Tethytheria

Tethytheria (tetiterios) é un clado de mamíferos que inclúe os actuais sirenios e proboscídeos, así como a orde extinta dos Embrithopoda.

Tethytheria
Rango fósil: Paleoceno-Holoceno
Tethytheria
Arriba: elefante africano, manatí do Caribe; no medio: Moeritherium, mamut laúdo; abaixo: Paleoparadoxia, Arsinoitherium
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
(sen clasif.): Paenungulata (clado)
(sen clasif.): Tethytheria (clado)
McKenna 1975
Ordes

Aínda que existe un forte apoio de estudos anatómicos e moleculares que permite considerar o clado Tethytheria como monofílico, as interrelacións entre os taxons incluídos nel seguen sendo discutidas. Os tetiterios comparten varias características, como órbitas oculares dirixidas á parte anterior e dentes das meixelas máis ou menos bilofodontos (con dobres cristas transversais nas coroas do dente). Os Proboscidea e Sirenia están ligados entre si polas súas características auditivas nos seus ósos petrosos, pero esta ligazón podería ser unha homoplasia. Os desmostilios, tradicionalmente considerados tetiterios, foron provisoriamente asignados aos Perissodactyla, xunto coa familia do Eoceno temperán Anthracobunidae, que era considerada un grupo irmán dos Tethytheria.

Pénsase que Tethytheria evolucionou a partir de primitivos mamíferos ungulados ("condilartos") nas costas do antigo océano de Tetis, de onde vén o nome de Tethytheria, 'bestas do Tetis'.

Sistemática

Cladograma modificado a partir de Rose 2006 e Cooper et al 2014.

Afrotheria

Afroinsectiphilia

Paenungulata

Hyracoidea

Tethytheria

†Embrithopoda

Proboscidea

Sirenia

Clasificación

Clasificación modificada a partir de Rose 2006.

  • Suborde Tethytheria
    • Infraorde †Embrithopoda
      • †Phenacolophidae
      • †Arsinoitheriidae
    • Infraorde Sirenia
    • Infraorde Proboscidea
      • †Phosphatheriidae (Numidotheriidae?)
      • †Numidotheriidae
      • †Moeritheriidae
      • †Barytheriidae
      • †Deinotheriidae
      • †Palaeomastodontidae
      • †Phiomiidae
      • †Hemimastodontidae
      • Mammutidae
      • †Gomphotheriidae
      • Elephantidae

Notas

Véxase tamén

Bibliografía


Tethytheria 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

Tethytheria SistemáticaTethytheria ClasificaciónTethytheria NotasTethytheria Véxase taménTethytheriaCladoMamíferosProboscídeosSirenios

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

El Correo GallegoFabiola GarcíaHard GZFauna de GaliciaLista de siglas e acrónimosDe NinghuresMemorias dun neno labregoCouselo (planta)ListenbourgParadigmas dos verbos irregulares galegosIrene Ferreras2024Alcaldes da CoruñaJava (linguaxe de programación)Georgia O'KeeffeSlumdog MillionaireGuerraOs pronomes persoais galegosPrestigeDepartamento de ApurímacLista de episodios de Shin ChanSubgrupoPapuxa das amorasBidueiroMaría Antonieta de AustriaMaría Jesús MonteroRamón María del Valle-InclánCarlos CasaresÁlbum de la CaridadClint Eastwood28 de decembroElena CandiaJoan Manuel SerratHelsingin JalkapalloklubiColocación do pronome átono en galegoMañónMeigaInglaterraNordés (vento)As aves na cultura popular galegaEduardo IndaCayetana Álvarez de ToledoSupermanEnsaio (literatura)Sete Sabios de GreciaFrancisco Varela OuroXosé Carlos MorellPello OtxandianoO Barco de ValdeorrasMaría PitaCunnilingusAdrenalinaPaís Vasco (rexión histórica)Federico Jiménez LosantosFiúnchoCarmen LovelleLista de nomes femininos en galegoEl Pueblo GallegoMiss Vaca (certame)Lista de programas de Televisión EspañolaCastro de Punta do BicoGrândola, Vila MorenaSexo analPobo palestinoCoco (bacteria)Tereixa ConstenlaÑValenciaTXeración dos 80AsteraceaeMauro ScaloniSonDeSeuLeymaArmando BlancoUniversidade de Santiago de CompostelaBojan KrkićRetorno a Tagen Ata🡆 More