Guerra De Iraq

A Guerra de Iraq, tamén coñecida como Segunda Guerra do Golfo ou Operación Liberdade Iraquí nos Estados Unidos, Operación Telic no Reino Unido e, noutros ámbitos, ocupación de Iraq, foi un conflito que comezou o xoves 20 de marzo de 2003 e rematou o domingo 18 de decembro de 2011.

Tras finalizala guerra, deuse paso a unha operación de adestramento das tropas iraquís para combater a insurxencia e o terrorismo. Esta operación deuse a coñecer como Operación Novo Amencer, e representa a continuación da guerra de Iraq, que se inicia ó organizar os Estados Unidos unha coalición multinacional para a invasión de Iraq, estando composta por unidades das forzas armadas dos propios Estados Unidos, o Reino Unido e continxentes menores de España, Australia, Dinamarca, Polonia e outros Estados.

Guerra de Iraq
Parte de Guerra contra o terrorismo
Guerra De Iraq
Comezando pola parte superior esquerda: patrulla conxunta en Samarra; derrubamento da estatua de Saddam Hussein na praza Firdos, soldado do exército iraquí prepara o seu rifle durante un asalto no sur de Bagdad.
Data 20 de marzo de 2003 - 18 de decembro de 2011
Lugar Iraq
Resultado Retirada das tropas estadounidenses.
  • Vitoria aliada na invasión de Iraq de 2003.
  • Ocupación de Iraq.
  • Formación dun goberno provisional.
  • Derrocamento do goberno do Partido Baath e a execución de Saddam Hussein.
  • Xuízos dos funcionarios baathistas por crimes contra a humanidade.
  • Crise humanitaria con abusos de dereitos humanos, vítimas civís e refuxiados.
  • Destrución e roubo dalgunhas pezas arqueolóxicas.
  • Insurxencia iraquí e comezo da guerra civil.
  • Danos nas infraestruturas.
  • Privatización dos servizos iraquís.
  • Ratificación dunha nova constitución democrática.
  • Elección dun goberno democrático.
  • Operacións de Al Qaeda en Iraq.
  • Operacións de combate militar concluídas.
  • Ocupación militar.
  • Inestabilidade política e continuación da violencia sectaria após a retirada militar estadounidense.
Belixerantes
Guerra De Iraq Coalición multinacional en Iraq
Guerra De Iraq Estados Unidos
Guerra De Iraq Peshmergas kurdos
Guerra De Iraq Iraq (Dende 2006)
Guerra De Iraq Reino Unido
Australia Australia
Polonia Polonia
Dinamarca Dinamarca
Italia Italia
Romanía Romanía
Ucraína Ucraína
Países Baixos Países Baixos
España España
Bulgaria Bulgaria
Guerra De Iraq Xapón
Guerra De Iraq Xeorxia
Guerra De Iraq República Dominicana
(Máis os países restantes da coalición)
Guerra De Iraq Iraq (baixo Saddam Hussein)
Guerra De Iraq Baathistas iraquís
Guerra De Iraq Resistencia iraquí
Guerra De Iraq Exército de al-Mahdi
Guerra De Iraq Muyahidínes
Guerra De Iraq Partido Comunista Iraquí
Guerra De Iraq Fedayínes
Guerra De Iraq Organización dos muyahidines do pobo iraniano
Líderes
Guerra De Iraq George W. Bush
Guerra De Iraq Barack Obama
Guerra De Iraq Richard B. Myers
Guerra De Iraq Peter Pace
Guerra De Iraq Michael Mullen
Guerra De Iraq Paul Bremer
Guerra De Iraq Jay Garner
Guerra De Iraq Tommy Franks
Guerra De Iraq John P. Abizaid
Guerra De Iraq Ricardo S. Sánchez
Guerra De Iraq William J. Fallon
Guerra De Iraq Martin Dempsey
Guerra De Iraq James Mattis
Guerra De Iraq George Casey
Guerra De Iraq David Petraeus
Guerra De Iraq John R. Allen
Guerra De Iraq Raymond T. Odierno
Guerra De Iraq David D. McKiernan
Guerra De Iraq Lloyd Austin
Guerra De Iraq Tony Blair
Guerra De Iraq Gordon Brown
Guerra De Iraq David Cameron
Guerra De Iraq Richard Shirreff
Guerra De Iraq Jim Dutton
Guerra De Iraq Andy Salmon
Guerra De Iraq John Cooper
Australia John Howard
Australia Kevin Rudd
España José María Aznar
España Alfredo C. Torres
España Fulgencio Coll
España José Manuel Muñoz
Italia Silvio Berlusconi
Italia Romano Prodi
Polonia Andrzej Tyszkiewicz
Guerra De Iraq Nuri al-Maliki
Guerra De Iraq Iyad Allawi
Guerra De Iraq Jalal Talabani
Guerra De Iraq Ibrahim al-Jaafari
Guerra De Iraq Ghazi Mashal Ajil al-Yawer
Guerra De Iraq Saddam Hussein
Guerra De Iraq Qusay Hussein †
Guerra De Iraq Uday Hussein †
Guerra De Iraq Ali Hassan al-Mayid†
Guerra De Iraq Barzan Ibrahim al-Tikriti †
Guerra De Iraq Izzat Ibrahim al-Douri
Guerra De Iraq Jasili Ibrhama
Guerra De Iraq Muqtada al-Sadr
Guerra De Iraq Abu Musab al-Zarqawi †
Guerra De Iraq Abu Ayyub al-Masri†
Forzas en combate
Coalición
~300.000 invasión
176.000 (2004-2009)
Contratistas*
~182.000 (118.000 Iraquís, 43.000 Outros, 21.000 estadounidenses)
Peshmerga
50.000 invasión
Novo exército iraquí
125.000
Policía iraquí
227.000
Milicias
15.000-30.000 voluntarios civís

Guerra De Iraq Turquía~8.000

Iraquís (baixo Saddam Hussein):
375.000 forzas regulares.

