Carrán Común

O carrán común (Sterna hirundo) é unha especie de ave Charadriiforme da familia Sternidae. É unha ave mariña de distribución circumpolar en rexións temperás e subárticas de Europa, Asia, leste e centro de Norteamérica. É un gran migrador, pasando o inverno en océanos tropicais e subtropicais. É ás veces coñecido coma andoriña de mar.

Carrán Común
Carrán común pescando
Carrán Común
Perdendo unha presa
Carrán Común
Pesca exitosa

Características

Este é un carrán de tamaño medio, 34–37 cm de longo e 70–80 cm coas ás estendidas. Confúndese doadamente co semellante carrán ártico (Sterna paradisaea) e o carrán rosado (Sterna dougallii).

O seu fino e afiado peteiro é vermello con extremos escuros. As longas patas son tamén vermellas. Sobre as ás ten unha cuña primaria escura, a diferenza do carrán ártico, no cal é gris uniforme. A súa longa cola esténdese só ata a punta das ás cando a ave está parada, a diferenza do carrán ártico e rosado, nos cales excede a punta das ás. Non é tan pálido coma o carrán rosado, e ten ás máis longas.

No inverno, a fronte e a parte ventral son brancas. Os carráns comúns xoves posúen unha extensa coloración de cor xenxibre e carecen do aspecto escamoso dos carráns rosados xuvenís.

O canto é un claro pip-pip, coma o carrán ártico pero máis lento e menos estridente.

Reprodución

Carrán Común 
Sterna hirundo hirundo

Poñen de 2-4 ovos. É moi defensivo para co seu niño e crías novas e ataca aos humanos e outros depredadores grandes, mais a diferenza do máis agresivo carrán ártico raramente bate ao intruso, usualmente desviándose no último instante.

Alimentación

Esta especie aliméntase en colonias nas costas e illas e frecuentemente na terra en lagos de auga doce. Como todos os carráns, o carrán común aliméntase guindándose á auga para apañar peixes no mar ou en lagos de auga doce e grandes ríos. Usualmente mergúllase directamente, e non asomándose como fai o carrán ártico. A oferta do macho de peixe á femia é parte do ritual de apareamento. Os carráns comúns acadan unha idade de 23 anos ou máis nalgunhas ocasións.

Conservación

O carrán común é unha das especies para as cales aplícase o Acordo para a Conservación de Aves Marítimas Migratorias Africanas-Asiáticas (EAWA).

Subespecies

Coñécense catro subespecies de carrán común:

  • Sterna hirundo longipennis Nordmann, 1835
  • Sterna hirundo minussensis Sushkin, 1925
  • Sterna hirundo tibetana Saunders, H., 1876

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Carrán Común CaracterísticasCarrán Común ReproduciónCarrán Común AlimentaciónCarrán Común ConservaciónCarrán Común SubespeciesCarrán Común NotasCarrán Común Véxase taménCarrán Común

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Mártires de CarralChorimaFrancisco Porto MellaBragaCanle (enxeñaría)AterínidosRenda básica universalLuís MenorLista de estacións de tren de GaliciaEva MejutoCarro galegoSydney SweeneyLorbé, Dexo, OleirosXurxo GonzálezA CañizaHorteláReino de GaliciaCarlos CuerpoNapoleón I de FranciaElla Baila SolaEuphoria (serie de televisión)RusiaLista de ríos de GaliciaArxentinaListenbourgRamadánManuel AntonioSuízaTorre de HérculesHermisendeAkureyriEstíbaliz EspinosaJoe BidenCarlos SedesLingua casteláThibaut CourtoisEspañaMurciaAC-418AC-422Jerry Lee LewisPemento de PadrónPedro RieloJosito PortoBala (grupo musical)Rafael NadalPeneVietnamBerrogüettoRosario DúrcalÁnxel CasalÁlex GonzálezCouselo (planta)Dies iraeXabier DíazÁlex FidalgoRosario Porto OrtegaNiloBreogánMads MikkelsenPartido Nazonalista Republicán de OurenseBull terrierAdolfo GacioEstragónXulloVivir sin permisoSanta CompañaFran AlonsoIasir ArafatMaría del MonteTaboadaCarlos III de EspañaJosé Antonio Primo de RiveraZendayaConcellos de GaliciaEduardo Valencia Fernández🡆 More