Crocodylus Palustris

O Crocodylus palustris, xeralmente chamado crocodilo indio ou crocodilo das marismas, é unha especie de crocodilo que se encontra por todo o subcontinente indio e os países que o rodean, como Paquistán, onde este crocodilo é o réptil nacional.

É un dos tres crocodilianos que se encontran na India (xunto co gavial e o crocodilo de auga salgada). É un crocodilo de mediano tamaño que habita principalmente en lagos, lagoas, ríos lentos, pantanos e marismas. Os machos crecen ata os 4 ou 5 m de lonxitude. Como noutros crocodilianos, as femias son menores. Ten o morro máis ancho de todos os crocodílidos existentes, polo que ten un certo parecido cos aligátores. É unha especie moi acoirazada con escudos agrandados no pescozo. Os adultos son grises escuros ou marróns, mentres que as crías son de cor torrada.

Crocodylus palustris
Crocodylus Palustris
Esta especie é o réptil nacional de Paquistán.
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Crocodilia
Familia: Crocodylidae
Subfamilia: Crocodylinae
Xénero: Crocodylus
Especie: C. palustris
Nome binomial
Crocodylus palustris
Lesson, 1831"Crocodylus palustris". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2009.6 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2013. Consultado o 27 de abril de 2017. 

Área de distribución do C. palustris
Área de distribución do C. palustris

Área de distribución do C. palustris

É un hábil depredador que depreda diversas especies. Como outros crocodilianos é un cazador de emboscada, e espera a que as súas presas se acheguen. Espera camuflado nas augas avoltas para lanzar o seu ataque no momento máis axeitado. Come principalmente peixes, réptiles, aves e mamíferos. A reprodución ten lugar nos meses de inverno. As femias poñen os ovos en niños que son buratos escavados na area. A temperatura durante a incubación é o que determina o sexo das crías. Posúe o tamaño necesario para ser unha seria ameaza para os humanos, pero non é tan agresivo coma outras especies, como o crocodilo de auga salgada, cuxa area de distribución se solapa coa do crocodilo indio. Xeralmente evita as áreas nas que hai crocodilos de auga salgada. É unha especie bastante social e tolera aos seus conespecíficos cando toma o sol ou se alimenta.

Características

Crocodylus Palustris 
Cranio do C. palustris
Crocodylus Palustris 
Macho adulto de C. palustris

Teñen 19 dentes superiores en cada lado; un morro que é de 1⅓ a 1½ tan longo coma largo na base; unha ruda cabeza pero sen cristas; a sínfise mandibular esténdese ao nivel do cuarto e quinto dentes; a sutura premaxilo-maxilar no padal é transversa, case en ángulo recto ou curvada cara a adiante; e os ósos nasais separan os premaxilares enriba. Catro grandes escudos nucais forman un cadrado, co máis pequeno a cada lado; dous pares de nucais máis pequenos nunha serie transversa detrás do occipucio. O escudo dorsal está ben separado do nucal; os escudos xeralmente son 4, raramente 6, en series lonxitudinais, os das dúas series mediais xeralmente considerablemente máis anchos que longos; 16 ou 17 series transversas. Escamas das patas carenadas. Os dedos con membrana interdixital na base; dedas externas extensamente palmadas. Bordo exterior da pata coa beira serrada. Os adultos son de cor oliva anegrado: os individuos novos son olivas claros, con pintas negras.

Tamaño

Considérase que é unha especie de medio tamaño, que medra ata os 4 ou 5 m de lonxitude. Os machos son máis longos que as femias. Chegan á madurez sexual ao medrar ata os 1,7 a 2 m as femias e 2,6 m os machos. O espécime máis grande conservado no Museo Británico mide 3,7 m.

Distribución e hábitat

Crocodylus Palustris 
C. palustris
Crocodylus Palustris 
C. palustris en catividade no CrocBank

A especie pode encontrarse na India, Bangladesh, Sri Lanka, Paquistán, Nepal, sur de Irán, e probblemente en Indochina e nun lugar do sur de Iraq. É o único crocodiliano que se enconra en Irán e Paquistán. Esta crocodilo é a especie de crocodiliano máis estendida da India, e supera claramente en número de exemplares ao moito meirande crocodilo de auga salgada no país.

Na década de 1980, a poboación silvestre máis grande destes crocodilos en Tamil Nadu, no sur da India vivían na Reserva Amaravathi, e nos ríos Chinnar, Thennar e Pambar que desembocan nela. A súa poboación total alí foi estimada en 60 adultos e 37 subadultos. A granxa de crocodilos de Amaravati Sagar, establecida alí en 1975, é a gardería de crocodilos máis grande da India. Os ovos recóllense de niños silvestres no perímetro a reserva para que as crías eclosionen e se críen na granxa. Chegaron a ter alí 430 animais á vez. Centos de crocodilos adultos da granxa foron reintroducidos na natureza. A poboación estimada en Paquistáan é de entre 400 e 450 animais que se encontran en áreas costeiras e ríos do Sindh e Baluchistán. A cifra estimada de animais no Sindh é de 160, mentres que en Baluchistán estímase que hai 64.

