Dimmu Borgir

Dimmu Borgir (Fortaleza Escura, en noruegués) é unha banda musical norueguesa de black metal sinfónico con reminiscencias de black metal melódico.

O nome do grupo fai referencia a un conxunto de covas formadas por lava en Islandia que segundo os noruegueses son a entrada ao averno infernal.

Dimmu Borgir
Dimmu Borgir
Dimmu Borgir en Helsinqui, no 2005.
OrixeOslo, Noruega Dimmu Borgir
Período1993 – presente
Xénero(s)black metal sinfónico, black metal melódico
Selo(s) discográfico(s)No Colours
Cacophonous
Hammerheart
Century Media
Nuclear Blast
MembrosShagrath
Galder
Silenoz
ICS Vortex
Mustis
Daray
Antigos membrosStian Aarstad, Tjodalv, Brynjard Tristan, Stian Arnesen, Astennu, Nicholas Barker, Tony Laureano, Jan Axel Blomberg
Na rede
www.dimmu-borgir.com
Facebook: dimmuborgir Twitter: dimmuborgir Instagram: shagrathofficial MySpace: dimmuborgir Youtube: UCgg-TIB8uG0tlGnJvVe0y6g Spotify: 6e8ISIsI7UQZPyEorefAhK iTunes: 15621683 Last fm: Dimmu+Borgir Musicbrainz: 17167af8-c1da-45cc-bba2-9d23f068b7a3 Songkick: 178908 Discogs: 108948 Allmusic: mn0000214580 Deezer: 123 Genius: Dimmu-borgir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Dimmu Borgir foi fundado orixinalmente en 1990 por Shagrath, Silenoz e Tjodalv. A banda inmediatamente sacou ao mercado un LP titulado Inn I Evighetens Mørke en 1993 (Dentro da eternidade da escuridade). Este disco vendeu todas as súas copias en poucas semanas. A continuación sacaron For All Tid 1994 (En todo momento). En 1996 sacaron Stormblåst (algo así como Vento da tormenta), álbum eloxiado por moitos fans e sinalado, por algúns, como un dos principais da súa carreira.

Despois de Stormblåst a carreira de Dimmu Borgir tomou un novo rumbo. O teclista Stian Aarstad deixou a banda para cumprir o servizo militar no exército noruegués, de maneira que non participou na gravación de Devil's Path en 1996. Cando volveu para gravar Enthrone Darkness Triumphant, en 1997, tiña problemas para atender todas as datas do tour e foi expulsado da banda. Este disco foi un éxito de vendas e foi o primeiro que sacaron baixo o selo da discográfica Nuclear Blast.

Os seguintes foron Spiritual Black Dimensions 1999 e Puritanical Euphoric Misanthropia 2001. En 2003, Dimmu Borgir apostou co seu maior impulso financeiro para crear o álbum Death Cult Armageddon e en 2007 crearon "In sorte diaboli". Partes deste disco foron gravados pola Orquestra Filharmónica de Praga para incluír arranxos musicais de música clásica. Este álbum abre un novo horizonte ao black metal, dotándoo dunha maior heteroxeneidade grazas á súa fusión coa música clásica.

Recentemente, Dimmu Borgir lanzou o "remake" do tan aclamado disco Stormblåst cheo do novo estilo característico da banda: melodías e arranxos complexos, combinados con teclados sobresaíntes e coros.

Dimmu Borgir forma parte deses grupos que cambiaron o seu estilo cru a algo máis sinfónico e con menos voz gutural, como Cradle Of Filth e The Kovenant; logrando un metal extremo máis accesible ao público, no canto de tocar só os estratos mesmos do xénero, chegando a tocar no Ozzfest de 2004 con grande afluencia de público e no último Wacken Festival en Alemaña ante 25.000 persoas.

Discografía

    Artigo principal: Discografía de Dimmu Borgir.

Álbums de estudio

* For All Tid (1994)
* Stormblåst (1995)
* Enthrone Darkness Triumphant (1997)
* Spiritual Black Dimensions (1999)
* Puritanical Euphoric Misanthropia (2001)
* Death Cult Armageddon (2003)
* Stormblåst MMV (2005)
* In Sorte Diaboli (2007)
* Abrahadabra (2010)
* Eonian (2018)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Dimmu Borgir TraxectoriaDimmu Borgir DiscografíaDimmu Borgir Véxase taménDimmu BorgirBlack metal sinfónicoIslandiaLingua norueguesaNoruega

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Compromiso por GaliciaLinuxJuan Fernández GarcíaPosicións sexuaisFranciaXián (nome)CágadoSaneamentoSexo anal36FreixoGonzalo DuránPili PampínBracara AugustaAhí ven o maioEl Progreso (xornal)Galipedia19RUIAFARianxoOs AtlánticosTonhito de PoiMércoresApp Store (iOS)A homosexualidade na historiaPedra de SconeTeixoEucaliptoDaniel BasteiroEleccións municipais en CercedaFamilia CaamagnoNocelloEvencio FerreroLingua inglesaRoko (actriz)CercedaDeputación de OurenseJosé Manuel Baltar BlancoFran TorresXan XoveMelónMoscovaMiguel Solís1 de abrilJesús Vázquez AlmuíñaLucía VeigaAntonio Muñoz MolinaLista de palabras galegas de orixe celtaAmeixa (froito)AxoloteMaría Victoria de la Fuente AlonsoLista de concellos de OurenseLago ComoChatGPTPimpín comúnQueen e SlimBradley CooperHadriánSMediasAlfonso MolinaLista de ríos de GaliciaProvincia de OurenseLingua casteláMaría VázquezPauletaFentoJanica KostelićLeite CeltaXaime Isla CoutoPena Verde, Rebordondo, CualedroCelso Emilio FerreiroCristovo ColónWiki7Evaristo CalvoOs pronomes persoais galegos🡆 More