Dermápteros: Orde de insectos

Os dermápteros (Dermaptera), chamados comunmente cadelas de frade, son unha orde de insectos que se encontran nas Américas, África, Eurasia, Australia e Nova Zelandia.

Cadelas de frade (Dermaptera)
Rango fósil: Triásico tardío-Actual
Dermápteros: Orde de insectos
Femia da cadela de frade Forficula auricularia
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Hexapoda
Clase: Insecta
Orde: Dermaptera
De Geer, 1773
Subordes
  • †Archidermaptera
  • †Eodermaptera
  • Neodermaptera
Sinonimia
  • Euplecoptera
  • Euplexoptera
  • Forficulida

A especie cadela de frade (Forficula auricularia) é relativamente común en Galicia. A orde comprende 2000 especies distribuídas en 12 familias, polo que é unha das ordes máis pequenas dentro dos insectos. As cadelas de frade teñen uns característicos e moi visibles cercos, con forma de fórceps ou pinza, no extremo do seu abdome, e ás membranosas pregadas baixos unhas curtas ás anteriores (élitros), de onde procede o seu nome científico (dermápteros = "ás de pel"). Algúns grupos son parasitos diminutos de mamíferos e carecen das devanditas pinzas típicas. Viven no chan e raramente utilizan a súa capacidade de voar.

Son principalmente nocturnos e a miúdo agóchanse en pequenas gretas húmidas durante o día, pero son moi activos de noite, alimentándose dunha ampla variedade de insectos e plantas. Con frecuencia son culpados de danos nas follas e flores e nas colleitas, especialmente a cadela de frade común Forficula auricularia.

Realizan cinco mudas no ano antes de ser adultas. Moitas especies de dermápteros prestan coidados maternais ás crías, o que é infrecuente nos insectos. As femias de cadelas de frade coidan os seus ovos, e mesmo despois de que dos ovos saen as ninfas seguen coidando a súa descendencia ata que esta fai a súa segunda muda. Cando as ninfas fan a muda, empeza a observarse un dimorfismo sexual, como diferenzas nas pinzas.

Coñécense algunhas especies fósiles clasificadas nas subordes extintas Archidermaptera (do (Triásico tardío) e Eodermaptera (do Xurásico medio). Moitas ordes de insectos consideráronse teoricamente como moi relacionadas cos dermápteros, aínda que os Grylloblattaria son os parentes máis probables.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

AméricaAustraliaCercoEspecieEurasiaFamilia (bioloxía)Forficula auriculariaFórcepsGaliciaInsectoNova ZelandiaOrde (bioloxía)ParasitoÁfricaÉlitro

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

EsteroideCopa do SarAmieiroGran Premio de Australia de 2017Timothée ChalametCarolina do SurForróTlatoaniAs Pontes de García RodríguezPegaAntônio Carlos JobimStoffel VandoorneGrupo EroskiIphigénie en Tauride (Gluck)Canle (comunicación)Porto da LúaJan Baptista van HelmontElvis PresleyUniversidade de WürzburgChrysolina graminisVilar de SantosLewis HamiltonCetoacidosePili PampínTeruelAceite de palmaTartaruga xigante das GalápagosGerardo Pardo de VeraCobaiaIllas Virxes EstadounidensesCasa de PlantagenetDécada de 1180Fauna de GaliciaTeixugoMosteiro de Santa María de Sobrado dos MonxesTyrese MaxeyLista de países por superficieNordés (vento)Corallium rubrumMacedaArtemisaLingua samoanaMasideÁcido esteáricoAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoBolboreta da colDiteaPiñeiroEguaRenacemento carolinxioXosé Antonio TouriñánLas Torres de CotillasÁcido vaccénicoPiñorCirrio de chemineaMarcos PereiroArco de TitoAglais urticaeLingua sánscritaInlativoCommelinidaeMarineraAbdul KalamResolución de ecuaciónsLista das aves de GaliciaCidadeIndianapolis, IndianaEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024PresidenciaMundial de Fútbol de 2006Lista de reis de BabiloniaCONCACAFLipoproteína de baixa densidadeOsloÁcido palmíticoReino UnidoSan Xoán de Río🡆 More