Elephantidae

Véxase o texto

Elefántidos
Rango fósil: Plioceno - Presente
Elephantidae
Elefantes africano (esquerda) e asiático (dereita)
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Infraclase: Placentalia
Orde: Proboscidea
Familia: Elephantidae
Gray, 1821
Xéneros e especies

Os elefántidos (Elephantidae) son unha familia de mamíferos placentarios da orde Proboscidea. Antigamente clasificábanse, xunto con outros mamíferos de pel grosa, na orde agora inválida dos paquidermos (Pachydermata). Existen hoxe en día tres especies e diversas subespecies. Entre os xéneros extintos desta familia salientan os mamuts.

Elephantidae
Elefante salvaxe indio do bosque de Marayoor, Munnar, Kerala.

Os elefantes son os animais terrestres máis grandes que existen no presente. O período de xestación é de 22 meses, o máis longo en calquera animal terrestre. O peso ó nacer usualmente é de 120 kg. Normalmente viven de 50 a 70 anos, pero rexistros antigos documentan idades máximas de 82 anos. O meirande elefante do que se ten rexistro pesou arredor de 11 000 kg (Angola, 1956), chegando a unha altura na cernella de 3,96 m, un metro máis alto que o elefante africano medio. O elefante máis pequeno, de arredor do tamaño dunha cría ou un porco grande, é unha especie prehistórica que existiu na illa de Creta, Mammuthus creticus, durante o Plistoceno.

Xéneros actuais

Os elefantes actuais clasifícanse en dous xéneros distintos, Loxodonta (elefantes africanos) e Elephas (elefantes asiáticos), pertencentes a dúas tribos distintas. Clasicamente recoñecíanse dúas especies, unha en cada xénero, mais hai un debate entre os científicos sobre se as dúas subespecies africanas son en realidade dúas especies distintas, en cuxo caso estariamos a falar en total de tres especies de elefantes. Recoñécense as seguintes especies e subespecies:

O elefante de Borneo (Elephas maximus borneensis) e o elefante de Malaisia (Elephas maximus hirsutus) son clasificados actualmente como Elephas maximus indicus.

Notas

Tags:

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Bruce DickinsonCanle (comunicación)Idade MediaMarta DacostaHorteláCatedral de OurenseSílvia OrriolsInglaterraDiego González RivasFrancisco Porto MellaManuel RivasLareiraCaso Asunta BasterraAmieiroLois PereiroPavillón Multiúsos Fontes do SarAldous HuxleyMeigaMickey Mouse ClubhouseNova narrativa galegaDiego VillaresNicolás González CasaresMasturbaciónLedicia CostasViveiroLucas VázquezCatedral de Santiago de CompostelaProvincia de PontevedraDoenza de Paget de mamaBernardino GrañaMacrófago alveolarBidueiro25 de abrilPablo Carpintero AriasMoucho comúnJosé María CanedaBugalloPimpín comúnColocación do pronome átono en galegoLingua portuguesaCáceresEscudo de GaliciaReino UnidoSusana Fortes2015Boyanka Kostova (grupo musical)Os pronomes persoais galegosPanteón de Galegos IlustresFrancisco Fernández del RiegoAmorodeiraIslandiaConcha CostasAmesAranésSonsoles EspinosaO divino saineteA Muraza, Trasmonte, FriolAntón Villar PonteVacalouraReconquistaAdrián NoiaLista de WikipediasEva MejutoModelo OSIOtelo Saraiva de CarvalhoCatedral de la Seu d'UrgellGaliciaLeopoldo RubidoNigránToledoFerroAtlánticaDodroZeca AfonsoJosé de RiberaDeus, porque es tan fato!🡆 More