Décatlon

O Décatlon é unha competición de atletismo composta por dez probas, que se disputan en dous días.

Nos Xogos Olímpicos, é exclusivamente practicada por homes, figurando por primeira vez no programa en 1904, mentres que as mulleres compiten en héptatlon. Consta das seguintes probas:

1º día

2º día

Entre proba e proba haberá, cando sexa posíbel, un intervalo de media hora, e dez horas entre a última proba do primeiro día e a primeira do segundo.

O atleta que non intente tomar unha saída ou facer unha tentativa en concursos non poderá continuar, considerándose que abandona a competición.

Os competidores reciben puntos pola súa actuación en cada unha das probas, de acordo cunha táboa elaborada pola Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (IAAF) e que periodicamente se modifica, para adaptala á evolución dos récords mundiais.

Historia

O décatlon ten a súa orixe no péntatlon dos Xogos Olímpicos da Antigüidade, introducido nos Xogos do 708 a.C., e foi reintroducido no programa olímpico das Olimpíadas Modernas de 1904 celebradas en Saint Louis, onde competiron sete atletas en representación de Gran Bretaña e dos Estados Unidos.

Estivo ausente na seguinte edición, Londres 1908, e volveu nos Xogos Olímpicos de 1912, en Estocolmo, onde se disputou coa actual configuración, sendo vencedor o americano Jim Thorpe, que mereceu do Rei Gustavo V de Suecia o cualificativo de "maior atleta do mundo", como dende aquela se coñece aos gañadores desta competición.

Sistema de puntos

A táboa de puntos IAAF 2001 emprega a seguinte fórmula:

  • Puntos = INT(A*(B-P)C) para eventos de pista.
  • Puntos = INT(A*(P-B)C) para eventos de campo.

A, B e C son parámetros que varían dependendo da disciplina, como reflicte a seguinte táboa, mentres que P é a marca obtida polo atleta, medida en segundos (eventos de pista), metros (lanzamentos), ou centímetros (saltos).

Evento A B C
100 m 25.4347 18 1.81
Salto de lonxitude 0.14354 220 1.4
L. Peso 51.39 1.5 1.05
Salto de altura 0.8465 75 1.42
400 m 1.53775 82 1.81
110 metros obstáculos 5.74352 28.5 1.92
L. Disco 12.91 4 1.1
Salto con pértega 0.2797 100 1.35
L. xavelina 10.14 7 1.08
1500 metros 0.03768 480 1.85

Tags:

1904AtletismoHéptatlonXogos Olímpicos

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Carlos CasaresAgrupación Cultural AbrenteJosé Valle ArmestoBenito KamelasEscáncerFrancisco AñónDepartamento de ApurímacXosé Antonio TouriñánZakat al-FitrManfred GnädingerAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoPombo torcazRevolución dos CaraveisMario CaneiroHTML5Jordi HurtadoFrancisco Vázquez VázquezXosé Neira VilasLista de xentilicios de concellos galegosTamara CanosaDiego González RivasManuel González LópezErnesto ChaoIslandiaLino LópezEstadio Municipal de AnoetaSíndrome do aceite tóxicoMarie CurieCuruxa comúnEstrella GaliciaNervoEva MejutoRepública ChecaAlfonso Basterra CamporroIrmandiñosSobreiraBóvedaShishuo xinyuMondraJoselu MatoA CañizaXestaLuís DavilaPorto, PortugalSanta CompañaPartido Nazonalista Republicán de OurenseHelia GonzálezDover (banda)XulloJosé CoronadoDistritos de PortugalSuízaMoucho comúnPratos combinadosAna RomaníCaixa Rural GalegaGerardo Pardo de VeraMar MediterráneoWikiIndiaAlberto Núñez FeijóoIsabel Feodorovna RomanovaPegaXinzo de LimiaBibiana FernándezARDBreogánEl laberinto del faunoBenedicto García VillarAlfabeto galegoSoledad PenaltaPaís neutralMelgachoAC-101AresoPeneA Estrada🡆 More