Refrixerante

Un refrixerante é un produto químico líquido ou gasoso, facilmente licuable, que se utiliza como medio transmisor de calor entre outros dous nunha máquina térmica.

Os principais usos son os de refrixerador e os de acondicionador de aire.

O principio de funcionamento dalgúns sistemas de refrixeración baséase nun ciclo de refrixeración por compresión, que ten algunhas similitudes co ciclo de Carnot e utiliza refrixerantes como fluído de traballo.

Historia

Cando comezaron as preocupacións pola capa de ozono, os refrixerantes máis usados eran os clorofluorocarbonos R-12 e R-22. O primeiro era empregado principalmente para aire acondicionado de vehículos e para pequenos refrixeradores; o segundo para aire acondicionado, refrixeradores e conxeladores comerciais, residenciais e lixeiros. Algúns dos primeiros sistemas empregaron o R-11 polo seu baixo punto de ebulición, o que permitía construír sistemas de baixa presión.

A produción de R-12 cesou nos Estados Unidos en 1995 e o R-22 foi eliminado posteriormente. Agora estase empregando o R-134a e outras mesturas non prexudiciais para a capa de ozono como substituto dos compostos clorados. O R-410A é unha popular mestura a partes iguais de R-32 e R-125 que comeza a substituír o R-22.

Características dos refrixerantes

  • Punto de conxelación: debe de ser inferior a calquera temperatura que exista no sistema, para evitar conxelacións no evaporador.
  • Calor específica: Debe ser a máis alta posible para que unha pequena cantidade de líquido absorba unha gran cantidade de calor.
  • Volume específico: debe ser o máis baixo posible para evitar grandes tamaños nas liñas de aspiración e compresión
  • Densidade: debe ser elevada para usar liñas de líquido pequenas.
  • A temperatura de condensación, á presión máxima de traballo debe ser a menor posible.
  • A temperatura de ebulición, á presión atmosférica ou próximas debe de ser relativamente baixa.
  • Punto crítico: o máis elevado posible.
  • Non deben ser líquidos inflamables, corrosivos nin tóxicos.
  • Posto que deben interaccionar co lubricante do compresor, deben ser miscibles na fase líquida e non ser nocivos co aceite.
  • Os refrixerantes, aprovéitanse en moitos sistemas para refrixerar tamén o motor do compresor, normalmente un motor eléctrico, polo que deben ser bos dieléctricos, é dicir, ter unha baixa condutividade eléctrica.

Tipos

Pola súa composición química

Polo seu grao de seguridade

  • GRUPO 1: non son combustibles nin tóxicos.
  • GRUPO 2: tóxicos, corrosivos ou explosivos a concentracións maiores de 3,5% en volume mesturados co aire.
  • GRUPO 3: tóxicos, corrosivos ou explosivos a concentracións menores ou iguais a 3,5% en volume.

Polas súas presións de traballo

  • Baixa
  • Media
  • Alta
  • Moi alta

Pola súa función

  • Primario: se é o axente transmisor no sistema frigorífico, e polo tanto realiza un intercambio térmico principalmente en forma de calor latente.
  • Secundario: realiza un papel de intercambio térmico intermedio entre o refrixerante primario e o medio exterior. Realiza o intercambio principalmente en forma de calor sensible.

Poden ser prexudiciais para a capa de ozono: Índice ODP e axudar o efecto invernadoiro: Índice GWP

Refrixerantes comunmente usados

  • Auga
  • Amoníaco ou R717
  • Glicol
  • R11
  • R12
  • R22
  • R23
  • R32
  • R123
  • R124
  • R134a
  • R502
  • R407C
  • R410A
  • R507
  • R517

Véxase tamén

Outros artigos

  • Freón

Tags:

Refrixerante HistoriaRefrixerante Características dos refrixerantesRefrixerante TiposRefrixerante s comunmente usadosRefrixerante Véxase taménRefrixeranteGasosoLíquidoMáquina térmicaRefrixerador

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Fernando AbreuIlla de CretaIrmandades da FalaCopia por contactoLaura FalcóLedicia CostasFiúnchoTRubén Fernández GarcíaO derradeiro libro de Emma OlsenRubén ArroxoIntegralMelania Cruz76Froila VermúdezÁ lus do candilO porco de péFerroJuan Carlos Rodríguez CebriánAlfonso Basterra CamporroAmanitaNadalSantiago de CompostelaAciñeiraFabiola GarcíaReconquista de VigoGuerra da Tripla AlianzaLista de castelos de PortugalLeymaVogais da lingua galegaEvencio FerreroRaquel AtanesBarra verticalLa Voz de GaliciaFrancisco Fernández del RiegoHMarián Ferreiro DíazFeiracoDrag Race España (segunda tempada)TrackbackCristiano RonaldoTrasnoSen SenraProvincia de PontevedraMercedes González CastroCarballo comúnDígocho euBaiuca (banda)The ArtistFacultade de Ciencias da CoruñaGerardo Pardo de VeraAgricultura ecolóxicaKElena CandiaChimpín26Mucha e NuchaCroaciaMoeda da Antiga RomaBugalloMelgaçoVicente RiscoQuenllaLingua casteláXogos OlímpicosEleccións municipais de 2019 en Galicia52008Máis alá!ItaliaEsther EstévezEleccións municipais de 2015 en GaliciaQueiroaFacultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Coruña🡆 More