlaban unha grande área do oeste de Iraq e o leste de Siria, cunha poboación estimada de 2,8 a 8 millóns de persoas, onde cumprían a súa propia interpretación da xaria. Crese que EI está operativo en 18 países en todo o mundo, incluíndo Afganistán e Paquistán, con "pólas aspirantes" en Malí, Exipto, Somalia, Bangladesh, Indonesia e Filipinas. En 2015, estimouse o orzamento anual de EI en máis de $1 billón de dólares estadounidenses e unha forza de máis de 30 000 soldados.

En xullo de 2017, o grupo perdeu o control da súa meirande cidade, Mosul, en prol do exército iraquí. Despois da súa meirande derrota, EI continuou a perder territorio en varios estados e fronte a forzas aliadas, chegando a non controlar ningún territorio significativo en novembro de 2017. Os oficiais militares dos Estados Unidos e outras análises militares reportaron en decembro de 2017 que o grupo só mantiña o 2% do territorio que tiña anteriormente. O 10 de decembro de 2017, o Primeiro Ministro iraquí Haider al-Abadi dixo que as forzas iraquí eliminaron os últimos restos do Estado Islámico no país, tres anos despois de que o grupo militante capturase preto dun terzo do territorio iraquí.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Estado Islámico HistoriaEstado Islámico NotasEstado Islámico Véxase taménEstado Islámico

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

CarbohidratoCristina MaróJennifer LopezAlfabeto galegoLista de ríos de GaliciaCaso Asunta BasterraBárbara Rey1928Game Boy Advance SPLondresSan PetersburgoÁreas lingüísticas do galegoTelexornalJorge LorenzoArantzaAsteraceaeZeca AfonsoJackson PollockHarry StylesGarbiñe MuguruzaTransformador (modelo de aprendizaxe automática)RibeiraXeración do 36Rosario Porto OrtegaTraxe galegoPatricia VázquezÑÁnxel CasalBronceCataluñaMauro Scalonioyz9zLuis Mateo DíezMondoñedoAna TurpinSegunda República EspañolaGheadaLista de deuses celtasJavier CasqueiroMucha e NuchaLAccidente de ChernóbilAustraliaTeixugoLista de nomes femininos en galegoMercedes QueixasGuerraNightmare Alley (filme de 2021)Vincent van GoghO CarballiñoCayetana Álvarez de ToledoOllos de augaEstados Unidos de AméricaRibadeoFernando Salgado GarcíaCamilo Díaz BaliñoTeresa García-SabellCoco (bacteria)John Forbes NashEstadio de TammelaJesús Hidalgo BermejoC++Sabela (Operación Triunfo)Clara CampoamorYolanda CastañoIker MuniainYolanda DíazLista de filmes coas maiores recadaciónsTarragonaAna RomaníMedalla CastelaoFento🡆 More