Kim Kardashian: Empresaria e modelo estadounidense

Kimberly Kardashian West, coñecida como Kim Kardashian nada nos Ánxeles o 21 de outubro de 1980, é unha empresaria e personaxe pública estadounidense.

A súa fama aumentou a partir de xaneiro de 2011 coa estrea de Kourtney and Kim Take New York, un reality show que compartiu coa súa irmá Kourtney Kardashian, mentres deixaban Os Ánxeles para abrir a súa terceira tenda DASH en Nova York. En 2010, foi unha das famosas con máis ganancias, estimadas en seis millóns de dólares estadounidenses. Lanzou múltiples fragrancias e accesorios, foi estrela convidada en destacados programas de televisión (entre eles The Oprah Winfrey Show), competiu en Dancing with the Stars e tivo papeis en películas como Disaster Movie e Deep in the Valley. En 2010, xunto coas súas irmás Kourtney e Khloé Kardashian, lanzou unha autobiografía, Kardashian Konfidential. Foi nomeada a celebridade que máis contaminación ambiental xera, polos seus voos privados.

Kim Kardashian
Kim Kardashian: Traxectoria, Polémicas
Nome completoKimberly Noel Kardashian
Nacemento21 de outubro de 1980 (43 anos)
Lugar de nacementoOs Ánxeles, California
NacionalidadeEstados Unidos de América
Etniaarmenoamericano, Neerlando-americano, Anglo-americano, irlandoamericano e escocés-americano
Relixióncristianismo
Alma máterMarsiling Secondary School, Marymount High School e The Buckley School
Ocupacióndeseñador de moda, socialité, modelo, blogueira, emprendedora, actriz, produtora de televisión, actriz de dobraxe, celebridade e modelo erótica
PaiRobert Kardashian
NaiKris Jenner
CónxuxeKanye West (2014-presente)
Fillos3
IrmánsKourtney Kardashian, Khloé Kardashian, Rob Kardashian, Kylie Jenner e Kendall Jenner
PremiosFramboesa de Ouro de pior atriz coadjuvante
Na rede
http://www.kkwbeauty.com/, https://www.kimkardashianwest.com/ e https://skknbykim.com/
IMDB: nm2578007 Allocine: 212918 Rottentomatoes: celebrity/kim_kardashian_west Allmovie: p526308 Metacritic: person/kim-kardashian TV.com: people/kim-kardashian
Facebook: kimkardashian Twitter: KimKardashian Instagram: kimkardashian Snapchat: kimkardashian Youtube: UCeNhHgTE36tTQkJsjPaPwnA TikTok: kimkardashian Spotify: 0VyNiaUWxot9V0efpoi0qt Last fm: Kim+Kardashian Musicbrainz: b13c7b85-86bf-41d0-baa7-444f03ec0b38 Songkick: 3161471 Allmusic: mn0003178565 WikiTree: Kardashian-4 Genius: Kim-kardashian Editar o valor em Wikidata
Kim Kardashian: Traxectoria, Polémicas
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Primeiros anos

Kim Kardashian é filla do avogado Robert Kardashian e de Kris Jenner. Kim é de orixe armenia por parte de pai, os seus bisavós paternos emigraron ós Ánxeles xusto antes do xenocidio, e a súa bisavoa é turca de orixe armenia. A súa nai Kris ten ascendencia inglesa, escocesa, irlandesa e neerlandesa. Ten dúas irmás e un irmán, Kourtney Kardashian, Khloé Kardashian e Rob Kardashian e dúas medio-irmás por parte de nai, Kendall Jenner e Kylie Jenner.

Asistiu a Marymount High School coas súas dúas irmás. No tempo dos seus estudos na escola secundaria, traballou na firma de música de seu pai, Movie Tunes.

Familia

Kim estivera dúas veces casada antes de casar co cantante de rap Kanye West en 2014. Teñen 3 fillos xuntos:

  • North West (2013)
  • Saint West (2015)
  • Chicago West (2018)

O pai de Kim, Robert Kardashian foi un famoso avogado e empresario, amigo de O. J. Simpson coñecido por ser un dos seus avogados defensores nos anos 90.

Polémicas

Alén de varias críticas sobre a súa vida privada e a relación con Kanye West, viuse envolta noutras polémicas:

Fotografías e imaxe

Kardashian foi criticada en varias ocasións por retocar as súas fotografías nas redes sociais e promover estándares de beleza inalcanzábeis. Foi criticada tamén por someterse a unha dieta extrema para meterse nun vestido de Marilyn Monroe.

Contaminación

Kim Kardashian atopouse no centro dunha polémica relativa á contaminación ambiental cando foi catalogada por celebrityflight.com como a celebridade cunha maior emisión de CO2, debido ao seu uso extensivo de voos privados, por diante de Elon Musk.

Notas

Tags:

Kim Kardashian TraxectoriaKim Kardashian PolémicasKim Kardashian198021 de outubroDisaster MovieDólar estadounidenseEstados Unidos de AméricaKhloé KardashianKourtney KardashianNova YorkOs ÁnxelesThe Oprah Winfrey Show

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Joan Crawford26 de marzoXixónMimosaNicaraguaAlerxiaDavid CiveraPrestigeErnst Otto FischerO imperio do solDominio públicoProvincia de HuescaISO 3166-1Traxe galegoRusiaPontevedraCurtisTemplo expiatorio da Sagrada FamiliaDisolución da Unión SoviéticaCalendario gregorianoA CoruñaDistrito de Vila RealGran BretañaLondresProvincia de TeruelRodeiroNova YorkVómito (grupo musical)Imperio OtománAvilésForcareiRevolución IndustrialJuan Carlos Rodríguez CebriánWolfgang Amadeus MozartPedrafita do CebreiroRepública Popular da ChinaA Pobra do CaramiñalPeriódicoRenaultNicolás MaduroStephane LasmeMicciónDeportivo da CoruñaSegunda División de EspañaJulian Assange1500Os ÁnxelesPAndrea MaceirasA lingua das bolboretasPrepucio do clítorisMáximo RamosModernismoEurocopa de Fútbol de 2008Rosario Porto OrtegaHototogisuBruce WillisFrancisco Porto MellaRoscón de CaldasCastro (poboado)ChatGPTXardaAndorraProvincia de Alacant1975TailandiaSegunda guerra mundialRoko (actriz)Game Boy AdvanceAÁngel María VillarDepósito de Metais Preciosos dos Estados UnidosCastro de Santa TregaEleccións municipais en Ramirás🡆 More