Calor Sensible

A calor sensible é aquela que recibe un corpo que fai que aumente a súa temperatura sen afectar a súa estrutura molecular e polo tanto o seu estado.

En xeral, observouse experimentalmente que a cantidade de calor necesaria para quentar ou arrefriar un corpo é directamente proporcional á masa do corpo e á diferenza de temperaturas. A constante de proporcionalidade recibe o nome de calor específica.

O nome provén da oposición a calor latente, que se refire á calor "escondida", é dicir, aquela que se subministra pero coa que non "se nota" o efecto de aumento de temperatura, xa que por regra xeral a substancia á que se lle aplica aumentará a súa temperatura en apenas un grao centígrado, como ocorre nun cambio de fase de xeo a auga líquida ou desta a vapor. A calor sensible si se nota, posto que aumenta a temperatura da substancia, facendo que se perciba como "máis quente", ou pola contra, se se lle resta calor, "máis fría".

Para aumentar a temperatura dun corpo hai que aplicarlle unha certa cantidade de calor (enerxía). A cantidade de calor aplicada en relación coa diferenza de temperatura que se logra depende da calor específica do corpo, que é distinta para cada substancia.

A calor sensible pódese calcular nalgúns casos simples:

  • Se o proceso se efectúa a presión constante:

Onde H é a entalpía do sistema, m é a masa do corpo, é a calor específica a presión constante (definida como a cantidade de calor requirida para aumentar nun grao a temperatura da unidade de masa dun corpo a presión constante), é a temperatura final e é a temperatura inicial do corpo.

  • Se o proceso se efectúa a volume constante:

Onde U representa a enerxía interna do sistema, n son os moles da substancia e é a calor específica a volume constante. Os valores da calor específica varían tamén coa temperatura ambiente e o estado físico de agregación das substancias.

Véxase tamén

Bibliografía

Tags:

Calor específicaEstado de agregación da materia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

XentilicioBulgariaForxásProxyAlfabeto galegoContigo PódeseCalendario persaPilar de LaraDaniel BasteiroManuel FragaMucha e NuchaTeatroIntelixencia artificialDaniel de la TorreCoalición PopularLista de etimoloxías dos concellos de GaliciaCastros da provincia de OurenseJaime Fraiz FernándezWayback MachineO Castrillón, A CoruñaTuberculoseFerroAtlánticaVerbos galegos ser, estar e irMiñocaAcademia Chinesa de CienciasTahuataDemocracia GalegaEleccións municipais de 2019 en GaliciaWEleccións municipais de 2015 en GaliciaAgustín Fernández PazPedra de raio (folclore)Natalia Puente PradoCarbohidratoLionel MessiAdolfo GacioRubén Fernández GarcíaTemperaturaAs aves na cultura popular galegaContactorEscola Politécnica Superior de FerrolMoinanteLepa MladjenovicTaiwánBiblioteca Galega 120Artur BordaloXeaRubén ArroxoO CarballiñoChaira abisalLista de castelos de PortugalAciñeiraRafaela Hervada CarnereroDíptico dos Nicómaco e dos SímacoSambesugaFrancisco Fernández del RiegoEscola Universitaria Politécnica de FerrolPrimeira guerra mundialDonicelaEfecto FöhnRotacismoSantiago AmorBugalloExeria (escritora)BerensonHistoria da lingua galegaValderreiEva CárdenasTeoría cuántica de camposGalizaCoalaChimpínEvencio FerreroLista das aves de GaliciaAtenasXunta de Galicia🡆 More