Caitlyn Jenner

Caitlyn Marie Jenner, nada como William Bruce Jenner en Mount Kisco (Nova York) o 28 de outubro de 1949 é unha personalidade televisiva e decatleta retirada estadounidense.

Infotaula de personaCaitlyn Jenner
Caitlyn Jenner
(2015) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Caitlyn Marie Jenner Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) William Bruce Jenner Editar o valor em Wikidata
28 de outubro de 1949 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Mount Kisco, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMalibú Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoNeerlando-americano (pt) Traducir, Anglo-americano (pt) Traducir, irlandoamericano, escocés-americano e Welsh Americans (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónGraceland University (en) Traducir (–1973)
Newtown High School (en) Traducir (–1968) Editar o valor em Wikidata
Altura189 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprodutora , modelo , empresaria , actriz de televisión , piloto de automobilismo , comentarista deportiva , atleta , actriz , oradora motivacional Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Patrimonio estimado100.000.000 $ (2014) Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo
automobilismo
Fútbol americano Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivadécatlon Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
- Graceland Yellowjackets football (en) Traducir
1968-1973 Graceland Yellowjackets (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
1976Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1976 (pt) Traducir
Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1972 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaFamília Kardashian (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeKris Jenner (1991–2015), divorcio
Linda Thompson (1981–1986), divorcio
Chrystie Scott (1972–1981), divorcio
FillosBurt Jenner (en) Traducir
 (Caitlyn Jenner) Chrystie Scott (en) Traducir
Cassandra Jenner (en) Traducir
 (Caitlyn Jenner) Chrystie Scott (en) Traducir
Brandon Jenner (en) Traducir
 (Caitlyn Jenner) Linda Thompson
Brody Jenner (pt) Traducir
 (Caitlyn Jenner) Linda Thompson
Kendall Jenner
 (Caitlyn Jenner) Kris Jenner
Kylie Jenner
 (Caitlyn Jenner) Kris Jenner Editar o valor em Wikidata
PaiWilliam Hugh Jenner (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesKourtney Kardashian (fillastra)
Kim Kardashian (fillastra)
Khloé Kardashian (fillastra)
Rob Kardashian (fillastro) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
male-to-female gender-affirming surgery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webcaitlynjenner.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0421063 Allocine: 149772 Rottentomatoes: celebrity/caitlyn_jenner Allmovie: p800472 TCM: 94861 Metacritic: person/caitlyn-jenner TV.com: people/caitlyn-jenner
Facebook: CaitlynJenner Twitter: caitlyn_jenner Instagram: caitlynjenner Musicbrainz: f1f4de73-0006-428d-b670-8b6447056703 Discogs: 1577236 Allmusic: mn0000634879 IAAF: 14346300 Olympic.org: bruce-jenner WikiTree: Jenner-456 Editar o valor em Wikidata

Jenner foi xogador de fútbol americano universitario cos Graceland Yellowjackets antes de sufrir unha ferida no xeonllo que requiriu cirurxía. Convencido polo adestrador do decatleta Jack Parker, L. D. Weldon, que probase o décatlon, Jenner gañou a proba nos Xogos Olímpicos de Montreal de 1976, establecen tres sucesivos récords mundiais e gañando fama como "heroe de todos os estadounidenses". Tras recibir o título non oficial de "mellor atleta do mundo", Jenner estableceu unha carreira na televisión, no cinema, na escritura, nas carreiras automobilísticas, nos negocios e como modelo de portada de Playgirl.

Jenner ten seis fillos coas súas tres sucesivas esposas (Chrystie Crownover, Linda Thompson e Kris Jenner) e dende 2007 apareceu no reality show Keeping Up with the Kardashians. Asignado como varón ao nacer, Caitlyn Jenner mostrouse publicamente como muller transexual en abril de 2015. O seu novo nome foi anunciado en xullo do mesmo ano, cambiado legalmente, igual que o seu xénero, en setembro. Entre 2015 e 2016, Jenner protagonizou a serie de telerrealidade I Am Cait, que se centrou na súa transición de xénero. En xaneiro de 2017, someteuse a unha operación de reasignación sexual. Jenner foi considerada a muller transexual máis célebre do mundo.

