Kristen Mary Houghton, nada en San Diego, California o 5 de novembro de 1955, máis coñecida como Kris Jenner, é unha personalidade de televisión e empresaria estadounidense.
Estivo casada con Robert Kardashian, con quen tivo catro fillos, ata que se divorciaron en 1990. De 1992 a 2014 estivo casada con Bruce Jenner, na actualidade Caitlyn Jenner, con quen tivo dúas fillas. Desde 2007 produce e ten un rol protagónico no reality show da súa familia: Keeping Up with the Kardashians.
Kristen medrou en University City, un suburbio de San Diego, e estudou en Clairemont High School. Ten dúas irmás, Karen e Sarah.
Desde 1978 ata 1990 estivo casada co avogado Robert Kardashian (coñecido polo caso de O. J. Simpson, de quen era moi amigo), con quen tivo catro fillosː Kourtney Mary (1979), Kimberly Noel (1980), Khloé Alexandra (1984) e Robert Arthur (1987).
Por mor de dificultades matrimoniais, Kris pediu o divorcio en 1989. Robert Kardashian faleceu o 30 de setembro de 2003. Kris encárgase dos membros da familia. É coñecida por ser a produtora executiva e protagonizar o reality show Keeping Up with the Kardashians.
Kris e Bruce Jenner, actualmente Caitlyn Jenner, casaron o 21 de abril de 1991. Kris ten dúas fillas con Caitlyn, Kendall Nicole (1995) e Kylie Kristen (1997). Durante o seu matrimonio con Bruce foi madrasta dos catro fillos que el tivera nos seus dous matrimonios anteriores, Brandon, Brody, Burton e Cassandra. En setembro de 2014 deuse a coñecer que a parella estaba en trámites de divorcio, con todo, como non existía un acordo prenupcial en relación á súa fortuna calculada en 60 millóns de dólares, esta sería dividida entre ambos. Indicouse que a demanda de divorcio foi interposta por Kris Jenner por mor de diferenzas irreconciliables e, poucos meses despois, Bruce anunciou que se convertería en Caitlyn Jenner.
Jenner mantén unha relación con Corey Gamble desde 2014.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Kris Jenner, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.