Cuberta

Chámaselle cuberta ao elemento construtivo que protexe aos edificios pola parte superior e, por extensión, á estrutura sustentante de dito elemento.

Tamén se lle pode chamar tellado, aínda que este termo se refire concretamente ás cubertas con cubrición de tella; coñecéndose as de lousa e as vexetais coma lousados e colmados respectivamente.

Cuberta
Cuberta pétrea (Catedral de Santiago de Compostela) e tellados con lumieira en Santiago de Compostela.
Cuberta
Lousados en Oxford, Inglaterra.

Tipos de cuberta

Pódense distinguir dous tipos: a cuberta inclinada, e a cuberta plana, diferenciándose entre si pola inclinación que posúe respecto ao plano do chan, case sen inclinación no segundo caso.

Ambos tipos de cuberta teñen grande uso na arquitectura dende sempre; as inclinadas utilízanse máis en climas con precipitacións, pois permiten desaloxar estas por simple gravidade, e as planas son máis propias de climas secos, onde a cuestión das precipitacións é episódico e as cubertas en forma de terraza teñen aproveitamento ou habitabilidade.

A medida que foron mellorando os sistemas de impermeabilización e os materiais de construción, a cuberta plana estendeuse a climas chuviosos tamén. Por iso, a cuberta plana converteuse en característica dun tipo de arquitectura iniciada a principios do século XX nos países do norte de Europa, países de gran tradición en cubertas inclinadas, no chamado Movemento Moderno. A vantaxe que lle deu este movemento ás cubertas, nesas rexións frías, é a de deixar a neve acumulada sobre a cuberta formando un "revestimento" illante do frío. Antes non se facía porque o peso producía importantes problemas, con afundimentos frecuentes nas cubertas de pouca pendente.

Cubertas inclinadas

Cada plano que forma unha cuberta inclinada denomínase vertente ou auga. As arestas que separan cada faldrón chámanselle limas, que poden ser limafoias/lima foias (na parte cóncava), limatesas/lima tesas (na parte convexa) ou lima de creba/de quebra (entre panos con diferente inclinación). A lima superior de coroación chámaselle cume, cumieira, cumieira ou cumio . Os extremos inferiores que sobresaen da fachada (para evitar que a auga esvare pola parede da edificación) chámaselle beirado (ou tamén chapado, sobeira, sobrepena, sopena ou topete [DRAG]).

O elemento que aparece nunha cuberta, para iluminar e ventilar o interior, pódeselle chamar lucernario ou mansarda (cando é unha fiestra que se abre nesta formando unha especie de caseta), ou claraboia, mainel, ou bufarda cando vai disposta a xanela para a pendente da cuberta. Faiado é o cuarto habitábel que existe baixo a cuberta. A cuberta crebada ou en mansarda permite ter máis espazo no faiado.

Para describir a forma das cubertas inclinadas faise referencia ao número de vertentes que posúe, aos que se lles chama "augas". Así temos cubertas a unha auga, a dúas, tres ... Nas cubertas a dúas augas, os cerramentos do edificio sobre os que non se verte a auga, acaban nun muro en forma triangular que se denomina pinche.

Cubertas planas

O maior problema das cubertas planas é que están sometidas a grandes diferenzas de temperatura, polo que se deben dividir en anacos de tamaño non demasiado grande (cunha dimensión máxima de 6 m), deixando unha xunta de dilatación entre eles. Cada sección, ou cuartel, forma unha especie de funil cos bordos perimetrais horizontais, formándose vertentes de pouca pendente cara a un punto de desaugadoiro. En pequenas edificacións fanse de forma semellante ás cubertas inclinadas, desaugando cara a fóra do perímetro da edificación, pero con menor pendente. Hai técnicas para evitar ter que facer estas divisións tan pequenas, como é a cuberta invertida.

En certos tipos de cubertas planas, como a denominada cuberta á catalá, tamén se prolonga a cuberta alén do plano de fachada formando unha cornixa.

Cuberta 
Cuberta de lousa (lousado).
Cuberta 
Elementos dunha cuberta inclinada (en castelán).
Cuberta 
Cuberta moderna nun garaxe de Londres.

Utilidade

As cubertas son necesarias para protexer os edificios dos fenómenos meteorolóxicos, sen que se molle o propio edificio nin o contido. Tamén para evitar que entre o saia o frío ou a calor e tamén para protexerse de intrusións.

Materiais

Empregáronse diferentes materiais para construír cubertas. Romanos e gregos facíanas de materiais pétreos en edificios representativos e con pezas cerámicas nos demais. Os árabes normalizaron a chamada tella árabe, de olería, que resolvía cunha soa peza, sempre igual, todos os problemas dun tellado inclinado: canles, cubridoiras, limatesas e limafoias.

As cubertas planas facíanse tamén con pezas cerámicas en forma de azulexos, sobre disposicións construtivas que deixaban resolto o problema da dilatación sen afectar á construción que protexen. En países de clima especialmente seco, empregábase (e séguese facendo) directamente barro sen cocer para rematar as cubertas.

En zonas máis pobres usábanse pezas planas de pedra (lousas > lousados), principalmente de xisto, para a cuberta. As cubertas de pezas planas teñen o grave inconveniente de que, como a auga pode introducirse por capilaridade entre as pezas facilmente, esíxense pendentes acusadas e solapes grandes entre estas para evitalo; tornando o peso unitario (peso por unidade de superficie) de cuberta elevado, aínda que resiste ben a intemperie (xeadas) e é de gran durabilidade.

Os colmados foron abundantes tamén en moitos lugares.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Cuberta Tipos de cubertaCuberta UtilidadeCuberta MateriaisCuberta Galería de imaxesCuberta NotasCuberta Véxase taménCubertaColmadoEdificioTella (construción)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Comarcas de GaliciaSonia MéndezScarlett JohanssonBeteluEspañaAliança CatalanaAC-312Ibn al-AbbarMecanismo de AnticiteraOs ÁnxelesTeresa García-SabellPeer-to-peerManuel Otero MartínezVincent van GoghLino LópezCarlos de Matos GomesMiguel SolísMamen MendizábalToxo arnalEduardo PondalUcraínaMartín SarmientoCarrizo (paxaro)Estatua de Che Guevara en OleirosBerrogüettoDaniel BasteiroHLA-DMTeixugoLuísa VillaltaValenciaNoiaSangueDelfínidosGame Boy Advance SPA CoruñaRoberto VerinoFigueresAbrilIker MuniainTwitterÁcido dipicolínicoLista de ríos de GaliciaAna María Fernández MartínezSanta CompañaPonte 25 de AbrilRepública ChecaRomariz, Riós, RiósPornografíaPanxermanismoO Pedrouzo, Arca, O PinoGalaicosRede privada virtualContactorÁreas lingüísticas do galegoCatedral de Santiago de CompostelaGoizuetaTeresa González CostaMarcelo Rebelo de SousaMarçal MolinéVáknerUniversidade de Santiago de CompostelaJosé Luís Valladares FernándezMaría Antonieta de AustriaConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesOman AirXiros idiomáticos galegosLalínFermin MuguruzaLuís SeoaneRevolución dos Caraveis2024As dúas MaríasEmilio González AfonsoSusana FortesDomingoTereixa Constenla🡆 More