Corpo De Auga: Acumulación significativa de auga

Un corpo de auga é unha masa ou extensión de auga, tal como un lago, mar ou océano que cobre parte da Terra.

Algúns corpos de auga son artificiais, como os estanques, aínda que a maioría son naturais. Poden conter auga salgada ou doce.

Tipos de corpos de auga

Corpo De Auga: Acumulación significativa de auga 
Río Zambezi
Corpo De Auga: Acumulación significativa de auga 
Grandes Lagos, entre Canadá e Estados Unidos.
Corpo De Auga: Acumulación significativa de auga 
Imaxe satelital do Golfo de Venezuela, visto dende unha perspectiva Nor-Leste Sur-Oeste
  • Regato - unha corrente natural de auga que normalmente flúe con continuidade, pero que, a diferenza dun río, ten escaso caudal, que pode desaparecer durante o estío.
  • Baía - unha parte do océano ou mar, de pouca extensión, encerrado por puntas ou cabos de terra. Véxase Golfo.
  • Canle - vía artificial de auga feita polo ser humano.
  • Charca - unha pequena acumulación de auga algo máis abundante que un charco pero non suficiente como para conformar un lago.
  • Charco - unha pequena acumulación de auga sobre a superficie da Terra.
  • Conca hidrográfica - a porción de territorio drenada por un único sistema de drenaxe natural.
  • Delta - o territorio triangular formado na desembocadura dun río.
  • Desembocadura - a parte máis baixa dun río, é dicir, aquela sección do curso de auga onde verte as súas augas ao mar ou a un lago.
  • Encoro - unha extensión de auga formada no leito dun río ou regato cando, con algún medio físico, péchase parcialmente ou totalmente a súa canle.
  • Estanque - unha extensión de auga artificial construída para prover á rega, criar peixes etc. ou con fins soamente ornamentais.
  • Estreito - unha canle de auga que conecta dous lagos, mares ou océanos e, en consecuencia atópase entre dúas masas de terra.
  • Estuario - a parte máis ancha e profunda na desembocadura dos ríos, nos mares abertos ou nos océanos, naquelas áreas onde as mareas teñen maior amplitude ou oscilación.
  • Golfo - unha parte do océano ou mar, de grande extensión, situada entre dous cabos.
  • Zona húmida - unha zona de terras chas na que a superficie se atopa alagada permanente ou intermitentemente, ao cubrirse regularmente de auga, o chan satúrase, quedando desprovisto de osíxeno e dando lugar a un ecosistema híbrido entre os puramente acuáticos e os terrestres.
  • Lago - unha masa de auga doce ou salgada, máis ou menos extensa, que se atopa afastada do mar, e asociada xeralmente a unha orixe glaciar.
  • Lagoa - calquera extensión natural de auga estancada, sexa esta doce ou salgada.
  • Lamazal - unha acumulación de auga con fondo máis ou menos lamacento.
  • Mar - unha masa de auga salgada de tamaño inferior ao océano.
  • Marisma - un ecosistema húmido con plantas herbáceas que medran na auga.
  • Océano - a parte da superficie terrestre ocupada pola auga mariña.
  • Pantano - unha acumulación de auga cun fondo lameiro.
  • Paso - sinónimo de estreito.
  • Presa - o termo presa normalmente refírese ao muro que retén a auga, pero tamén pode referirse ao encoro, lago ou reserva de auga que se forma atrás do muro.
  • Porto - conxunto de obras, instalacións e servizos que proporcionan o espazo de augas tranquilas necesarias para a estancia segura dos buques.
  • Represa - sinónimo de presa.
  • Rambla - leito por onde circulan as augas de choiva cando caen copiosamente.
  • Riacho - sinónimo de regato.
  • Ría - unha das formas que pode formar a desembocadura dun río, formando un val costeiro mergullado ou estuario que foi alagado polo mar e por unha elevación do seu nivel.
  • Río - unha corrente natural de auga que flúe con continuidade. Posúe un caudal determinado e desemboca no mar, nun lago ou noutro río.

Véxase tamén

Tags:

AugaAuga de marAuga doceEstanqueLagoMarOcéanoTerra

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ánxel CasalNeptunoJesús Vázquez AlmuíñaManuel RicoAires da miña terraCatedral de Santiago de CompostelaGolpe de estado do 23 de febreiro de 1981Jesús Hidalgo BermejoDos arquivos do trasnoXosé FortesCuarzoReal Club Celta de VigoInstagramManuel Lourenzo SobralA chave das nocesPablo Iglesias TurriónAs aves na cultura popular galegaAC-141Escudo de GaliciaJéssica BouzasTECOR societarioLuís CíliaDigital object identifierMoción de confianzaPosición aconchegadaA gaita gallega (libro)Bojan KrkićAeroporto de VigoVichelocregoTotó GarcíaPEstanislao FiguerasLista de nomes masculinos en galegoCeleste CaeiroWayback MachineGabriel RufiánYolanda DíazLTraxe galegoDorothé SchubarthBeatriz LuengoMaría a BalteiraGuerraFelaciónFernando AlonsoAndoriñaSonsoles EspinosaSénecaWikiIndonesiaFrancisco Porto MellaLista de voces dos animaisLeitzaVietnamOs pronomes persoais galegosNordés (vento)Estado NovoLongueirón (molusco)Lingua inglesaPosicións sexuaisVáknerAlberte PagánJosé Manuel Rodríguez Puente2003ShōgunVilalba, Vilalba, VilalbaDavid PerdomoParafusoO GroveComarca de SarriaSuíza🡆 More