Traxectoria

Primeiros anos

Caitlyn Marie Jenner naceu como William Bruce Jenner en 1949, filla de Esther Ruth (de solteira McGuire) e William Hugh Jenner. O seu pai era arboricultor. Ten ascendencia inglesa, escocesa, irlandesa, neerlandesa e galesa. O seu irmán máis novo, Burt, faleceu nun accidente de coche en Canton, Connecticut, o 30 de novembro de 1976, pouco despois do triunfo de Jenner nos Xogos Olímpicos. De nena, Jenner foi diagnosticada con dislexia.

Jenner asistiu ao Sleepy Hollow High School de Sleepy Hollow, Nova York e ao Newtown High School de Newtown, Connecticut, graduándose en 1968. Jenner obtivo unha bolsa de fútbol americano e estudou no Graceland College en Lamoni, Iowa, mais foi obrigada a deixar o deporte a causa dunha lesión no xeonllo. Recoñecendo o potencial de Jenner, o adestrador L. D. Weldon suxeriu a Jenner que se cambiase ao décatlon. En 1970, Jenner acabou quinto no seu debut no décatlon nos Drake Relays de Des Moines, Iowa. Jenner graduouse de Graceland en 1973 cun grao en educación física.

Carreira deportiva

Caitlyn Jenner 
Jenner nos Xogos Panamericanos de 1975

Jenner foi o campión estadounidense masculino de décatlon en 1974 e aparecu na portada da revita Track & Field News en agosto de 1974. Mentres estaba de xira en 1975, gañou o campionato francés e a medalla de ouro nos Xogos Panamericanos de 1975, logrando o récord do torneo con 8045 puntos. Isto foi seguido por novos récords de 8524 puntos no triangular U.S.A./U.R.S.S./Polonia de Eugene, Oregón, o 9-10 de agosto de 1975, rompendo o récord de Avilov, e 8538 puntos no torneo estadounidense, tamén en Eugene.

Nos Xogos Olímpicos de 1976 en Montreal, Jenner logrou cinco marcas persoais no primeiro día da proba de décatlon, aínda que quedou segundo por detrás de Guido Kratschmer, da República Federal Alemá. Na proba final dos 1500 metros, Jenner tamén estableceu unha nova marca persoal e gañou a medalla de ouro cun novo récord mundial de 8618 puntos.

Despois dos Xogos

Tralo éxito olímpico, Jenner considerou que podía capitalizalo cun status de celebridade semellante ao de Johnny Weissmuller e Sonja Henie, que se converteran en estrelas de cinema tralas súas medallas de ouro. O axente de Jenner, George Wallach, indicou que foi considerado para o papel de Superman, que finalmente foi para Christopher Reeve.

Jenner apareceu na portada do 9 de agosto de 1976 da revista Sports Illustrated, o número de febreiro de 1979 de Gentleman's Quarterly, e na portada de Playgirl. Tamén foi seleccionado polos Kansas City Kings co número 139 do draft de 1977 a pesar de que non xogara ao baloncesto dende o instituto. A campaña publicitaria foi organizada polo presidente do equipo Joe Axelson para burlarse das afirmacións dos Kansas City Chiefs de que planeaban seleccionar "o mellor atleta dispoñible" no National Football League Draft. Jenner foi presentado cun xersei co número 8618, o resultado da proba olímpica, mais nunca apareceu como xogador dos Kings.

Carreira como actor

A comedia Can't Stop the Music (1980) foi a única estrea cinematográfica de Jenner ata 2011. Jenner tivo tamén algún éxito na súa carreira televisiva, protagonizando os telefilmes The Golden Moment: An Olympic Love Story (1980) e Grambling's White Tiger (1981). Durante a tempada 1981-1982, Jenner foi un membro semirregular do elenco da serie policíaca CHiPs como o oficial Steve McLeish, substituíndo a Erik Estrada, que estaba nunha loita contractual con NBC e MGM.

En 2011, Jenner apareceu na comedia de Adam Sandler Jack and Jill nunha escena con Al Pacino. Igual que Can't Stop the Music, o filme gañou o premio Razzie ao peor filme.

En setembro de 2016, Jenner apareceu como ela mesma nunha secuencia onírica da serie Transparent.

