O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2007 é o campionato anual número 58 de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA).
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA de 2007 | |
Previo: 2006 | Vindeiro: 2008 |
Índice: Carreiras por país | Carreiras por tempada |
Con 17 Grandes Premios no calendario, deu comezo o 18 de marzo, estando prevista a finalización para o 21 de outubro. Nel se outorgarán o 58º título de Campión Mundial de Pilotos e o 49º título de Campión Mundial de Construtores.
Este ano está marcado por varios sucesos extradeportivos que foron xurdiron ó longo da tempada, comezando porque é a derradeira tempada no que estará vixente o Pacto da Concordia firmado en 1998 por Bernie Ecclestone, a FIA e os construtores de monoprazas. Por outro lado, a polémica da espionaxe entre McLaren e Ferrari ameaza con ter consecuencias nefastas para o equipo inglés, se o recurso da escudería do cabalino rampante ante o Tribunal de Apelación da FIA prospera. Porén, esta non sería a única polémica para McLaren, xa que a comezos de agosto, confirmouse o que xa era un segredo a voces: as malas relacións entre os seus pilotos, o bicampión defensor do título de pilotos Fernando Alonso e o primeiro piloto de raza negra da historia da competición e actual líder da clasificación sendo un debutante, Lewis Hamilton.
Moitos cambios viñeron nesta tempada en comparación coa anterior: desaparecía o Gran Premio de Alemaña que se disputaba inenterrumpidamente dende case fai 50 anos e o Gran Premio do Xapón pasou a disputarse no Fiji Speedway dende o Circuíto de Suzuka; dende 1986 non se podía atopar un motor Cosworth na grella, Michelin retiraba os seus pneumáticos da competición, e o Honda RA107 convertíase no primeiro monopraza dende a década dos 70 que estaba totalmente libre de publicidade
A pretempada comezaba no Circuíto de Cataluña o 28 de novembro de 2006, cando tódolos equipos agás Spyker F1 facían a súa primeira aparición nalgún dos catro días que duraron os primeiros adestramentos libres con vistas cara ao 2007. Estas primeiras probas estiveron centradas en desenvolve-lo monopraza do ano vindeiro, e sobre todo, para os antigos equipos Michelin, adaptarse ós novos pneumáticos Bridgestone. Houbo ausencias significativas, como as de Kimi Räikkönen e de Fernando Alonso, que aínda estaban baixo contrato con McLaren e Renault respectivamente, e a de Jenson Button, que tiña unha fractura nas súas costelas. No día 3 dos adestramentos, o ex-campión Mika Häkkinen foi o encargado de pilotar un dos monoprazas de McLaren.
Escudería | Chasis | Data | Lugar |
---|---|---|---|
Toyota | TF107 | 12 de xaneiro | Colonia, Alemaña |
Ferrari | F2007 | 14 de xaneiro | Circuíto de Fiorano, Maranello, Italia |
McLaren-Mercedes | MP4-22 | 15 de xaneiro | Circuíto de Valencia, España |
BMW Sauber | F1.07 | 16 de xaneiro | Circuíto de Valencia, España |
Renault | R27 | 24 de xaneiro | Ámsterdam, Países Baixos |
RBR-Renault | RB3 | 26 de xaneiro | Circuíto de Catalunya, España |
Williams-Toyota | FW29 | 2 de febreiro | Grove, Oxfordshire, Reino Unido |
Spyker-Ferrari | F8-VII | 5 de febreiro | Circuíto de Silverstone, Reino Unido |
STR-Ferrari | STR2 | 13 de febreiro | Circuíto de Catalunya, España |
Honda | RA107 | 26 de febreiro | Londres, Reino Unido |
Aguri-Honda | SA07 | 14 de marzo | Melbourne, Australia |
|
(Lenda)
Estatísticas do Mundial de PilotosClasificación do Mundial de Construtores(Lenda)
|
This article uses material from the Wikipedia Galego article Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2007, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.