Goberno post-Baaz, conflito multilateral:
Resistencia iraquí
~72.000
Exército Mahdi
~64.000
al Qaeda/Mercenarios
3.300


Guerra De Iraq PKK: ~6.000

Baixas
Coalición
Guerra De Iraq 4.486 Guerra De Iraq 179
Outros: 139
TOTAL: 4.804
Feridos militares:
Guerra De Iraq 32.200Guerra De Iraq 315
Mortos contratistas:
Guerra De Iraq: 1.471Guerra De Iraq: 743
Mortos militares:
7.600 - 10.800 (invasión de 2003)
Mortos milicianos: 21.221- 26.405
Total de mortos: 28.736-37.120
Mortos civís: 100.000

A principal xustificación para esta operación que ofreceron o Presidente dos Estados Unidos, George W. Bush e os seus aliados na coalición, foi a falsa afirmación de que Iraq posuía e estaba desenvolvendo armas de destrución masiva (ADM), violando un convenio de 1991. Funcionarios dos Estados Unidos sostiveron, dun modo interesado e tendencioso, que Iraq representaba unha inminente, urxente e inmediata ameaza ós Estados Unidos, ó seu pobo e ós seus aliados, así como ós seus intereses. Criticouse amplamente ós servizos de información, e os inspectores designados ó efecto non atoparon probas de que existiran as pretendidas armas de destrución masiva. Despois da invasión, o Grupo de Investigación en Iraq chegou á conclusión de que Iraq acabara cos seus programas para desenvolver as devanditas armas en 1991 e non había ningunha no momento da invasión, pero que tiñan a intención de retomar a produción sempre e cando se levantaran as sancións. Algúns funcionarios dos Estados Unidos alegaron que Saddam Hussein e Al Qaeda estiveran cooperando, pero non hai probas de que existise unha relación de colaboración. Outras razóns para a invasión por parte dos funcionarios incluían as preocupacións sobre o apoio financeiro de Iraq para as familias de terroristas suicidas palestinos, violacións dos dereitos humanos por parte do goberno iraquí, propagación da democracia, as reservas de petróleo de Iraq, aínda que este último foi negado por outros funcionarios.

A invasión levou á rápida derrota das forzas iraquís, o derrocamento do Presidente Saddam Hussein, a súa captura en decembro de 2003 e a súa execución en decembro de 2006. A coalición dirixida polos Estados Unidos no Iraq ocupado tratou de establecer un novo goberno democrático. Porén, pouco despois da invasión inicial, a violencia contra as forzas da coalición e entre os diversos grupos étnicos deu lugar a unha guerra asimétrica coa insurxencia iraquí, a guerra civil entre sunnís e xiítas iraquís, e as operacións de Al-Qaeda en Iraq. As estimacións do número de persoas mortas varían entre máis de 150.000 a máis de 1 millón de persoas, segundo a fonte. O custo financeiro da guerra estimouse en máis de £4.500 millóns ($9.000 millóns) para o Reino Unido, e máis de $845.000 millóns ós Estados Unidos, cun custo total para a economía deste último estimada en $ 3 a 5 billóns. Algunhas das nacións que integraron a coalición comezaron a retirar as súas forzas como consecuencia dunha opinión pública desfavorable e ó progresivo aumento de efectivos iraquís para asumir a responsabilidade da seguridade no país. Porén, Iraq, non chegou a desenvolver armas nucleares, grazas á Operación Ópera de Israel, acontecida uns anos antes.

Notas

Véxase tamén


Guerra De Iraq 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Marçal MolinéHeviApóutegaOurensePemento de PadrónFrancisco PazosMelgachoHLA-DMCarlos García BayónXaxún no islamCarles PuigdemontIdade MediaTransexualidadeOs PinosRoko (actriz)Filipe V de EspañaBiblioteca Gabriel García MárquezCinema pornográficoLucas VázquezBernd SchusterFranciaNee BarrosDeportivo da CoruñaSuso Díaz EstévezIsabel II do Reino UnidoMiguel SolísÁlex AnguloGalipediaPorto, PortugalVladimir PutinLista de estacións de tren de GaliciaListenbourgMarco AurelioXurxo ChirroThibaut CourtoisShakiraCristovo ColónLeonardo da VinciCádizPoloniaIslandiaCopia por contactoSegunda división española de fútbolPratos combinadosZarracós, A MercaBernardino GrañaMaría Jesús MonteroAna María Fernández MartínezFrancisco Castro VelosoSuízaBoyanka Kostova (grupo musical)A ira dos mansosCándido Conde-Pumpido VarelaPRECAdriana LastraEstíbaliz EspinosaCatedral de Santiago de CompostelaFernando Grande-MarlaskaAdolfo GacioMartiño de DumioLorbé, Dexo, OleirosGabriel García MárquezIsmael RamosAraitzMario CaneiroJennifer LopezAlberte PagánAC-413DjalminhaÁureoAlbert EinsteinLista de ríos de GaliciaCuruxa comúnMarcos PereiroBatalla de Cacheiras🡆 More