Carreira no motor

Jenner tivo éxito no automobilismo no IMSA Camel GT series (International Motor Sports Association) na década de 1980. A súa primeira vitoria foi nas 12 horas de Sebring de 1986 con Scott Pruett como compañeiro.

Transexualidade

Nunha entrevista con Diane Sawyer en 20/20 en abril de 2015, Jenner mostrouse como muller transexual, dicindo que loitara coa disforia de xénero dende a súa mocidade e que "son unha muller". Jenner vestiuse de muller durante moitos anos e tomou terapia hormonal substitutiva, mais parou despois de que a súa relación con Kris Kardashian se volvese máis seria, e acabando en matrimonio en 1991. Jenner conta que tiña permiso para explorar a súa identidade de xénero nas súas viaxes, mais non cando estaba a parella xunta, e que non saber cal era o mellor xeito de falar do asunto contribuíu á deterioración do matrimonio de vinte e tres anos, que acabou formalmente en 2015.

Jenner someteuse a cirurxía estética e completou a cirurxía de reasignación sexual en xaneiro de 2017. Jenner dixo que nunca se sentiu atraída polos varóns, e que tendo en mente a dificultade da xente para entender as diferenzas entre orientación sexual e identidade de xénero, identificarase polo momento como asexual.

Vida persoal

Antes da súa transición de xénero, Jenner estivo casada en tres ocasións. En primeiro lugar con Chrystie Scott (de solteira Crownover) entre 1972 e 1981. Teñen un fillo, Burton "Burt" Jenner, e unha filla, Cassandra "Casey" Marino (de solteira Jenner). O proceso de divorcio entre Jenner e Scott finalizou a primeira semana de xaneiro de 1981.

O 5 de xaneiro de 1981, Jenner casou coa actriz Linda Thompson en Hawaii. Teñen dous fillos, Brandon e Brody Jenner. En febreiro de 1986 separáronse e posteriormente divorciáronse. Os seus fillos protagonizaron máis tarde o reality show The Princes of Malibu, e Brody apareceu tamén en The Hills.

O 21 de abril de 1991, Jenner casou con Kris Kardashian (de solteira Houghton) despois dunha relación de cinco meses. Xuntos tiveron dúas fillas, Kendall e Kylie Jenner. A parella anunciou a súa separación en outubro de 2013, aínda que realmente se separaran en xuño. Kris solicitou o divorcio en setembro de 2014 alegando diferenzas irreconciliables. O proceso de divorcio acabou en decembro de 2014 e foi efectivo o 23 de marzo de 2015.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Caitlyn Jenner TraxectoriaCaitlyn Jenner Vida persoalCaitlyn Jenner NotasCaitlyn Jenner Véxase taménCaitlyn Jenner194928 de outubroDécatlonEstado de Nova YorkEstados Unidos de América

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Pere Pau Ripollès AlegreIgnacio Rivera QuintanaProxyPapuxa das amorasPortolamoso, Curtis, CurtisIrene FerrerasMiguel SolísRevolución dos caraveisXinzo de LimiaAlfonso RuedaToniña comúnRaquel AtanesCanle (comunicación)Carmen LovelleSri LankaCohesiónFelaciónCorzoAntón LamazaresÁnxel CasalSonia MéndezTito VilanovaSuízaMommy Dead and DearestDiego González RivasMarcelo CaetanoBeteluWikipediaAlbert EinsteinConcellos de GaliciaAsalto do bou EvaLista de ríos de GaliciaLareiraPatricia VázquezMerloEl Pueblo GallegoFermin MuguruzaFranciaYouTubeRataDaniel BasteiroXavi HernándezVichelocregoTarragonaTraxe galegoLaurent CantetMar MediterráneoGres, Vila de CrucesBucetaMarçal MolinéO CarballiñoDiego AnidoLingua casteláEva Iglesias MiguénsPastora Dominga González ViéitezFC Ilves (feminino)Nacionalismo galegoOldhamLista de presidentes da República PortuguesaAdriano Correia de OliveiraDoenza de Paget de mamaYolanda DíazXabier DeiveFigueresSecretaría Xeral de Política LingüísticaÁlex FidalgoAsunta Basterra PortoAlfabeto galegoVoleibolLista de voces dos animaisFingeringJéssica BouzasXabier FortesJosé Manuel Rodríguez PuenteLisboa🡆 More