Cacaforra Cincenta

A cacaforra cincenta (Amanita pantherina) é un cogomelo velenoso bastante común, da orde das Agaricales, de cor parda e con volva e anel.

Cacaforra cincenta
Cacaforra Cincenta
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Basidiomycota
Clase: Homobasidiomycetes
Subclase: Hymenomycete
Orde: Agaricales
Familia: Amanitaceae
Xénero: Amanita
Especie: A. pantherina
Nome binomial
Amanita pantherina
(DC. ex Fr.) Krombh.

Descrición

O sombreiro é primeiro convexo pero ó madurar adopta unha forma plana, ben aberta, de ata 10–12 cm de diámetro, de superficie viscosa e cor parda, con variacións desde o gris ata o café claro ou amarelento, máis escuro no centro. Presenta unhas pequenas manchas brancas (como as que caracterizan á Amanita muscaria), caedizas e que poden ser arrastradas pola chuvia. O bordo é claramente estriado desde novas, o que constitúe un trazo característico.

As laminiñas son brancas, libres e moi numerosas. As esporas son tamén brancas, de 9-12 por 7-9 micrómetros, lisas e non amiloides.

O pé é recto e branco, engrosado cara a base, oco no centro e de ata 15 cm de altura. Presenta un anel branco e pequeno, que adoita desaparecer, polo que a súa presenza ou ausencia non é significativa. A volva da base é ampla e ben visible, co bordo nítido, e posúe ademais uns engrosamentos como cordóns que parecen subir polo pé.

A carne é branca e de sabor lixeiramente doce, que pasa a acre cando madura. Co tempo vai tornándose cada vez máis parda. O olor é débil ó principio e repugnante ó madurar.

Hábitat

Aparece desde fins de verán ata mediados de outono, baixo bosques de coníferas ou, sobre todo, frondosas.

Diferenciación

Recoñécese con relativa facilidade pola cor do sombreiro, as manchiñas brancas e a volva do pé. Especies semellantes serían as lepiotas, pero estas son moito máis grandes; con escamas grandes, castañas e non caedizas; e nunca posúen volva. Tamén pode confundirse coa Amanita spissa, que ten as taquiñas agrisadas, un anel amplo e estriado e un pé coa superficie escamosa.

Toxicidade

A Amanita pantherina é unha especie velenosa, que provoca unha intoxicación grave denominada Síndrome panteriniano. O cadro clínico cursa con síntomas gastrointestinais (náuseas, vómitos e diarreas) ó cabo de 1-3 horas despois do consumo. Máis tarde aparecen alteracións visuais e sensoriais, incoordinación motora e mesmo perda de coñecemento. Rara vez provocan a morte.

Véxase tamén

Bibliografía

  • GARCÍA ROLLÁN, Mariano (1986): Manual para buscar setas. Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Madrid.
  • NONIS, Umberto (1981): Setas. Descrición, localización, toxicidad y valor culinario. Daimon, Madrid.
  • VV. AA. (1986): Setas. Editorial Blume S. A., Barcelona.

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Cacaforra Cincenta DescriciónCacaforra Cincenta HábitatCacaforra Cincenta DiferenciaciónCacaforra Cincenta ToxicidadeCacaforra Cincenta Véxase taménCacaforra CincentaAgaricalesCogomelo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Concha VelascoA CoruñaLista de monarcas de GaliciaÁlvaro CunqueiroFacebookRomán Rodríguez González27 de marzoBipartito galegoOs outros feirantesMarc MárquezAndorraSenegalAlberto Núñez FeijóoArnold SchwarzeneggerLiechtensteinEugenia OsterbergerEncyclopædia BritannicaWayback MachineHeorhiy NarbutJuan Carlos Rodríguez CebriánDólar da Liberdade sentadaJaime AlguersuariAlfonso Basterra CamporroMaría CasaresLotaríaAbraham BobaFrancisco Fernández del RiegoCangasEstatísticaSegunda guerra mundialA derradeira leición do mestreLista de países por poboaciónSaramagoVogais da lingua galega1Pardo de CelaAthena 22008Kurdistán3MicrosoftTaiwánVincent van GoghLeymaRO MariscalElvis PresleyLiga do PeloponesoBoiro NovoMuimenta, Carballeda de Avia89Dígocho euLinguas indoeuropeasSayenPrimeira guerra mundialMoldaviaCaralloReino de CastelaManuel Curros EnríquezLlerena Perozo PorteiroGrecia antigaMarta DarribaQueiroa39Incursión portuguesa no Val de Monterrei (1801)TrigoAna María Fernández MartínezFábrica Nacional de Moneda y TimbreDe catro a catroIndiaXogos OlímpicosTropicos🡆 More