Na costa iraniana de Makran, en Chabahar encóntranse arredor de 200 exemplares. Viven nas cuncas dos ríos Sarbaz, Bahu Kalat, Kaju e Pishin na provincia de Baluchistán. Debido ás actividades humanas e a longas secas a finais da década de 1990 e inicios da do 2000, este crocodilo estivo a piques de extinguirse nos últimos anos. Despois de varios ciclóns tropicais, como o ciclón Gonu e o ciclón Yamyin en 2007, e o ciclón Phet en 2010, gran parte do hábitat dos C. palustris iranianos foi restaurado a medida que os lagos secos e hamuns (lagos ou marismas estacionais) quedaron inundados de novo.

O C. palustris é unha especie de auga doce que vive en lagos, ríos e marismas. Prefire corpos de auga pouco fondos e de augas lentas. Prosperan en presas feitas polo home e canais de irrigación. Aínda que prefire a auga doce, ten certa tolerancia pola auga salgada e hai informes ocasionais de que se observou en lagoas de auga salgada. É simpátrico (vive no mesmo sitio) co gavial (Gavialis gangeticus) nalgunhas áreas da India e Nepal e co crocodilo de auga salgada (Crocodylus porosus) noutras áreas, pero separados polos seus hábitos a maior parte do tempo. Está adaptado á vida terrestre (como o seu parente o crocodilo cubano) máis que a maioría dos crocodilianos, pero é ecoloxicamente moi similar ao crocodilo do Nilo africano. É máis móbil en terra, poden migrar a considerables distancias por terra na procura dun hábitat máis axeitado. Pode perseguir as súas presas en terra durante curtas distancias. Escava buratos e refuxios durante a estación seca.

Bioloxía e comportamento

Os C. palustris poden alcanzar velocidades de arredor de 12,8 km/h en curtas distancias para perseguir as presas. Poden nadar moito máis rápido do que corren ata velocidades de 16 a 19,2 km/h en curtos sprints e teñen unha velocidade de cruceiro de 1,6 a 3,2 km/h.

Caza e dieta

Crocodylus Palustris 
Un C. palustris en Chabahar, Irán

Como é un gran réptil carnívoro, come peixes, serpes, tartarugas, aves e mamíferos. As presas mamíferas son xeralmente pequenas ou de medio tamaño, como monos, esquíos, o cervo chital e londras. De feito, a maioría dos vertebrados que se aproximan a beber á beira da auga poden ser presas potenciais, e poden ser atrapados e arrastrados á auga e afogados e devorados cando xorde a oportunidade. Os adultos grandes depredan ás veces grandes animais, como grandes cervos, como o sambar, e grandes bovinos, como vacas e búfalos de auga domésticos, pero esas presas tan grandes non son presas tan comúns para el coma para o crocodilo de auga doce. De noite, ás veces cazan en terra, esperando emboscados preto dos carreiros do bosque. Durante estas cazas nocturnas, a miúdo rouban as presas cazadas por outros predadores, como os leopardos, e ás veces comen outros depredadores tamén. Esta especie é xeralmente considerada un perigo ocasional para os humanos.

Uso de ferramentas polo animal

Estes crocodilos documentáronse utilizando enganos para cazar presas como aves. Isto significa que están entre os primeiros réptiles nos que se rexistrou o uso de ferramentas. Balanceando paus e ramas sobre as súas cabezas, estes crocodilos poden enganar as aves que están buscando materiais adecuados para faceren o niño. Esta estratexia, que tamén a ten o aligátor do Mississippi, é especialmente efectiva durante a estación de nidificación, na cal é máis probable que as aves recollan materiais para faceren os niños.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Crocodylus Palustris CaracterísticasCrocodylus Palustris Distribución e hábitatCrocodylus Palustris Bioloxía e comportamentoCrocodylus Palustris NotasCrocodylus Palustris Véxase taménCrocodylus Palustris

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Arco da vellaBelgradoRick and MortySabuguido, Vilariño de ConsoÁcido isovaléricoPortugalDisolución da Unión SoviéticaOurenseFusión do ADNRubén CelaSelenaNiccolò MachiavelliJosé Luis GilStephen Blair HedgesKylian MbappéExército Guerrilheiro do Povo Galego CeiveInlativoConcepción ArenalCinque TerreYorgos LanthimosIndonesiaDistritos de Portugal1789BudismoRubén RiveraTangoLista de episodios de DoraemonKingston, OntarioSegunda República EspañolaXosé Ramón GayosoMasideAmeixónMúsica das películas de Chano PiñeiroColumbiformesEmpalme do ARNYouTubeArnold SchwarzeneggerCharadriiformesFrank SinatraRetrato de TenochtitlanDomantas SabonisXoves SantoPigmento biolóxicoFundación WikimediaAmérica do NorteNatureza mortaÉuscaroMúsculo deltoidePoriShin ChanArchaeopteryxUapitíMarineraMarylandEscama de peixeJake GyllenhaalDólar estadounidenseGran Premio do Reino Unido de 1989Sandra ÍnsuaLista de castelos de PortugalShirley ChisholmIntrónHaile GebrselassieIstambulADN mitocondrialInositolGuitarraÁcido behénicoPontevedraJan Baptista van HelmontCarboxiloXamaicaNós (revista)Renacemento carolinxio🡆 More